A Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°22′16″N 08°23′44″O / 43.37111, -8.39556

A Coruña
Escudo de A Coruña
A Coruña.

De arriba a baixo, e de esquerda a dereita: Torre de Hércules, antigo tranvía, Praza de María Pita, galerías, torre de control marítimo, paseo marítimo, estadio de Riazor e praia do Orzán.
Situacion A Coruña.PNG
Situación
Xentilicio[1] coruñés/coruñesa
herculino/herculina
brigantino/brigantina
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca da Coruña
Poboación 243.870 hab. (2015)
Área 37,83 km²
Densidade 6.446,47 hab./km²
Entidades de poboación 5 parroquias
Capital do concello A Coruña
Política (2015)
Alcalde Xulio Ferreiro
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 10
PSdeG-PSOE: 6
Outros: Marea Atlántica 10
Eleccións municipais na Coruña
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 15,84%
Na rede
coruna.gal
Twitter
Facebook

A Coruña é unha cidade situada no noroeste de Galicia e bañada polo océano Atlántico, nas rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Despois de Vigo, A Coruña é o segundo concello máis poboado; contaba no ano 2015 con 243 870 habitantes, fronte aos 294 098 habitantes do de Vigo.[3]

A cidade é sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Delegación do Goberno en Galicia, da Real Academia Galega, do Arquivo do Reino de Galicia e da Forza Loxística Operativa. Dende 1563 foi sede da Real Audiencia de Galicia (permanentemente dende 1612)[4] e foi capital de Rexión Militar ata a súa desaparición en 2002.[5]

O seu emprazamento é privilexiado, xa que se ergue sobre un promontorio na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O centro da cidade espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo, no que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria (cara á ría da Coruña), de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara á enseada do Orzán, onde se atopan as praias urbanas de Riazor e o Orzán.

Unha das características máis notables que identifican A Coruña constitúena as múltiples e variadas galerías ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas do século XIX, que deron á Coruña o sobrenome de Cidade de Cristal,[6] sen esquecer as súas numerosas praias, así como o contorno rural, que ofrece múltiples posibilidades de lecer.

A Coruña, cidade na que ninguén é forasteiro
Sergio Peñamaría de Llano, alcalde da Coruña dende 1959 a 1963 [7]

Topónimo[editar | editar a fonte]

Etimoloxicamente, o topónimo A Coruña probablemente provén dunha raíz indoeuropea *k-r "pedra", "rocha", en alusión ás características rochosas do contorno da Torre de Hércules, torre construída sobre unha pena ou unha rocha. Tampouco se pode desbotar a hipótese de que derive dun substantivo celta igual ou parecido ao de *clunia, "pradería", "lugar húmido", "fonte", topónimo similar ao francés Cluny.[8]

O topónimo histórico e tradicional da cidade é A Cruña[9][10], sendo a forma aceptada e empregada pola Real Academia Galega no pasado.[11][12] A forma A Coruña, oficial e de uso habitual na actualidade, é unha evolución epentética da forma A Cruña.[13]

En Galicia, no estado español e na Unión Europea a única denominación oficial é A Coruña, independentemente da lingua empregada.

O 21 de decembro de 1989 o Tribunal Constitucional ditaminou que a aprobación da alteración ou cambio de nome dos concellos é a típica competencia de execución en materia de réxime local que, conforme co marco constitucional de distribución de competencias, os Estatutos de Galicia e de Cataluña atribúen ás súas respectivas Comunidades Autónomas. O 2 de novembro de 2004 o Concello da Coruña aprobou a cooficialidade da forma La Coruña amparándose na Lei de grandes cidades. No outono de 2005 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou nulos estes acordos do concello sobre toponimia[14].

Finalmente, o Concello da Coruña decidiu adoptar o topónimo A Coruña para tódalas xestións e como nome oficial da cidade, abandonando así os seus intentos de conservar o topónimo en castelán[15].

O habitante da Coruña recibe o xentilicio de «coruñés/coruñesa» alén dos alternativos «herculino/herculina» ou «brigantino/brigantina»,[16] e tamén de xeito popular e informal «cascarilleiro/cascarilleira».

Símbolos[editar | editar a fonte]

Escudo da Coruña (finais do XVI - principios do XVII), no Museo de Belas Artes.

O característico escudo da cidade está moi presente no mobiliario público, representado en farois, papeleiras e ata no pavimento urbano. Está formado por un fondo azur, no que está representada a Torre de Hércules, asentada sobre unhas penas e acompañada de sete cunchas de ouro, postas tres a cada flanco e unha en punta. Hai que destacar a presenza dunha caveira con dúas mornas, simbolizando na mitoloxía o triunfo de Hércules sobre Xerión, cuxos restos enterraría nos cimentos do faro.

Segundo esta lenda, Hércules loitou contra Xerión, un rei de Troia. Hércules, que o viña perseguindo desde Cádiz, ao atopalo na península coruñesa, mantén con el unha loita cruel da que sae vencedor Hércules, decapitando ao vencido Xerión nunha pequena península chea de grandes pedras, xunto ao mar. Na honra ao inimigo vencido, edificou encima a famosa Torre, que figura no escudo da Coruña desde 1521.[17]

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia da Coruña.
Torre de Hércules, faro da época romana, aínda en servizo.

A cidade estendeuse a partir da construción na restinga formada entre a illa onde hoxe se asenta a Torre de Hércules e o continente. A parte máis antiga, coñecida popularmente como Cidade Vella, Cidade Alta ou A Cidade, está edificada na parte meridional da península. O Centro era A Peixería, e nela asentábase o gremio dos mareantes.

Asúmese que A Coruña pode ser a poboación que Ptolomeo menciona no século II d. C. como Brigantium; estaría habitada polos Ártabros. Os romanos asentáranse nela nos séculos II e I a. C. e esta vila comezou a medrar, en particular durante os séculos I e II d. C. (cando se constrúe a Torre de Hércules), para decaer a partir do século IV d. C. e especialmente coas incursións normandas, que parece que fixeron fuxir a poboación cara ao interior da ría do Burgo.

Casa do concello e Praza de María Pita.

A poboación recibe na alta Idade Media o nome de Faro, nome que non debe confundirse co de Burgo de Faro, que foi a poboación que no século XII chegou a ter certa importancia coa encomenda templaria e que actualmente comprende a extensión entre O Burgo e O Temple, cara ao concello de Culleredo.

En 1208, o rei galego Afonso IX refunda Crunia como porto de reguengo (iuxta Turrim de Faro in loco qui dicitur Crunia) e a vila enceta un gran desenvolvemento mercante e pesqueiro. A cidade medra e esténdese polo tómbolo da península. Trala invasión castelá de 1483, os Reis Católicos instalan nesta cidade a Real Audiencia do Reino de Galicia, abandonando Compostela, para evitar así a intromisión arcebispal. A Coruña será tamén a sede do Capitán Xeral. A Xunta do Reino de Galicia consegue entre 1522 e 1529 que Carlos I lle conceda a Casa da Especiaría, o que lle permite distribuír en Europa as especias. Autorízase o comercio coas Indias entre 1529 e 1575.

A partir de 1764, coa instalación dos Reais Correos Marítimos a América, A Coruña adquire o pulo portuario e comercial definitivo. Créanse o Consulado do Mar e restáurase a Torre de Hércules. En 1804 creouse a Fábrica Nacional de Cigarros, berce do movemento obreiro e durante o século XIX fóronse instalando lentamente outras industrias (vidro, fundición, tecidos, gas, mistos etc.), aínda que foi o comercio marítimo e a emigración o que atraeu os investimentos cataláns, maragatos, belgas, franceses ou ingleses. O Banco de La Coruña fundouse en 1857 e a Caja de Ahorros en 1876. Tamén influíu no desenvolvemento económico a nova división provincial de 1832, que reduciu o número de provincias de 7 a 4 e aumentou a actividade burocrática administrativa. Como consecuencia, A Coruña converteuse na capital rexional de facto.

O Almirante Drake saqueou a cidade no 1589.

Nesta cidade reuniu Carlos I as Cortes que o coroarían emperador; do seu porto partiu en 1554 Filipe II para casar con María Tudor e en 1588 a Armada Invencible. Francis Drake cercouna en 1589 durante a batalla contra a Armada Inglesa pero foi rexeitado e naceu entón o mito de María Pita cando esta muller colleu a arma do seu home morto e continuou disparando. En 1809, durante a Guerra da Independencia española, as tropas francesas acosaron ás inglesas que fuxían e o xeneral inglés Sir John Moore morreu na Batalla de Elviña. En 1815, o mariscal Porlier pronunciouse contra Fernando VII e marchou co exército sobre Santiago; preso, foi enforcado no Campo da Leña. En tódolos levantamentos do século XIX, A Coruña aliñouse do lado liberal. A Coruña xogou tamén un papel vital no Rexurdimento e nela se fundaron a Real Academia Galega en 1906 e as Irmandades da Fala en 1916.

A comezos do século XX, A Coruña contaba cuns 45.000 habitantes, que se multiplicaron até os 100.000 despois da Guerra civil española. A partir da década de 1960, recobrou a iniciativa empresarial que perdera desde comezos de século da man do gran promotor da cidade, Pedro Barrié de la Maza (Banco Pastor, Fenosa, Aluminios de Galicia, Genosa, Emesa etc.); obtivéronse tamén a refinaría de petróleo e algúns dos primeiros Polos de Desenvolvemento.

Xa na democracia, aprobouse o Estatuto de Autonomía de Galicia en 1981, co que A Coruña perdeu a capitalidade de Galicia, que mantiña desde 1563,[18] en beneficio de Santiago de Compostela, feito que provocou a manifestación de protesta máis multitudinaria da historia da cidade.[18]

Desde 1983 ata 2006 foi alcalde Francisco Vázquez Vázquez, que acometeu unha renovación da súa fisionomía e a conversión nunha cidade de servizos, pero tamén contou con críticas pola súa falta de respecto á lingua galega e pola súa actuación urbanística. Nesta etapa construíronse o paseo marítimo, a Casa das Ciencias, a Casa do Home ou a Casa dos Peixes, entre outros. O 20 de xaneiro de 2006 o Consello de Ministros nomeou a Paco Vázquez embaixador no Vaticano, co cal tivo que deixar o seu posto de alcalde. Despois da súa renuncia o novo alcalde foi Javier Losada.

No ano 2008 celebrouse o 800 aniversario de refundación da Coruña por Afonso IX en 1208 e o 200 aniversario da batalla de Elviña, feito que marcou profundamente a vida dos coruñeses da época.

O 29 de xuño de 2009, a Torre de Hércules, o milenario símbolo da cidade, foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, tras unha intensa campaña de apoio tanto institucional como cidadán.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa coas cinco parroquias que compoñen o concello da Coruña e os límites aproximados entre elas.

A cidade está situada no extremo noroccidental da Península Ibérica, pertencendo a un saínte de terra da provincia da Coruña, entre a ría da Coruña, que baña o lado este da cidade, e a enseada do Orzán, que baña as principais praias da cidade situadas no lado oeste da mesma.

Limita ao norte co Océano Atlántico, ao suroeste co concello de Arteixo, ao leste co concello de Oleiros e a ría da Coruña, e ao sur co concello de Culleredo.

O concello está formado por cinco parroquias: A Coruña, Elviña, Oza, San Cristovo das Viñas e Visma. Estas catro últimas formaban o antigo concello de Oza, que foi anexionado ao da Coruña en 1912. Numerosos núcleos de poboación pertencentes ás parroquías anexionadas foron absorbidos pola localidade da Coruña a efectos de nomenclátor, desaparecendo das estatísticas oficias das devanditas parroquias a pesar de estaren situados dentro dos seus respectivos límites xeográficos. Dese xeito, as parroquias incorporadas aglutinan oficialmente un total de 79 entidades de poboación (sumando os datos do nomenclátor da Xunta de Galicia e mais do nomenclátor do INE).

A Coruña conta cunha orografía peculiar, estendéndose a partir dunha península con forma de T, de istmo chairo e suaves outeiros pouco escarpados creados na era arcaica. Actualmente, algunhas delas fóronse integrando na cidade coa súa expansión a partir de 1940, como as de Monte Alto, Santa Margarida, Eirís e A Zapateira. Outras foron convertidas en amplas zonas verdes (Bens e monte de San Pedro). Gran parte da extensión portuaria e Os Cantóns son zonas gañadas ao mar. No territorio do concello existen numerosos cursos fluviais, dende pequenos regatos até ríos, na maioría dos casos parcial ou totalmente canalizados, dos que o Río de Monelos é o máis sobranceiro.

As illas de San Pedro separadas do monte homónimo por unha estreita canle foron declaradas de xeito provisorio espazo natural de interese local.[19].

Clima[editar | editar a fonte]

Climograma da Coruña.

O clima da cidade da Coruña é oceánico. Ao tratarse dunha cidade costeira, impide que exista unha gran diferenza de temperatura entre as catro estacións do ano e entre as temperaturas máximas e mínimas do día, de feito que entre as temperaturas medias do inverno e as do verán hai unha diferenza de menos de 9 °C. Os invernos son suaves e chuviosos con xeadas pouco frecuentes, e os veráns temperados, e hai precipitacións combinadas con tempadas de sol. Ten unha humidade anual media que ronda o 77%.

As temperaturas non adoitan superar os 30 °C nin baixar dos 0 °C, sendo as temperaturas históricas rexistradas na cidade: 39,6 °C de máxima o 28 de agosto de 1961, e -3,0 °C de temperatura mínima o 22 de febreiro de 1948. As choivas son abundantes, cunha pluviometría media anual de 1008 mm, sendo xaneiro o mes máis chuvioso cun rexistro medio de 135 mm.

Os días ventosos e de temporal son frecuentes nos meses de outono e inverno, rexistrándose fortes refachos de vento que poden superar os 100 Km/h, e sendo de 160 Km/h o refacho máis forte rexistrado na cidade e que se produciu o 16 de febreiro de 1941.

Nuvola apps kweather.png Observatorio da Coruña (58 msnm)
(1971-2000)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima absoluta (°C) 21,2 27,4 28,2 31,6 34,0 34,8 34,5 39,6 31,4 31,0 25,0 25,6
39,6
Temperatura máxima media (°C) 13,1 13,7 14,9 15,5 17,4 19,8 21,8 22,5 21,5 18,7 15,8 14,0
17,4
Temperatura media (°C) 10,4 10,9 11,7 12,5 14,4 16,7 18,7 19,2 18,2 15,6 13,0 11,5
14,4
Temperatura mínima media (°C) 7,6 8,0 8,6 9,4 11,4 13,7 15,6 16,0 14,8 12,6 10,3 8,9
11,4
Temperatura mínima absoluta (°C) -2,0 -3.0 0,6 2,0 2,2 4,2 9,9 9,4 5,2 4,0 1,0 -1,0
-3,0
Precipitacións (mm) 128 102 79 85 80 42 30 35 68 110 114 135
1008
Horas de sol 108 112 155 167 191 220 240 240 179 150 107 93
1966
Humidade relativa media (%) 76 76 73 75 77 77 79 78 78 78 78 77
77
Fonte: AEMET

Demografía[editar | editar a fonte]

Panorámica da ría e o porto pesqueiro.
Censo total (2015) 243.870 habitantes
Menores de 15 anos 31.181 (12.79 %)
Entre 15 e 64 anos 155.464 (63.75 %)
Maiores de 65 anos 57.225 (23.46 %)

A poboación da cidade é de 243.870 habitantes no 2015. Deles 10.753 teñen nacionalidade estranxeira, o que representa un 4.41% do total. Os 245 923 habitantes do concello coruñés repártense no 2009 en 8 diseminados e 39 núcleos de poboación, entre os cales se atopa o núcleo urbano, que con 222 769 habitantes constitúe o maior núcleo de poboación de Galicia segundo o INE[20]. A poboación da súa comarca alcanza os 393 470 habitantes (INE 2008), estendéndose por oito concellos lindeiros: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

Tamén é salientable que fóra da comarca, pero a curta distancia e conectado á rede de autoestradas, atópanse importantes e densas áreas industriais como Carballo (31.358 habitantes), e a comarca de Ferrol (163 158 habitantes), un dos centros industriais de Galicia. Isto enmarca á Coruña no contexto dunha Conurbación Noroeste de Galicia (conurbación do Golfo Ártabro) de máis de 650 000 habitantes. Están a executarse proxectos que reforzan esta visión, como os Portos Exteriores da Coruña e Ferrol, que están a converter a costa noroeste galega nun centro integrado loxístico estratéxico do noroeste peninsular.

Evolución da poboación[editar | editar a fonte]

Demografia A Coruña (Galicia, Espanha).png
Evolución da poboación da Coruña   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014
44 057 71 511 127 518 231 821 242 846 246 056 246 028 246 146 245 923 244 810
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

O ritmo de crecemento de poboación observado dende comezos de século tende a descender no concello central fundamentalmente por dous factores:

  • Descentralización residencial: Estase a producir un continuo desprazamento das áreas de residencia cara aos concellos da área metropolitana, onde viven máis de 100.000 habitantes, motivado pola falta de solo e de vivenda que causa unha grande actividade especulativa. Unha situación como esta non favorece o establecemento de novas familias ou a emancipación dos mozos. Tamén a orientación da demanda cara ás vivendas unifamiliares, baleira amplas zonas da cidade, especialmente o centro histórico -chamado Cidade Vella-, onde a poboación residente non chega ós 20 000 habitantes.
  • Crecemento vexetativo negativo: Dende o ano 1991 na Coruña morren máis persoas das que nacen. O número de defuncións superaba en 1991 nun 20% ao de nacementos. O ano 2008 foi o primeiro no que se rompeu esta tendencia, cun saldo vexetativo lixeiramente positivo (2.238 nacementos por 2.232 defuncións).

A pesar destes datos, a poboación semella volver a medrar. Isto é debido á inmigración, se ben esta inmigración era nos anos oitenta e noventa do século XX de emigrantes retornados, profesionais e retirados, poboación madura polo tanto. A comezos do século XXI, a maior parte de inmigrantes é de xente nova de Sudamérica sobre todo, sendo en menor medida os procedentes dende Extremo Oriente, África Subsahariana e Europa oriental. Así, A Coruña conseguiu recuperar case toda a súa poboación, situándose no 2009 a só 897 habitantes (246 056) do seu récord de poboación (246 953 habitantes) acadado en 1991.

A poboación da Coruña ten unha idade media de 45,9 anos e ten un índice de envellecemento (razón entre os maiores de 64 anos e os menores de 20) de 149,8, o segundo maior das sete cidades galegas despois de Ferrol. Non obstante os dous datos están por debaixo da media de Galicia.[21]

Inmigración[editar | editar a fonte]

Coruña GDFL2005 08.JPG
Monumento ao emigrante.
Principais nacionalidades estranxeiras na Coruña (2015)[22]
Posición Lugar de nacemento Poboación
Flag of Venezuela.svg Venezuela 2609
Flag of Argentina.svg Arxentina 2066
Flag of Colombia.svg Colombia 1698
Flag of Uruguay.svg Uruguai 1640
Flag of Brazil.svg Brasil 1517
Flag of Cuba.svg Cuba 1494
Flag of Peru.svg Perú 1394
Flag of the Dominican Republic.svg República Dominicana 1250
Reino Unido Reino Unido 1155
10ª Flag of France.svg Francia 828
11ª Senegal Senegal 804
12ª Romanía Romanía 782
13ª Portugal Portugal 719
14ª Alemaña Alemaña 707
15ª Marrocos Marrocos 547

A pesar de que case a metade da poboación da Coruña naceu no propio municipio (48,2% e 117 588 habitantes), hai unha porcentaxe importante de residentes nados noutras localidades da provincia (22,2 % e 54 081 habitantes) e doutras provincias galegas (10,8 % e 26 363 habitantes). Unicamente o 8.2 % da poboación da Coruña naceu noutra comunidade autónoma, o que supón 19 992 habitantes, mentres que o 10,6 % restante da poboación naceu no estranxeiro. Son precisamente os cidadáns estranxeiros os que nos últimos anos fixeron aumentar o padrón da capital coruñesa. O efecto da inmigración afecta igualmente á súa área metropolitana, que viu como o censo de estranxeiros aumentaba nos últimos anos.[21] Porén, dende 2012 o número de habitantes nado no estranxeiro permanece estable: 25 609 en 2012, 26 059 en 2013 e 25 767 en 2014.[23]

En 2015 residían na cidade da Coruña un total de 25 846 estranxeiros, dos cales a meirande parte eran orixinarios de América (cun total de 15 828 habitantes, principalmente de Sudamérica e en especial de Venezuela e Arxentina) e por detrás outros cidadáns europeos (7092 habitantes, principalmente cidadáns doutros países da Unión Europea, salientando os 1155 cidadáns británicos). Moi por detrás están os cidadáns africanos (2044 habitantes, principalmente de nacionalidade senegalesa, con 804 habitantes), os asiáticos (840 habitantes, case todos chineses -489 habitantes-) e finalmente os cidadáns de Oceanía e os apátridas, que apenas xuntan entre os dous 42 habitantes.[21]

Barrios, lugares e zonas[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente a cidade estaba formada por tres barrios, a Cidade Vella (a cidade medieval), a Peixaría [24] (a cidade do século XIX) e o núcleo agrícola de San Tomé ou Atochas. Había outros núcleos rurais e ademais a poboación comezara a asentarse na zona de Garás-Santa Lucía, por onde se creou o Ensanche (a cidade do século XX).[25]

Na década de 1950 a cidade ademais dos catro núcleos anteriores xa se vía dividida en outras áreas: o Orzán, Monte Alto, Riazor (coa Cidade Xardín e a Cidade Escolar), as áreas urbanizadas arredor do parque de Santa Margarida (grupo de vivendas Juan Canalejo, Os Mallos) e Catro Camiños (Santa Lucía-A Falperra, A Coiramia-San Luís, A Palloza). A zona de Monelos, A Gaiteira, A Cubela e Os Castros (outeiros de Oza) comezaba a incorporarse ás áreas urbanas.[25] A partir deses anos estendeuse a zona urbana por barrios como A Agra do Orzán, Labañou, a Sagrada Familia,[26] O Castrillón, Monte das Moas ou A Sardiñeira. Entre 1940 e 1990 tamén se crearon zonas planificadas como Durmideiras,[27] o Barrio das Flores, Matogrande, O Ventorrillo, o Polígono de Elviña, Zalaeta e As Roseiras.[28] [29]

O crecemento da cidade integrou na trama urbana lugares como Agrela, O Birloque, A Cabana, O Martinete, Pedralonga, Monserrat, Vioño,[30] San Roque de Fóra, Eirís, A Madosa, Curramontes ou Someso.

Dentro do concello continúan a existir núcleos rurais como Bens, Mazaído, Comeanda, Cances, A Silva, Fontenova, A Moura, Elviña, O Castro de Elviña, Feáns, Mesoiro, Nostián, Palavea, O Portiño, As Rañas, San Cristovo das Viñas, San Pedro de Visma, Santa Xema, Río de Quintas, Vío ou As Xubias, ademais das vivendas unifamiliares e urbanizacións da Zapateira.[30]

Política[editar | editar a fonte]

Alcaldes da Coruña
Nome Data
Xulio Ferreiro (2015-actualidade)
Carlos Negreira (2011-2015)
Javier Losada (2007-2011)
(2006-2007)
Francisco Vázquez Vázquez (2003-2007)
(1999-2003)
(1995-1999)
(1991-1995)
(1987-1991)
(1983-1987)
Joaquín López Menéndez (1981-1983)
Domingos Merino (1979-1981)
Berta Tapia (1978-1979)
José Manuel Liaño Flores (1977-1978)
Jaime Hervada Fernández España (1974-1976)
José Pérez-Ardá (1969-1974)
Eduardo Sanjurjo de Carricarte (1963-1965)
Sergio Peñamaría de Llano (1959-1963)
Alfonso Molina (1947-1958)
Eduardo Ozores Arráiz (1945-1947)
José Pérez-Ardá (1942-1944)
José Crespo López-Mora (1940-1942)
José Pérez-Ardá (1939-1940)
Hernán Martín-Barbadillo (?)
José Fuciños Gayoso (?)
Alfredo Suárez Ferrín (febreiro 1936
22 de xullo de 1936)
Atanagildo Pardo de Andrade (?)
Alfredo Suárez Ferrín (Xan 1934-Out 1934)
Manuel Iglesias Corral (1932-1934)
Ángel Senra (1931)
Antonio Lens Viera (1931)
Maximiliano Asúnsolo Linares-Rivas (1930-1931)
Manuel Casás Fernández (1927-1930)
Maximiliano Asúnsolo Linares-Rivas (1922)
Antonio Lens Viera (1920-1921)
Gerardo Abad Conde (1918-1919)
Manuel Casás Fernández (1917-1919)
José Marchesi Dalmau (1893-1894)
(1890-1891)
Federico Tapia (1872-1873)
Francisco Ponte Blanco (?)
Juan Montero Telinge (1854-1855)
Juan Flórez (1851-1854)
(1846-1847)
Listaxe non completa.
Nota: Desprazar o punteiro pola táboa para ver tódolos nomes.


Durante vinte e tres anos o alcalde da Coruña foi o socialista Francisco Vázquez, que gobernou dende 1983 a 2006, cando deixou a alcaldía ao ser nomeado embaixador español no Vaticano polo goberno español[31], sucedéndoo no cargo Javier Losada, quen gañou nos comicios do 2007 e gobernou ata o 2011 en coalición co BNG.

Tralos comicios de maio do 2011, o alcalde da capital coruñesa foi Carlos Negreira do PPdeG, que se converteu na lista máis votada na cidade e conseguiu a maioría absoluta. As forzas políticas con representación municipal tralos comicios do 2011 foron: PPdeG (14 edís), PSdeG (8 edís), BNG (4 edís) e EU (1 edil), esta última conseguiu representación na cámara municipal por primeira vez na súa historia.

Nas eleccións municipais de 2015 Marea Atlántica (10 edís) con Xulio Ferreiro acadou a alcaldía co apoio do PSdeG (6 edís) e BNG (1 edil).

Eleccións municipais, 27 de maio de 2007[32]
Partido Votos % Concelleiros
PSdeG 35,02 % 11
PPdeG 31,46 % 10
BNG 20,66 % 6

Eleccións municipais, 22 de maio de 2011[33]
Partido Votos % Concelleiros
PPde G 43,62 % 14
PSdeG 26,66 % 8
BNG 12,04 % 4
EU 6,01 % 1
Eleccións municipais, 24 de maio de 2015[34]
Partido Votos % Concelleiros
Marea Atlántica 36 842 30,89 % 10
PP de G 36 838 30,89 % 10
PSdeG 21 874 18,34 % 6
BNG 6 807 5,71% 1

Economía[editar | editar a fonte]

Sede do Banco Pastor.

O termo municipal da Coruña é o pulmón dos sectores comercial e de servizos de toda a área metropolitana e a máis importante área nestes dous aspectos de toda Galicia e do noroeste peninsular.

Estes dous sectores representan máis das tres cuartas partes da totalidade da actividade económica do termo municipal. Os sectores da industria e da construción incrementaron a súa participación económica na cidade nos últimos anos; non obstante a súa localización xeográfica radica principalmente nos municipios situados na área metropolitana.

Segundo o informe Ardán, elaborado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, A Coruña é actualmente a comarca máis próspera de Galicia, e un dos seus motores económicos. O seu PIB empresarial é de 3.486 millóns de euros, representando máis do 33% del total de Galicia no ano 2007. A cidade conta cun orzamento consolidado de máis de 212 millóns de euros anuais, a repartir entre os gastos do Concello e as súas dúas principais empresas, a Compañía de Aguas da Coruña (que dá servizo a gran parte da provincia) e a Compañía de Tranvías da Coruña, que ten a concesión dos autobuses urbanos e do tranvía da cidade.

A cidade converteuse en 2007 no meirande centro financeiro e de negocios de Galicia.[35] Sede das entidades financeiras Banco Pastor e Caixa Galicia, que trala fusión con Caixanova pasou a chamarse Novacaixagalicia. Na cidade atópanse sedes de algunhas empresas importantes como a cervexeira Estrella Galicia, a empresa de telecomunicacións R, o diario La Voz de Galicia, a refinería de Repsol YPF, a planta de aluminios de Alcoa ou a fábrica de armas de General Dynamics (antiga Santa Bárbara). A cidade conta cun pazo de Congresos e outras institucións relacionadas como o Club Financeiro da Coruña. En 2008 inaugurouse o Recinto Feiral da Coruña, chamado Expocoruña.

Porto[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Porto da Coruña.
Vista parcial do Porto da Coruña.
Torre de control do Porto da Coruña.

O Porto da Coruña, matrícula de provincia marítima CO, é un dos motores económicos da cidade, con seis quilómetros de peiraos e preto de un millón de metros cadrados de superficie marítima e terrestre. Conta cun sector acondicionado para desembarcar graneis sólidos (carbón, coke) e contedores. É o segundo de España en canto a pesca fresca desembarcada, só despois do de Vigo, con 43.108 toneladas no 2009. No ano 2009 movéronse 1 460 316 toneladas de mercadorías no porto, o que supón un decremento total do -13,31% respecto o 2008, o que o converte no segundo porto de mercadorías de Galicia, tras o de Vigo, con 3 073 507 toneladas, e seguido de preto por Ferrol-San Cibrao (562.555 toneladas).[36] Este tráfico está dividido en:

  • Graneis líquidos, con 6 820 497 toneladas no 2009. Destaca o crecemento en Petróleo Cru, e o descenso en gasolinas, debido á forza da divisa europea que dificulta as exportacións no sector.
  • Graneis sólidos, con 3 215 589 toneladas no 2009 e centrado no trigo, o millo e o carbón, con tendencia descendente.
  • Mercadorías xerais, con 1 460 316 toneladas no 2009, protagonizadas pola palanquilla, alambrón e ferros.
  • Tráfico de contedores, no que o Porto da Coruña inaugurou recentemente unha nova liña co X-Pres Container, a sumar á existente tradicionalmente con OPDR. O notable incremento nas Mercadorías xerais está a diversificar o traballo portuario, e proporciona máis opcións de crecemento.
  • Pesca fresca, con 43 108 000 kg.
  • Tráfico de cruceiros, con 53.574 pasaxeiros no 2009, nuns 60 cruceiros.

Recentemente comezou a construción do Porto Exterior da Coruña no concello limítrofe de Arteixo, que ampliará enormemente as instalacións portuarias e as desprazará fóra da cidade.

Industria[editar | editar a fonte]

Polígono industrial da Grela-Bens.

Nos seus límites locais, a cidade conta con dous polígonos industriais: o da Grela-Bens, o primeiro parque industrial en extensión de Galicia con máis de 600 empresas, e o de Pocomaco-Vío, que dá servizo a unhas 400 empresas. Na área metropolitana están situados outros importantes polígonos, principalmente na zona suroeste (Arteixo e Culleredo), como o Polígono de Sabón, que alberga a sede central da multinacional Inditex e a central térmica de Sabón, entre outras industrias. Outros polígonos destacables da área metropolitana son os de Alvedro, Barcala, Meicende e Espírito Santo.

Os grandes motores industriais dentro dos límites municipais son a refinería de petróleo de Repsol, inaugurada en 1964, e a metalúrxica de aluminios.

Turismo[editar | editar a fonte]

O Turismo na Coruña foi en aumento nos últimos anos ata chegar a recibir 62 cruceiros ao ano. Un dos impulsores deste turismo é o paseo marítimo que bordea toda a cidade, de 13 quilómetros de lonxitude. Existe ademais un tranvía e un carril bici que o percorre na maior parte do traxecto. Ademais, trátase dun paseo cultural, porque á súa beira situáronse varios museos da cidade como poden ser a Casa do Home ou a Casa dos Peixes. No paseo tamén podemos atopar o Castelo de San Antón, que contén o museo arqueolóxico, ou a Torre de Hércules.


Baía do Orzán vista desde o monte de San Pedro. Pódese observar a Torre de Hércules no extremo esquerdo da panorámica.

Baía do Orzán vista desde o monte de San Pedro. Pódese observar a Torre de Hércules no extremo esquerdo da panorámica.


Escudo de A Coruña.svg Hoteis na Coruña
Categoría # Habitacións
Estrelas Star full.svgStar full.svgStar full.svgStar full.svgStar full.svg 1 92
Star full.svgStar full.svgStar full.svgStar full.svg 10
Star full.svgStar full.svgStar full.svg 3
Star full.svgStar full.svg 5
Star full.svg 9
Total 28
Fonte: turismocoruna.com

As dúas principais praias da Coruña, Orzán e Riazor, están situadas en pleno corazón da cidade e están bordeadas polo mencionado paseo marítimo. Esta localización convérteas nun grande atractivo para os turistas, sendo ademais punto de encontro de surfeiros boa parte do ano. Ademais, a cidade dispón doutros areais como As Lapas, Adormideras ou a praia de Oza.

Importante festa declarada de interese turístico é a noite de San Xoán, celebrada cunha multitudinaria festa de fogos artificiais, desfile, queima de falla e as milenarias fogueiras en todas as praias urbanas ata ben entrado o amencer.

No ano 2006 e por primeira vez na súa historia, a cifra de turistas duplicou á poboación da cidade, chegando ao medio millón de visitantes. En 2010 o número de turistas superou o millón e medio.[37]

A cidade conta cunha ampla rede de hoteis, cadeas internacionais e negocios locais, que ofrecen entre ambos unha oferta hostaleira de máis de 3.500 camas. A Coruña conta cun hotel de cinco estrelas, o Hotel Finisterre (cadea Hesperia), e varios de catro estrelas: o Hotel AC A Coruña, Attica 21 Coruña, Carrís Marineda, Eurostars Ciudad de A Coruña, Hesperia A Coruña, Husa Center, Meliá María Pita, NH Atlántico, Tryp Coruña e Zenit Coruña.

Cultura[editar | editar a fonte]

Música[editar | editar a fonte]

O Coliseum, onde se organizan diferentes espectáculos da cidade.

A cidade da Coruña é un dos principais centros musicais de Galicia. Nela atópanse algunhas das máis importantes institucións musicais galegas, entre as cales destaca a sede (no Palacio da Ópera) da Orquestra Sinfónica de Galicia, creada en 1992 polo Concello da Coruña.[38] Outra institución destacada na cidade é a Coral Polifónica El Eco, fundada en 1881 por Pascual Veiga, que é a coral en activo máis antiga da Península Ibérica.[39] Outras orquestras e agrupacións na cidade son a Banda de Música Municipal da Coruña (con concertos regulares), a Orquestra de Cámara Galega (fundada en 1995), ou a Orquestra Gaos (fundada en 2009).[40]

No que fai referencia ao ensino musical, na Coruña atópase un dos dous Conservatorios Superiores de Música que existen en Galicia, o COSMAC (Conservatorio Superior de Música da Coruña), que conta coas diferentes especialidades de interpretación musical nos distintos instrumentos empregados na música académica, composición, pedagoxía musical e jazz (xénero de tradición nos últimos anos na cidade[41][42]). Amais do COSMAC, A Coruña conta cun Conservatorio Profesional de Música e unha Escola de Música Municipal fundada en 1998,[43] e tamén con diversas institucións e escolas de ensino musical privadas como o Conservatorio do Colexio Liceo La Paz.

Na cidade da Coruña hai oferta de festivais musicais ao longo do ano, como a Temporada Lírica,[44] sucesora do Festival Mozart (desaparecido en 2014)[45] e do Festival de Ópera da Coruña,[46] ou o Noroeste Pop Rock.[47] O Ciclo de Jazz da Fundación Barrié tivo dezasete edicións, entre 1995 e 2012.[48] A Coruña tamén foi sede de xiras internacionais no recinto do Coliseum,[49] no pavillón do Pazo dos Deportes[50] ou no estadio de Riazor.[51]

Danza[editar | editar a fonte]

Palacio da Ópera da Coruña.

A Coruña é a sede do Centro Coreográfico Galego[52] e conta cun Conservatorio de Danza de titularidade provincial.[53] Os distintos teatros da cidade adoitan incluír espectáculos de danza dentro das súas programacións anuais.[54]

Teatro e cine[editar | editar a fonte]

Na cidade da Coruña existe unha importante actividade teatral,[55] desenvolvida principalmente no Teatro Rosalía[56] e no Teatro Colón.[57]

O concello xestiona ademais o Fórum Metropolitano e o Centro Ágora.[58] O primeiro é sede de programas estables de teatro que tamén busca apoiar novas propostas[59] como a Mostra de Teatro Independente e o Teatro Universitario.[60] O Centro Ágora conta cun auditorio preparado para acoller teatro, ópera, música sinfónica, ballet etc.[61]

Cómpre salientar tamén o Festival Manicómicos, un festival de teatro cómico impulsado pola Asociación Cultural Manicómicos,[62] e outras compañías como Teatro del Andamio.[63]

A Coruña conta cos cines Yelmo Cineplex Los Rosales (13 salas),[64][65] Yelmo Cines Espacio Coruña,[66][67] Cinesa Marineda City 3D (12 salas)[68][69] e Cantones Cines[70][71] situados en centros comerciais, ademais das dúas salas do Fórum Metropolitano[59] e a do Centro Galego de Artes da Imaxe.

Museos e salas de exposicións[editar | editar a fonte]

Peixes no acuario da Coruña.
Casa do Home, obra do arquitecto Arata Isozaki.

A Coruña conta cun bo número de museos adicados a diversas temáticas, entre os que descatan os denominados Museos Científicos Coruñeses, integrados pola Casa das Ciencias (cunha exposición interactiva adicada ás ciencias e un Planetario), a Casa do Home ou Domus (cunha exposición interactiva adicada ao ser humano), e o Aquarium Finisterrae ou Casa dos peixes. Entre os museos artísticos salientar o Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC),[72] que reúne unha importante mostra do denominado "movemento renovador" de artistas galegos; o Museo de Belas Artes, que conta cunha ampla colección de gravados de Goya; ou o Museo de Arte Sacra da Colexiata de Santa María do Campo, situado nun edificio deseñado por Manuel Gallego Jorreto.[73] O Museo Arqueolóxico e Histórico, situado no Castelo de San Antón, conta con numerosas pezas procedentes de sitios arqueolóxicos de toda a provincia, así como mostras dunha ampla colección de escultura medieval. En 2012 inaugurouse o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT).[74] Na Cidade Vella atópase tamén o Museo Histórico Militar.[75]

Existe tamén un conxunto de casas museos[76] dedicadas a persoeiros que residiron na cidade. Pódese visitar a casa na que viviu Pablo Ruiz Picasso entre 1891 a 1895 convertida en casa museo e onde se expoñen 27 reproducións das obras que fixo estando na Coruña, cidade na que fixo a súa primeira exposición. Son retratos e caricaturas que o xove artista (entón tiña 12 anos) fixo para a revista "La Coruña"[77][78]. As outras casas museos son as de María Pita, Emilia Pardo Bazán e Casares Quiroga.[76]

Salas de exposicións[editar | editar a fonte]

Ademais dos museos existen na cidade varias salas de exposicións, como o Kiosco Alfonso,[79] a Casa da Cultura Salvador de Madariaga,[80] o Forum Metropolitano[81] e o Palacio de María Pita,[82] todos de titularidade municipal, ou as salas de varias fundacións, como a Luis Seoane, a Barrié e AFundación.[83] Tamén existen espazos para exposicións en PALEXCO (Palacio de Exposicións e Congresos)[84] e no Club Financiero Atlántico.[85]

Entre as galerías de arte situadas na cidade están Galería Ana Vilaseco, Galería de Papel, Galería Pardo Bazán, Atlántica, Arte e Imaxe, Coarte, Rincón Coruña Arte e A Tecedeira.

Universidade[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Universidade da Coruña.
Universidade da Coruña.png
Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

A Universidade da Coruña ten a súa sede e varios campus na Coruña (Elviña, A Zapateira, Riazor e Oza), aínda que tamén en Ferrol e Oleiros (Bastiagueiro). Actualmente estudan na Universidade máis de 24.000 estudantes, cun aumento de matriculados do 6 % no curso 2010/11.[86] Ademais, a Universidade oferta titulacións únicas en Galicia e mesmo na zona noroeste da Península, como son Podoloxía, Arquitectura, Arquitectura técnica, Socioloxía e Ciencia Política e da Administración, Deseño Industrial, Enxeñaría Naval (Ferrol) ou Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos.

Na cidade tamén hai un centro asociado da Universidade Nacional de Educación a Distancia e coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

Festividades[editar | editar a fonte]

  • O Entroido ten a súa orixe no século XIX, coas ruadas e a representación dos apropósitos.[87] A área principal da festa é o barrio de Monte Alto e a rúa da Torre,[88] onde ten lugar o desfile de choqueiros.[89]
  • Noite de San Xoán, festividade declarada de interese turístico internacional.[90] A festa, recuperada na década de 1970 foi trasladada ás praias o ano 1992[91] e en 2014 foi declarado por primeira vez festivo local o 24 de xuño.[92]
  • O 16 de xullo celébrase a procesión marítima da Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros.[93][94]
  • A feira medieval (Feira das Marabillas) ten lugar desde 1995 na Cidade Vella a finais do mes de xullo (ver Galería de imaxes da Feira Medieval da Coruña).[95]
  • Festas de María Pita, no mes de agosto, durante as cales teñen lugar eventos como a Feira de Artesanía Mostrart (dende 1985[96]), a Feira do Libro, o Festival de Habaneras e o Salón do Cómic.
  • A Romaría de Santa Margarida celébrase tradicionalmente[97] na contorna do parque homónimo a última fin de semana de agosto.[98]
  • Festa da Virxe do Rosario (patroa da cidade), o 7 de outubro.

Algúns barrios e lugares da cidade celebran tamén as súa propias festas, como Monte Alto,[99] Eirís[100] e Os Castros.[101][102]

Trasportes e comunicacións[editar | editar a fonte]

Situación da cidade en España.

Por vía terrestre, a rede de autoestradas e autovías norte-sur comunícana co resto de España e Portugal, mentres que un conxunto de vías rápidas, que circunvala o perímetro da cidade e o seu primeiro anel industrial, culmina a comunicación por estrada.

Os aproximadamente 600 000 habitantes e as industrias que están dentro da zona de influencia das catro rías (A Coruña, Sada-Betanzos, Ares e Ferrol) comunícanse por estrada nun tempo de 30 minutos.

A vía marítima está fortemente consolidada nesta metrópole. O porto sufriu varias ampliacións e procesos de modernización e ademais construíuse un porto exterior no oeste da cidade, en punta Langosteira, para aumentar a súa capacidade. O novo porto iniciou o seu funcionamento en 2012.[103]

Segundo previsións oficiais, todo isto estará apoiado dentro duns anos por axeitadas conexións internas e externas; as internas, na cidade e na súa área de influencia, facilitarán a mobilidade cun sistema intermodal de comunicación (vías rápidas -inclúe a terceira circunvalación-, autobuses, metro lixeiro e tren de proximidades), e as externas conformarán un sistema viario de autoestradas e autovías, ferroviario -tradicional e de alta velocidade- e conexións aéreas e marítimas tanto nacionais como internacionais.

Estradas[editar | editar a fonte]

Avda. Alfonso Molina, entrada á cidade.

A cidade está servida por tres arterias principais de acceso:

Ferrocarrís[editar | editar a fonte]

A estación da Coruña, coñecida tamén como estación de San Cristovo, remodelada en 1991, concentra o tráfico ferroviario da cidade e está situada no centro. Dende A Coruña parten tres liñas de longa distancia de Renfe Operadora: a Madrid e Barcelona con dous servizos diarios, a Bilbao e Irún cun servizo diario, e a Alacant cun servizo os sábados. A estas liñas súmanselles os corredores rexionais de Renfe con Santiago, Monforte, Ferrol e Vigo; o tráfico con esta última cidade sumou en 1999 a cantidade de 450 000 viaxeiros aproximadamente. Está en servizo o tren de alta velocidade entre a cidade e Ourense, pasando por Santiago, e está en construción a Vigo a través do eixe atlántico que conectará con Portugal, e a Madrid, o que completará o servizo ferroviario da Coruña.

Existe asemade outra pequena estación na parroquia de Elviña, chamada Elviña-Universidade, que da servizo á Universidade da Coruña e a devandita parroquia; e unha estación de mercadorías que serve ó porto, chamada estación de San Diego. As principais actividades desta última son a exportación de madeiras, ferro, cinc, carbón e contedores procedentes do porto.

Está en proxecto unha estación intermodal a modo de intercambiador, que concentre ademais ós buses interurbanos e que contaría tamén cunha parada de metro lixeiro[106].

Ademais o concello está levando a cabo un proxecto xunto coa Xunta e os concellos limítrofes para crear o servizo de Proximidades Renfe da cidade, que conectará cos principais núcleos de poboación da zona.

Aeroporto[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Aeroporto da Coruña.
Aeroporto de Alvedro.

A Coruña conta cun remodelado aeroporto, coñecido como aeroporto de Alvedro código de IATA LCG, situado a 10 km do centro da cidade, no concello de Culleredo. Conta cunha reducida pista de 1,9 quilómetros e un moderno sistema anti-néboa, que entrou en servizo a comezos de 2008. Durante os últimos anos foi o aeroporto galego que máis creceu, duplicándose o número de pasaxeiros en tres anos[107] e alcanzando durante 2008 os 1 175 000 pasaxeiros, sendo o segundo aeroporto de Galicia que mellor soportou a crise aeroportuaria,[108] dando un balance positivo de crecemento no período 2004-2008 dun 205 % por número de viaxeiros.[109]

O aeroporto de Alvedro conecta a cidade herculina con varios destinos peninsulares, segundo a época do ano. Conta con conexións estables con Madrid-Barajas, Barcelona, Sevilla e Tenerife. Na época invernal existe conexión co aeroporto de Huesca (porta ós Pireneos). Tamén existen conexións internacionais cos aeroportos de Londres-Heathrow, París-Charles de Gaulle e Lisboa.

A proximidade do aeroporto da Lavacolla (30 minutos por autoestrada) permite que poida ser tamén empregado como plataforma complementaria das comunicacións aéreas da Coruña, e viceversa. Actualmente está en obras para amplia-la pista que, con 1.900 metros, é a segunda máis pequena dos aeroportos comerciais de España trala do aeroporto de Donostia.

Autobuses e metro lixeiro[editar | editar a fonte]

A estación de autobuses da Coruña dá servizo a preto de 25 000 pasaxeiros diarios. Unha media de 1.100 autocares operan cada día con destino a diferentes puntos de Europa, España e Galicia.

A cidade tamén conta cunha gran rede de autobuses, a máis tupida de España, xa que ningún habitante se atopa a máis de 300 metros dunha parada. Conta con 24 liñas de autobús, explotadas pola Compañía de Tranvías da Coruña.[110]

Os autobuses levan GPS, nas paradas máis importantes hai paneis onde se informa dos minutos que hai que agardar para o próximo bus, tamén consultable vía móbil.[111][112]

Tranvía no Paseo Marítimo da Coruña.
Tranvías.
MapaCor.png
Bus Urbano Liñas Compañía de Tranvías da Coruña
Liña Percorrido
Linea1.jpg Hospital Abente y Lago - Praza Pablo Iglesias
Cor1A.jpg Hospital Abente y Lago - A Pasaxe, Santa Xema
Linea2.jpg Hospital Abente y Lago - Os Castros
Cor2A.jpg Hospital Abente y Lago - Hospital de Oza
Linea3.jpg San Pedro de Visma, Igrexa - Durmideiras
Cor3A.jpg San Pedro de Visma, Igrexa - Durmideiras
Linea4.jpg Hércules, Mercado - Barrio das Flores
Cor5.jpg Durmideiras - Espacio Coruña
Cor6.jpg Hércules, Mercado - Meicende[113]
Cor6A.jpg Hércules, Mercado - Bens
Cor7.jpg Hércules, Mercado - Ventorrillo, Centro de Saúde
Cor11.jpg As Lagoas - Marineda City
Cor12.jpg Emilio Glez.López, Manuel Azaña - CHUAC, glorieta
Cor12A.jpg Praza do Conservatorio - CHUAC, glorieta
Cor14.jpg Emilio Glez.López, Manuel Azaña - Praza Pablo Iglesias
Cor17.jpg Hércules, Mercado - CHUAC, glorieta
Cor20.jpg Juan Flórez, 10 - A Pasaxe, Eirís
Cor21.jpg Juana de Vega - Novo Mesoiro
Cor22.jpg Juan Flórez, 10 - A Pasaxe, Santa Xema
Cor23.jpg Hospital Abente y Lago - Urbanización Breogán
Cor23A.jpg Hospital Abente y Lago - Urbanización Breogán
Cor24.jpg Praza de Pontevedra, 18 - O Carón
CorBUHO.jpg (Bus Moucho) Os Castros - Obelisco
CorU.jpg (Especial Universidade) Praza de Pontevedra, 18 - Campus A Zapateira, Filoloxía
*
Os buses das liñas 3, 6 e 23 intercámbianse cada mes cos das liñas 3A, 6A e 23A, respectivamente.[114]

