Alejandro Barreiro Noya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Alejandro Barreiro Noya
1915 Almanaque Gallego p. 113 Don Alejandro Barreiro y Noya, director de La Voz de Galicia, notable diario de la ciudad de la Coruña.jpg
Nacemento 4 de xuño de 1874
  Santiago de Compostela
Falecemento 22 de novembro de 1948
  A Coruña
Nacionalidade España
Ocupación xornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Alejandro Barreiro Noya, nado en Santiago de Compostela o 4 de xuño de 1874 e finado na Coruña o 22 de novembro de 1948, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Coruña e Santiago de Compostela. Iniciou a súa carreira xornalística en La Voz de Galicia, do que foi director de 1914 a 1937. Publicou contos de xénero costumista e versos en galego e castelán. En 1905 foi designado primeiro Secretario da Asociación da Prensa da Coruña, contribuíndo á súa fundación. Colaborou na prensa de España e América e foi correspondente de Diario de la Marina da Habana, do Diario Español de Buenos Aires e dos xornais madrileños El Imparcial, El Liberal, La Tribuna, ABC, e Blanco y Negro; tamén colaborou en La Hoja del Lunes da Coruña.

Secretario da Real Academia Galega, pertenceu tamén á Academia Provincial de Belas Artes da Coruña e á de San Telmo de Málaga. Membro de Honra da American Society of Heraldy.

Tralo Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, La Voz de Galicia, que el dirixía, non deu a noticia de forma triunfal, sendo multado e apartado temporalmente do posto, ata que foi cesado definitivamente o 11 de agosto de 1937, substituíndolle o falanxista cántabro Maximiano García Venero. A partir de entón quedou como colaborador do xornal, asinando os seus traballos cos pseudónimos de Herculano e Santiago del Burgo.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Del arte gallego. Exposición Regional 1917: Bocetos de crítica (La Voz de Galicia, 1917), con prólogo de Antón Villar Ponte.[2]
  • Del Arte en Galicia (c. 1925; prólogo de Antón Vilar Ponte).
  • A través de Asturias (libro de viaxes).
  • De Galicia y de los gallegos (1942).[3]
  • "Prólogo" ás Obras completas de Alejandro Pérez Lugín (Madrid, 1945).
  • "Betanzos de los Caballeros. Semblanza moderna de un pueblo secular" (premio nos Xogos florais de Betanzos de 1946).[4][5]
  • Marineda. Monografía de la reunión de artesanos de La Coruña (1947).
  • La ruta de la Casa de la Troya. Estampas, sugestiones y recuerdos (Eneos, 1948).[6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Encomenda de Isabel A Católica, Gran Cruz de Wassa (Suecia) e Palmas Académicas de Francia.
  • Premio Pérez Lugín da Asociación da Prensa da Coruña en 1942 por De Galicia y de los gallegos

Dende 1968 unha rúa do barrio da Gaiteira, da Coruña, leva o seu nome.[7]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Co mestre Chané na casa de Francisco Tettamancy en 1912. De pé: Bernardino Álvarez, Robustiano Faginas, Francisco Tettamancy, Modesto Garrido e Florencio Vaamonde. Sentados: Bernardo Faginas, Barreiro, Chané, Manuel Murguía e Uxío Carré Aldao. No chan: Emilio, fillo de Chané. 
Exposición no Palacio de María Pita, en 1917. De esq. a der., de pé: Tella, Abelenda, Barreiro, Sobrino, Palacios, Seijo, Sotomayor, Lloréns, Castelao, Concheiro, Francés, Madariaga (co chapeu nas mans), González del Villar e dúas persoas sen identificar. Sentados: a muller de Francés, a Pardo Bazán e Picadillo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Durán, José Antonio (2004). "Corenta anos de periodismo". Atando cabos. USC. pp. 39–43. ISBN 84-9750-400-3. 
  2. Del arte gallego. Exposición Regional 1917 ficha en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
  3. "Noticias. El premio 'Pérez Lugín' a don Alejandro Barreiro". Boletín de la Real Academia Gallega (en castelán) (269-270): 215. 
  4. Publicado na revista do Centro Gallego de Buenos Aires en 1947 e no número un do Anuario Brigantino (1948). Vales Vía, José-Domingo (2014). "Juegos Florales de Galicia (IV): Juegos Florales de Betanzos (1946)" (PDF). Anuario Brigantino (37): 445–456. 
  5. Barreiro, Alejandro (1948). "Betanzos de los Caballeros. Semblanza moderna de un pueblo secular" (PDF). Anuario Brigantino (1). 
  6. La Ruta de la Casa de la Troya imaxe da portada.
  7. Fernández, Carlos (25/11/2004). "Un periodista histórico. Barreiro fue director de La Voz, escritor y académico. Desde 1968, da nombre a una calle de A Gaiteira". La Voz de Galicia (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]