Constantino Armesto Cobián
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1823 Pontevedra |
| Morte | 28 de decembro de 1899 Madrid |
| 1887 – 1888 | |
| 1886 – 1887 | |
| 1881 – 1881 | |
| 1881 – 1881 | |
| 6 de xuño de 1874 – 15 de decembro de 1874 | |
| 1874 – 1875 | |
| 1872 – 1872 | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político, xornalista |
| Partido político | Partido Liberal Fusionista |
| Familia | |
| Parentes | Víctor Said Armesto, neto Indalecio Armesto, sobriño |
Constantino Armesto Cobián, nado en Pontevedra en 1823 e finado en Madrid o 28 de decembro de 1899[1], foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fundou La Revista, un dos primeiros periódicos de Pontevedra e, en 1859, El Propagandista, periódico republicano federal. Foi colaborador de El Progreso, La Voz del Pueblo e El Derecho. Fundou o Partido Republicano de Pontevedra. Trasladouse a Madrid, onde escribiu en La Democracia, El Crédito, La Discusión e traballou como redactor de La Capital de Pi i Margall. Tomou parte activa nos sucesos da Revolución de 1868, que deron lugar ao Sexenio Democrático. Despois militou no Partido Liberal e foi gobernador civil de Ourense, Xirona (1874), Guipúscoa, Lugo (1881), Alacant (1886) e Córdoba (1888). Foi elixido deputado polo distrito de Ponteareas en 1872 e volveu ser elixido polo mesmo distrito en 1881, aínda que o 9 de abril de 1883 foi anulada a elección por sentenza do Tribunal de actas graves.
Asinou co sobrenome "El lindo don Diego".
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Era tío de Indalecio Armesto e avó de Víctor Said Armesto.
Notas
[editar | editar a fonte]| Predecesor: Vicente de Fuenmayor |
Gobernador civil de Xirona 1874 |
Sucesor: Constancio Gambel Aybar |
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Constantino Armesto Cobián |