A recuperación do tranvía urbano circundando o extenso paseo marítimo da cidade, pretendeu crear unha infraestrutura ferroviaria básica para a consolidación dunha rede de Metro Lixeiro[115] a medio prazo, con 3 liñas proxectadas: Monte Alto-Universidade, Os Rosales-Praza de Pontevedra, e outra circular con dúas ramificacións -a actual do tranvía coa súa extensión e a liña Los Rosales/centro intermodal. O proxecto inicial foi trocado por un tranvía turístico que só operaba os meses do verán e que dende entón foi perdendo frecuencias e extensión para estar limitado ao percorrido dende as cocheiras de Monte Alto ata Riazor. O servizo foi suprimido en xullo de 2011.[116][117]

Alugamento de bicis[editar | editar a fonte]

Dende o ano 2009 a cidade ten un servizo público de alugamento de bicis. EMVSA e o concello poñen a disposición dos usuarios da tarxeta Millennium[118] o alugamento en diversos puntos da cidade.[119]

Electrolineiras[editar | editar a fonte]

O concello está a colaborar na promoción e no uso do coche eléctrico, por diversos aparcadoiros da cidade hai tomas para a recarga de coches eléctricos.[120] No aeroporto de Alvedro é posible alugar coches eléctricos por un prezo de 15 euros diarios.[121]

Servizos municipais[editar | editar a fonte]

ETAP A Telva, río Mero.

Auga potable[editar | editar a fonte]

EMALCSA é a centenaria empresa municipal concesionaria do servizo da auga na Coruña e nos concellos de Arteixo, Culleredo, Oleiros, Sada, Bergondo, Cambre e Carral. A auga provén do Encoro de Cecebre e potabilízase no ETAP de A Telva.[122] O ciclo da auga remata na EDAR de Bens.[123]

Recollida de lixo[editar | editar a fonte]

Cespa é a concesionaria da recollida do lixo e reciclaxe. O lixo recóllese en colectores separados: nun a parte orgánica (de cor verde) e noutro inorgánica (capa laranxa). A parte orgánica é tratada por Albada na planta de Nostián, onde se produce compost e biogás para consumo da propia planta. Os refugallos do proceso de reciclaxe rematan no vertedoiro de Gestán en Sobrado e na incineradora de Sogama en Cerceda. Hai tamén colectores para recollida selectiva de papel-cartón (cor azul) e vidro (cor verde). O concello ten puntos limpos en varios sitios da cidade (Eirís, A Grela, Pocomaco e Ronda Outeiro) onde os cidadáns poden achegar cascallos, mobles, plástico, pneumáticos, pilas e baterías, aceites usados, electrodomésticos ou restos de poda.[124]

Sitios de interese[editar | editar a fonte]

Monumentos[editar | editar a fonte]

Un dos atractivos turísticos da Coruña son as galerías.

O barrio da Mariña constitúe unha das zonas máis belas da Coruña, situado xunto ao porto. Nas fachadas das casas deste barrio atopamos as famosas galerías que lle deron renome mundial, ata tal punto que a cidade é coñecida como A Cidade de Cristal.

Estas galerías, típicas das Rías Altas, empezáronse a construír a finais do século XVIII e principios do século XIX para protexer terrazas e balcóns do vento e da brisa mariña. Posúen detalles e adornos minuciosos, nos que predominan os contrastes de brancos, verdes e vermellos.

No conxunto histórico da Cidade Vella atópanse:

Nos Xardíns de Méndez Núñez e nas súas proximidades están o Obelisco dos Cantóns e os monumentos a Emilia Pardo Bazán e a Curros Enríquez, entre outros.

Fóra destas áreas están o Castro de Elviña, o Palacio de María Pita (Palacio Municipal) ou a Casa do Sol. Así mesmo existen outros monumentos de arte contemporáneo, entre os que destacan o Obelisco Millenium, inaugurado no ano 2000 e que representa a historia da cidade e de Galicia, e a Fonte dos surfistas.

A Torre de Hércules[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Torre de Hércules.

A Torre de Hércules é sen dúbida o monumento máis coñecido e visitado da cidade. Situada nunha pequena península, ten unha altura de 68 metros e é o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. Foi construída no século II durante a época de Traxano. Nunha inscrición na pedra consta o nome de C. Servius Lupus, arquitecto da rexión de Lusitania, e a dedicación da torre a Marte Augusto. A fachada actual, neoclásica é froito da súa restauración no século XVII. Pódese acceder ao alto da torre por unha escaleira interior de 239 chanzos. Desde alí hai unhas magníficas vistas da ría e a cidade da Coruña.

O 27 de xuño de 2009 a Torre e a súa contorna foron proclamadas Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO.[125]

Xunto á torre atópase un parque escultórico coa "Rosa dos Ventos" de Xabier Correa Corredoira (1994), que inclúe nos seus motivos por un lado os países celtas e por outro Tarsis, patria de orixe de Xerión, que foi derrotado por Hércules segundo a lenda.

Paseo marítimo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Paseo marítimo da Coruña.
Paseo Marítimo.

A Coruña conta co paseo marítimo urbano máis longo de Europa[126], con preto de 10 quilómetros continuos á beira do mar. Cando se termine medirá máis de 13 quilómetros. O Paseo Marítimo pasa por moitos lugares de interese na cidade, como a Casa do Home, a Casa dos Peixes, a Torre de Hércules ou o Castelo de San Antón, podéndose percorrer a pé, automóbil, bicicleta ou tranvía.

A apertura do último tramo do Paseo Marítimo revelou unha cara descoñecida da cidade, que permite admirar camiñando a forza e inmensidade do Océano Atlántico. Cómpre destacar o Ascensor panorámico do Monte de San Pedro. Os seguintes tramos en construción e proxección traspasan xa os límites do concello da Coruña, transformando zonas en espazos de esparexemento e ocio.

Zonas comerciais[editar | editar a fonte]

A zona comercial tradicional está situada no barrio da Pescadería (Zona Obelisco),[127] especialmente na rúa Real. Esta rúa peonil segue a ser un dos principais eixos comerciais e de lecer dos coruñeses.[128] Na mesma área existen outras arterias comerciais como as rúas de Santo André e do Orzán;[129] as rúas dos Olmos, Galera, Barrera e Franxa; a rúa Rego de Auga e a praza do Humor, centro do tradicional botellón coruñés e dedicada aos principais humoristas e escritores galegos. Destacan tamén as rúas Juan Flórez e Federico Tapia,[130] arredor da praza de Lugo, agrupadas no Distrito Picasso.[131]

Outra zona comercial é a rúa Barcelona,[132] rúa peonil da Agra do Orzán, que é unha das rúas máis transitadas de Galicia.[133]

Por outra banda, na actualidade a actividade comercial da cidade non se limita só á zona centro. A política de peonalización de diversas rúas da cidade deu un pulo definitivo a determinados barrios, xurdindo "subcentros" comerciais en zonas anteriormente máis abandonadas ou con menor vocación comercial. Nesta categoría destacan a rúa da Gaiteira (barrio da Gaiteira), rúa Ángel Senra (Os Mallos), Centro Comercial Elviña etc. Por este motivo pódese dicir que A Coruña é unha cidade policéntrica, xa que a actividade comercial se acha espallada polos distintos barrios herculinos.

A Coruña conta cunha rede de mercados municipais formada por oito instalaciós espalladas por distintos barrios:[134] Santo Agostiño (na Pescadería), Santa Lucía, Conchiñas (Agra do Orzán), Ramón Cabanillas (Mallos), Monte Alto, Palavea, Elviña e Eusebio da Guarda (Ensanche). Estes dous últimos foron rehabilitados e convertidos ademais en centros comerciais. A materia prima que surte estes Mercados é especialmente o peixe e o marisco, traído diariamente das poxas de Pescado Fresco que ten lugar nas Lonxas do Porto da Coruña.

A zona dos arredores da Praza de Catro Camiños ten tamén grande importancia comercial, xa que as primeiras grandes superficies comerciais da cidade se asentaron neste barrio a mediados dos anos 80.[135] O centro comercial, aberto en 1987,[136] foi o primeiro da cidade. En 1996 abriu o centro comercial Los Rosales.[137]

A principios do século XXI ampliouse o número de grandes centros comerciais coas inauguracións de Dolce Vita (2008)[138] e Espacio Coruña (2009)[139] En 2011 inaugurouse Marineda City, que foi o centro comercial máis grande de España.[140] Porén, Dolce Vita pechou as súas portas en 2014.[141] No centro da cidade sitúase Los Cantones Village,[142] antes El Puerto Centro de Ocio,[143] que sufriu diferentes reformas.[144] Hai ademais outros centros máis pequenos como as galerías do barrio das Durmideiras, Torre Trébol, Torre dos Mestres, Catro Camiños, Ramón y Cajal ou as máis modernas do Bulevar del Papagayo.[145]

Zonas de ocio[editar | editar a fonte]

A zona de ocio nocturna por antonomasia na cidade é coñecida popularmente como "O Orzán", e sitúase á beira de dita praia. Nas rúas principais como Socorro, Sol e A Torre sitúanse a maioría de pubs e locais de ocio nocturno. Outras zonas de ocio, especialmente nas primeiras horas da noite, son Juan Flórez, Praza de España, Matogrande e a Cidade Vella (arredores da Praza de Azcárraga e rúa San Domingos).

