Ramón Cueto Noval

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ramón del Cueto")

Ramón Cueto Noval, coñecido como Ramón del Cueto[1], nado en Asturias en 1858 e finado na Coruña o 27 de febreiro de 1928[2], foi un enxeñeiro de minas e xornalista vinculado a Galiza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pertencía ao Corpo de Enxeñeiros de Minas. Foi nomeado xefe do distrito mineiro da Coruña e Lugo, pasando a vivir na Coruña, onde fundou o Boletín de la Cámara Minera, colaborou en La Voz de Galicia, El Ideal Gallego e América-Galicia e dirixiu tamén a revista Galicia Industrial y Comercial. Foi vicepresidente do Sindicáto Cámara Agrícola da Coruña, tenente-alcalde do Concello da Coruña e membro do Consejo Provincial de Fomento. Foi nomeado fillo adoptivo de Ribadeo polos seus estudo e xestións e favor da minería do concello, e foille concedida a Cruz de Afonso XII.

Obra[editar | editar a fonte]

  • La minería en Galicia; A Coruña, 1910, con Antonio de Irimo.
  • Historia, situación actual y solución para su desarrollo; A Coruña, 1919.
  • Impresiones sobre la minería en Galicia; A Coruña, 1922.
  • Minería en generalidades de la geografía de Galicia; