Terceira división española de fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Terceira División
Fundación 1929
Rexión España España
Equipos 18 grupos de 20 equipos e 1 grupo de 22 equipos
Ascenso Segunda División B
Descenso Preferente Autonómica (en Galicia)
Organizador RFEF
Sitio web www.rfef.es
Soccerball current event.svg Terceira División 2016–17

A Terceira División é a cuarta categoría da Liga española de fútbol. É a división inmediatamente inferior á Segunda División B e por encima das divisións rexionais, a Preferente no caso de Galicia, polo que se considera a última categoría nacional de liga española.

Foi creada en 1929 e é unha categoría non profesional. Está formada por 18 grupos, e o Grupo I corresponde ós equipos de Galicia.

Historia[editar | editar a fonte]

A Terceira División creouse na tempada 1929–30, é dicir, a partir da segunda edición da Liga española de fútbol. Historicamente era a terceira categoría da liga española, por baixo da Segunda División. Na tempada 1977–78, coa creación da Segunda División B, pasou a ser a cuarta categoría da liga española[1].

A súa estrutura, así como o número de grupos e equipos participantes cambiou en múltiples ocasións ao longo da historia.

Na súa primeira edición, a fase previa distribuía a 33 equipos en 8 grupos diferentes, dos cales foron campións: Club Gijón, Barakaldo CF, Atlético Aurora Pamplona, Patria Zaragoza, CD Castellón, Sporting Sagunto, Cartagena FC e Recreativo de Huelva. Xa na fase eliminatoria, o Castellón converteuse no primeiro campión da categoría ao vencer por un apertado 3-2 fronte ao Recreativo de Huelva.

A Terceira División foi suprimida en 1934 e non volveu porse en marcha ata a tempada 1940–41, xa pasada a guerra civil, aínda que foi suprimida outra vez ao remate desa mesma tempada, quedando substituída pola primeira categoría rexional[2]. Con todo, dous anos despois, para a tempada 1943–44, foi novamente recuperada[2].

A última gran reestruturación aconteceu na tempada 1980-81, cando foron creados novos grupos e se fixo unha distribución autonómica dos mesmos, aínda que foron precisas varias tempadas para acadar a distribución actual.

Sistema de competición[editar | editar a fonte]

Grupos da Terceira división

Actualmente compiten 364 clubs en Terceira división, repartidos en 18 grupos, na maioría dos cales participan 20 equipos. Cada grupo corresponde a unha Federación territorial e, polo tanto, a unha Comunidade Autónoma, excepto no caso de Andalucía, que se divide en dous grupos (9 e 10). Os clubs das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, no norte de África, compiten cos da Federación Andaluza de Fútbol, nos grupos 10 e 9 respectivamente.

O sistema de competición é o mesmo que no resto de categorías da Liga española de fútbol. Dispútase anualmente, empezando a finais do mes de agosto ou principios de setembro e terminando no mes de maio ou xuño do seguinte ano.

Os equipos de cada grupo enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións -unha en campo propio e outra en campo contrario- sumando un total de 38 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición. O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma unidades, e en caso dun empate hai un punto para cada equipo.

Ao termo da tempada o equipo que acumula máis puntos proclámase campión de Terceira División (hai 18 campións cada tempada, un por grupo).

Promoción de ascenso[editar | editar a fonte]

Unha vez finalizada a tempada regular, os catro primeiros clasificados de cada grupo disputan a promoción de ascenso a Segunda División B.

Este play-off consta de tres roldas de eliminación directa, a dobre partido (ida e volta). Os campións enfróntanse nunha primeira eliminatoria e o gañador ascende directamente a Segunda B. Os segundos clasificados enfróntanse aos cuartos, e os terceiros xogan entre eles, todos a dobre partido. Os gañadores e os campións de grupo perdedores da primeira eliminatoria xogan novamente a dobre partido. Os gañadores desta enfróntanse entre eles nunha terceira rolda, na que os gañadores ascenden a Segunda B.

Equipos participantes[editar | editar a fonte]

Modelo:Terceira División G7

Modelo:Terceira División G13

Modelo:Terceira División G15

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Máis tempadas[editar | editar a fonte]

Posto Equipo Tempadas
Murcia Imperial 59
Arenas de Getxo 58
Tudelano 55
Atlético Baleares 53
Eldense 53
Constància 52
Lemos 51
Cacereño 51
Mirandés 50
10º Manacor 49
Racing de Santander B 49
Actualizado ata a tempada 2011/12.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

OUtros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]