No contorno da rúa Real están as rúas dos Olmos, Galera, Barreira e Franxa, onde se sitúan as tascas e marisquerías máis típicas da cidade e a praza do Humor, centro do tradicional botellón coruñés e dedicada aos principais humoristas e escritores galegos.

Tralo peche das principais discotecas, os locais 'after-hours' sitúanse na zona de Juan Flórez.

Praias[editar | editar a fonte]

Praia de Riazor nun soleado día de verán.
Praia do Orzán, pola noite.

A Coruña ten varios quilómetros de praias, sendo as máis coñecidas a praia de Riazor e a praia do Orzán, pola súa situación en pleno centro da cidade. Ambas as praias acadan ano tras ano a Bandeira Azul, o máximo distintivo outorgado pola organización privada Fundación Europea de Educación Ambiental para certificar a calidade da praia e as súas infraestruturas lindeiras.

Catro das praias da Coruña obtiveron o distintivo de bandeira azul en 2015:[146]

Hai outras praias na cidade que non recibiron Bandeira Azul, como a praia de Oza, que a obtivo en anos anteriores,[147] e as praias de San Roque, Adormideiras e Bens.

Deporte[editar | editar a fonte]

O equipo do Deportivo da Coruña en 2008.

Na cidade destacan equipos profesionais como o Deportivo ou o Liceo. Ambos destacan pola súa presenza nas máximas categorías, polos seus títulos e polas participacións en competicións europeas.

Fútbol[editar | editar a fonte]

O club de fútbol máis representativo da cidade é o Real Club Deportivo da Coruña, máis coñecido como Dépor. Actualmente xoga na Primeira División Española. Fundado en 1906, o Deportivo foi campión de Liga na tempada 1999-00 e subcampión noutras cinco ocasións. Ademais foi campión da Copa do Rei en 2 ocasións e da Supercopa de España en 3. O equipo disputou cinco tempadas consecutivas a Liga de Campións chegando a unha semifinal, e tamén foi campión da Copa Intertoto en 2008. O Deportivo xoga os seus partidos no Estadio Municipal de Riazor.

Ademais hai outros dous equipos de fútbol na Terceira División, o Silva Sociedad Deportiva, que xurdiu en 1940 como un equipo afeccionado do barrio do mesmo nome e logrou na tempada 2013-14 o seu primeiro ascenso a Terceira. O outro é o filial do Deportivo, o Fabril. Existen ademais outros equipos con sede na cidade como o Montañeros e o Sporting Universidade.

Estadio Municipal de Riazor, onde xoga o Deportivo da Coruña.

Durante a década de 1980 o Karbo Deportivo logrou cinco títulos.[148] e foi considerado o mellor equipo de fútbol feminino de España.[149]

Desde 1946 celébrase no estadio de Riazor o Trofeo Teresa Herrera.

Hóckey a patíns[editar | editar a fonte]

Outro deporte moi relacionado coa cidade é o hóckey a patíns. O Hockey Club Liceo é o club deportivo máis laureado de Galicia,[150] con 16 títulos nacionais (7 Ligas e 9 Copas do Rei) e 22 títulos internacionais (6 Copas de Europa, 3 Copas CERS, 2 Recopas de Europa, 6 Copas Continentais e 5 Copas Intercontinentais).

Outro equipo destacado é o histórico A.A. Dominicos (gañador da Copa do Rei en 1990 e que durante moitas tempadas competiu na máxima categoría) que participa na segunda categoría do hóckey a patíns español.[151] O HC Borbolla de Monte Alto que actualmente compite na Primeira División Galega, xogou na división de prata na tempada 2010-11.

Outros deportes[editar | editar a fonte]

Tamén destacan outras institucións doutros deportes como o Club de Baloncesto Leyma Basket Coruña, que xoga na liga LEB Ouro. En baloncesto tamén destacou o Club Bosco de Baloncesto que chegou a competir na 1ª división. O OAR A Coruña de balonmán foi fundado en 1952.[152] En vaterpolo destacan dous equipos, o Club Natación Coruña-Banco Gallego, club máis importante de Galicia, e a Asociación Coruñesa de Waterpolo. O Real Club de Golf da Coruña, situado na Zapateira, é un club de golf no tamén se organizan outras actividades deportivas. O CRAT é o principal equipo de rugby masculino e feminino, o Towers Football de fútbol americano e o Fillos de Breogán de fútbol gaélico.

Ademais A Coruña ten diversas instalacións deportivas municipais como son o campo de golf situado ao pé da Torre de Hércules, un centro hípico, campos de fútbol, portos deportivos e diversos polideportivos, entre outras instalacións.

Nos últimos anos tomaron protagonismo os deportes acuáticos coa organización de diversas regatas e as prácticas, cada vez máis estendidas, de submarinismo e surf.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

A cidade da Coruña está irmandada coas seguintes cidades:

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes da Coruña.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Coruña

A Coruña | Elviña (San Vicenzo) | Oza (Santa María) | San Cristovo das Viñas (San Cristovo) | Visma (San Pedro)

