Espacio Coruña
Espacio Coruña | |
---|---|
Fundación | 20 de outubro de 2009 |
Matriz | Multi Development Spain (2009 - 2013) Eneas Real Estate (2013 - 2017) Inbisa (2017 - actualidade) |
Localización | R/ Xosé Pascual López Cortón, 10 15008 A Coruña Galiza |
Industria | Servizos |
Número de empregados | 700 |
Na rede | |
http://espaciocoruna.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Espacio Coruña é un centro comercial e de lecer da cidade da Coruña.
Características
[editar | editar a fonte]O centro comercial foi inaugurado o 20 de outubro de 2009 despois de tres anos de obras e cun orzamento de 120 millóns de euros[1]. Ten 41.000 metros cadrados, un supermercado de Mercadona, praza con zona de lecer infantil e 8 salas de cine, unha delas con pantalla tridimensional e efectos especiais. O Centro comercial ten prazas de aparcadoiro para 2.000 carros.
En maio de 2013 o centro comercial foi mercado por Eneas Real Estate[2]. En outubro de 2013 o centro pasou a estar xestionado por Blackstone[3]. En agosto de 2017 volveu mudar de donos tras ser mercado polo grupo vasco Inbisa.[4]
CC Espacio Coruña ten Certificado Medioambiental, Certificado Final Breeam e Certificado de accesibilidade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "55.000 personas llenaron ayer Espacio Coruña" Arquivado 20 de outubro de 2010 en Wayback Machine., artigo en Corunopolis, 21 de outubro de 2009 (en castelán).
- ↑ "El grupo Eneas compra Espacio Coruña tras estudiar hacerse con otros centros", artigo de Sonia Dapena en El Ideal Gallego, 20 de maio de 2013 (en castelán).
- ↑ Opinion A Coruña (ed.). "Un fondo de inversión se hace con la gestión de Espacio Coruña". Consultado o 9 de outubro de 2013.
- ↑ Rodri García (2017-08-05). "Espacio Coruña cambia otra vez de dueños al comprarlo el grupo Inbisa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-10-08.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |