Rogelio Caridad Pita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRogelio Caridad Pita
Biografía
Nacemento1874 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de novembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosXosé Caridad Mateo, Francisco Caridad Mateo Editar o valor em Wikidata

Rogelio Caridad Pita, nado na Coruña en 1874 ou 1875 e finado en Ferrol o 9 de novembro de 1936, foi un militar galego, fusilado polos franquistas aos poucos meses de comezar a Guerra Civil pola súa oposición á sublevación do 18 de xullo de 1936 na Coruña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou no exército aos 17 anos. De tendencias republicanas, foi considerado habitualmente tamén masón, aínda que existen autores que o desmenten[1]. En 1931, ao proclamarse a República, o Gobernador militar da Coruña ordenou ao entón coronel Caridad Pita, sacar as tropas á rúa. En troques, o coronel saíu só e en coche descuberto, a modo de acatamento da vontade popular. Tras ser sufocada a revolución de 1934 en Asturias, foi enviado a Xixón, caracterizándose por unha posición conciliadora.

En xullo de 1936, Caridad Pita estaba destinado na Coruña, como gobernador militar e xefe da 15ª Brigada de Infantaría, ás ordes do xeneral Enrique Salcedo, xefe da VII División Orgánica, que fora nomeado polo goberno radical-cedista o 7 de febreiro, antes das eleccións.

Tumba de Rogelio Caridad Pita no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Na tarde do venres 17 chegaron a Galicia noticias do golpe de Estado en Marrocos. Durante a fin de semana, houbo unha tensa espera. As autoridades militares da Coruña (o xeneral Salcedo, conservador pero leal á legalidade, e o xeneral Caridad Pita) aseguráronlle ao gobernador civil, Francisco Pérez Carballo, a súa lealdade á República, malia que o primeiro recibira na noite do 18 de xullo un telegrama de Gonzalo Queipo de Llano cominándoo a que se unise á sublevación e logo unha chamada telefónica, o día 19, do xeneral Emilio Mola. Con todo, durante a mañá do luns 20, oficiais sublevados detiveron os xenerais Salcedo e Caridad Pita (cando este pretendía abortar a sublevación do Rexemento de Infantaría de Zamora número 54, presentándose no seu cuarto de bandeiras, foi detido polo coronel Martín Alonso, ao mando do rexemento, o cal participara xa na sanjurjada de 1932 e fora reposto no mando durante o bienio radical-cedista).

Permaneceu dous días retido no cuarto de bandeiras do Rexemento de Zamora, sendo posteriormente trasladado ao castelo de San Diego da Coruña. Procesado por un consello de guerra (24 de outubro de 1936, en Ferrol), e acusado de traizón, Caridad Pita foi condenado a morte e fusilado, xunto co xeneral Enrique Salcedo o 9 de novembro no castelo de San Felipe, en Ferrol[2]. Tras combater no exército republicano, os seus fillos Carlos, Francisco, José Caridad Mateo, Rogelio e Vicente, foron ao exilio trala fin da Guerra[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Recensión do libro El ejército y la Masonería Arquivado 27 de agosto de 2006 en Wayback Machine., na que o seu autor, Manuel de Paz Sánchez, afirma que Caridad Pita, do mesmo xeito que outros militares habitualmente considerados masóns, carece de expediente ó efecto no Archivo General de la Guerra Civil Española de Salamanca.
  2. "Nota de la plaza". El Correo Gallego. 10 de novembro de 1936. p. 1. 
  3. Repertorio bibliográfico do exilio galego: Unha primeira achega, setembro de 2001.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]