Lugares da Coruña[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de tódolos lugares do concello da Coruña vexa: Lugares da Coruña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  3. Nomenclátor de Galicia
  4. Fernández Caamaño, José M. (22 de febreiro de 2015). "La Real Audiencia y Capitanía General". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 29 de decembro de 2015. 
  5. "El jefe de la Región Militar confirma la supresión de Capitanía". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de xaneiro de 2002. Consultado o 29 de decembro de 2015. 
  6. Turismo da Coruña, nace así a Cidade de Cristal
  7. Fallece Sergio Peñamaría de Llano, alcalde de la ciudad entre 1959 y 1963, La Voz de Galicia (en castelán).
  8. Fernando Cabeza Quiles, Toponimia de Galicia. Vigo. Galaxia. 2008. ISBN 978-84-9865-092-1
  9. Xosé Ramón Freixeiro Mato. "O topónimo A Coruña" (PDF). A recuperación da topoantroponimia e a perda de referentes culturais para a mocidade. p. 203. 
  10. Consello da Cultura Galega. "O topónimo A Coruña" (PDF). 
  11. Real Academia Galega (1913-1928). "Alma". Diccionario gallego-castellano. A Cruña ten mais de 60.000 almas 
  12. Real Academia Galega (1970). Normas Ortográficas do Idioma Galego. 
  13. Xunta de Galicia. Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolemento Rural. "A toponimia en Galicia: Nomenclátor de Galicia, Proxecto Toponimia de Galicia". p. 52. *Coruña < Cruña (epéntese) 
  14. Véxase a resolución do Tribunal Superior de Xustiza sobre o topónimo
  15. "El Ayuntamiento renuncia a la vía judicial para defender el topónimo "La Coruña"". Faro de Vigo (en español). 8 de xullo de 2008. 
  16. "Brigantino no Dicionario de Dicionarios". Instituto da Lingua Galega. Consultado o 24 de outubro de 2015. 
  17. Enciclográfica. "Escudo da Coruña" (en español). 
  18. 18,0 18,1 La Voz de Galicia. A manifestación máis multitudinaria da historia coruñesa cumpre 25 anos
  19. Consellería do Medio Rural "ORDE do 2 de xuño de 2009 pola que se declaran, de xeito provisorio, como espazo natural de interese local as Illas de San Pedro, no concello da Coruña, na provincia da Coruña." DOG Núm. 112 do 10/06/2009 pp. 9.946-9.947
  20. INE
  21. 21,0 21,1 21,2 A Coruña aumenta o seu padrón grazas á poboación estranxeira
  22. "Panorama dos sete grandes concellos. Poboación. A Coruña". IGE. 1-1-2015. Consultado o 2-5-2016. 
  23. Panorama dos sete grandes concellos. Poboación
  24. "Texto Refundido da Ordenanza de Conservación e Rehabilitación de Inmobles do Concello da Coruña. Artigo 94. Subvencións na Área de Centro Histórico" (PDF). Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 226. 28 de novembro de 2011. p. 37. Na Área de Centro Histórico, coincidente co ámbito regulado polo Plan Especial de Protección da Cidade Vella e Peixaría, as subvencións a conceder serán as seguintes, co límite que se estableza en cada un dos convenios [...] 
  25. 25,0 25,1 Precedo Ledo, Andrés (1990). La Coruña metrópoli regional (en castelán). Fundación Caixa Galicia. 
  26. Densidad demográfica de los distritos del municipio de A Coruña
  27. http://mmasa.net/acidadedosbarrios/index.php?pag=barrios&sub=10
  28. http://mmasa.net/acidadedosbarrios/index.php?pag=barrios&sub=4
  29. Ordeig Corsini, José María (2009). La Coruña. Desarrollos urbanos 1940/2000. Catálogo. Universidade de Navarra. 
  30. 30,0 30,1 Visor SIGPAC
  31. Zapatero nombra al alcalde de A Coruña nuevo embajador ante el Vaticano
  32. Eleccións municipais de 2003
  33. Eleccións municipais de 2007
  34. A Coruña lavoz.com
  35. Manuel Vázquez Sola (12 de outubro de 2007). El País, ed. "A Coruña desplaza a Vigo como primer área empresarial de Galicia". Consultado o 8 de decembro de 2013. 
  36. Estatísticas de tráfico portuario, Puertos del Estado.
  37. La Voz de Galicia, ed. (18/1/2011). "A Coruña recibiu en 2010 un millón e medio de visitantes, un 7,25% máis". 
  38. "Biografía y profesores" (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2015. 
  39. Coros de Espana (ed.). "Coral Polifónica “El Eco”". Consultado o 16 de novembro de 2013. 
  40. Aguiar, Iván (25 de xuño de 2014). "La Orquesta Gaos y el coro han demostrado en cinco años que son un proyecto serio". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2015. 
  41. Club 1906, ed. (18 de decembro de 2012). "El Filloa Jazz Club de A Coruña cumple 32 años de historia". Consultado o 8 de decembro de 2013. (en castelán)
  42. Paola Obelleiro (27 de xaneiro de 2008). El País, ed. "El jazz gallego coge poso". Consultado o 8 de decembro de 2013. (en castelán)
  43. "EMM". Concello da Coruña. Consultado o 27 de novembro de 2015. 
  44. "Gala Lírica 2014-2014". Concello da Coruña. Consultado o 27 de novembro de 2015. 
  45. Varela, Manuel (3 de maio de 2014). "La Sinfónica busca una alternativa a la desaparición del Festival Mozart". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2015. 
  46. "A Coruña estrena la temporada lírica de Amigos de la Ópera y la Orquesta Sinfónica de Galicia con cinco óperas, un ciclo de grandes cantantes y un proyecto didáctico". Orquestra Sinfónica de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2015. 
  47. Rodríguez, Miguel (9 de xullo de 2015). "El Noroeste Pop Rock pasará de dos a cinco días y se repartirá entre la playa y la ciudad". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2015. 
  48. "Ciclos de Jazz". Fundación Barrié. Consultado o 27 de novembro de 2015. 
  49. Malvido, Gemma (25 de outubro de 2015). "La memoria del Coliseum". La Opinión de A Coruña (en español). Consultado o 27 de novembro de 2015. 
  50. Pereira, Nonito. "Tina Turner en Coruña - Octubre de 1990". TodoMúsica&Más. Consultado o 27 de novembro de 2015. 
  51. Sáenz de Tejada, Ignacio (12 de xullo de 1993). "El 'Concierto de los mil años' fue como un curso de verano de rock en vivo". El País (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2015. 
  52. Centro Coreográfico Galego
  53. Conservatorio Profesional de Danza
  54. Guía del ocio. El País
  55. Guía del Ocio. El País
  56. Teatro Rosalía de Castro
  57. Teatro Colón. En escena
  58. Actividades Fórum Metropolitano e Centro Sociocultural Ágora
  59. 59,0 59,1 Fórum metropolitano
  60. "Arranca el Festival Internacional de Teatro Universitario de A Coruña FITEUC 22". La Opinión de A Coruña (en castelán). 6 de abril de 2015. Consultado o 6 de decembro de 2015. 
  61. Ágora
  62. Festival manicómicos
  63. Teatro del Andamio
  64. Cine Rosales
  65. Páxinas galegas
  66. Cine Espacio Coruña
  67. Páxinas galegas
  68. Cinesa
  69. Páxinas galegas
  70. "Cantones Cines". Consultado o 6 de decembro de 2015. 
  71. Páxinas galegas
  72. "Quiénes somos". Gas Natural Fenosa (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2015. 
  73. "Museo de Arte Sacra da Colexiata". Turismo Coruña. Consultado o 24 de outubro de 2015. 
  74. "Alberto Núñez Feijóo acompañou aos Príncipes de Asturias na inauguración do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía na Coruña". Xunta de Galicia. 4 de maio de 2012. Consultado o 24 de outubro de 2015. 
  75. Museo Histórico Militar da Coruña
  76. 76,0 76,1 "Casa Museo Emilia Pardo Bazán". Concello da Coruña. Consultado o 24 de outubro de 2015. 
  77. Picasso en A Coruña - la formación de un genio (en castelán)
  78. A Coruña que vivió y pintó Picasso. La Voz de Galicia (en castelán)
  79. Kiosco Alfonso
  80. Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga
  81. Fórum Metropolitano
  82. Sala de exposicións do Palacio Municipal
  83. AFundación
  84. Palacio de Exposicións e Congresos - Palexco
  85. Club Financiero Atlántico
  86. La Opinión (A Coruña). "La Universidad aumenta un 6% el número de matriculados 2010/2011" (en castelán). 
  87. Quintía, Rafa (16 de febreiro de 2012). "Uns apuntamentos sobre o entroido galego". Consultado o 6 de decembro de 2015. 
  88. El improvisado disfraz de un «choqueiro» gallego
  89. 'Choqueiros', desenfado y pasión para cerrar el carnaval más coruñés
  90. "Las Hogueras de San Juan de A Coruña, de Interés Turístico Internacional". Europapress (en castelán). 21 de maio de 2015. Consultado o 24 de outubro de 2015. 
  91. "Un poco de historia de nuestra comisión promotora". Hogueras de San Juan. Consultado o 6 de decembro de 2015. 
  92. Gutiérrez, J. M. (25 de setembro de 2013). "San Juan será festivo local en A Coruña desde 2014". La Opinión de A Coruña (en castelán). 
  93. La Virgen del Carmen recorre la ciudad
  94. Imaxes
  95. Fontán, David. "Un año más de feria medieval". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 6 de decembro de 2015. 
  96. "Mostrart". Consultado o 24 de outubro de 2015. 
  97. NO-DO del 18 de septiembre de 1950. 18 de setembro de 1950. Consultado o 6 de decembro de 2015. 
  98. Parque de Santa Margarita
  99. Mamá Cabra inaugura las fiestas de Monte Alto que hoy continúan
  100. Eirís busca el origen de su fiesta
  101. El pregón de Xulio Ferreiro abre las fiestas de Os Castros que lanzará el globo el sábado
  102. Camela cancela su recital previsto para hoy en Os Castros por falta de pago
  103. "El 'Blue Marlin' inicia el transporte del 'Canberra' de A Coruña a Melbourne" (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2015. 
  104. "Fomento prevé dobrar o número de carrís nun tramo de Afonso Molina - La Opinión A Coruña". 
  105. Rodríguez, Ana (25 de novembro de 2015). "Fomento y Concello pactan revisar los datos de tráfico de Lavedra para cerrar el proyecto". La Opinión de A Coruña. Consultado o 27 de novembro de 2015. 
  106. Proxecto da estación Intermodal da Coruña
  107. "Alvedro é o Aeroporto que máis creceu, máis dun 51,8%". 
  108. "Saídas directas" (PDF). 
  109. "Alvedro crece un 200% desde 2004" (PDF). 
  110. Compañía de Tranvías da Coruña
  111. Posición dos buses e tempo de espera en cada parada
  112. Tranvías da Coruña, posición dos buses e horarios
  113. "Y el bus ya para en Meicende". La Voz de Galicia. 1 de maio de 2015. Consultado o 6 de decembro de 2015. 
  114. Liñas de autobús, percorridos
  115. Proxecto do Metro Lixeiro da cidade da Coruña
  116. El Ayuntamiento aplaza el reinicio del tranvía hasta el fin de las obras previstas en el paseo
  117. Tranvía turístico (suspendido o servizo ata novo aviso)
  118. Tarxeta Millenium (en castelán)
  119. Bicicoruña, aluguer de bicis.
  120. A Coruña estrea a primeira rede intelixente de cargadores eléctricos para vehículos na súa aposta pola sustentabilidade e a mellora da calidade do aire.
  121. MOBEGA. Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga).
  122. Páxina web Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa)
  123. Xunta de Galicia, Augas de Galicia EDAR de Bens (A Coruña)
  124. Páxina Web de Albada, planta de tratamentos de residuos da Coruña
  125. "Tower of Hercules". UNESCO (en inglés). Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  126. Artigo do xornal O Xornal sobre o Paseo Marítimo da Coruña
  127. Asociación Zona Obelisco
  128. El resurgir de una referencia comercial
  129. Rodríguez, Rubén D. (25 de maio de 2015). "El Soho que limpió el ´barrio chino´". La Opinción da Coruña (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2015. 
  130. Uno de cada cinco locales de las cuatro principales calles comerciales está vacío
  131. Distrito Picasso
  132. La clientela del barrio consigue evitar los cierres en la calle de Barcelona
  133. A Coruña es la ciudad con la calle comercial más transitada de Galicia
  134. Mercados municipais
  135. Un camino iniciado por Carrefour y Alcampo en 1985 que llegó a Carballo siete años después
  136. Guía de empresas
  137. Escudero Gómez, Luis Alfonso. "Los centros comerciales de A Coruña, nuevos lugares de ocio y de compra". Treballs de la Societat Catalana de Geografia (en castelán) XII (45). Consultado o 28 de decembro de 2015. 
  138. El centro comercial Dolce Vita ultima los detalles para su apertura
  139. La ciudad sumará con Espacio Coruña su décimo centro comercial
  140. Marineda City abre puertas
  141. Cierra el segundo centro comercial más grande de A Coruña
  142. Los Cantones Village
  143. El Puerto Centro Comercial y de Ocio
  144. El centro de ocio se abrirá al mar
  145. Centros comerciais
  146. Relación de playas galardonadas con la Bandera Azul 2015.
  147. Malvido, Gemma (16 de maio de 2014). "A praia de Oza perde a súa bandeira azul porque a calidade da auga non é ´excelente´". La Opinión de A Coruña. Consultado o 24 de outubro de 2015. 
  148. Karbo Deportivo, las guerreras blanquiazules del balón
  149. Karbor, las futbolistas que ganaron a los hombres
  150. Liceo Caixa Galicia
  151. Calendario de Liga 2014-2015
  152. El Club
  153. "A Coruña se hermanará con Cádiz la víspera del Día de la Pepa". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de marzo de 2005. Consultado o 24 de outubro de 2015. 
  154. 154,0 154,1 Os irmanamentos dos concellos en Galicia.
  155. 155,0 155,1 155,2 "Sabías que?" (PDF). #Coruña se mueve (Turismo Coruña) (5): 67. setembro/outubro de 2013. Consultado o 24 de outubro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Coruña Modificar a ligazón no Wikidata
Escudo de A Coruña.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • González-Cebrián Tello, José (1984). La ciudad a través de su plano. La Coruña (en castelán). Concello da Coruña. ISBN 9788450099904. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]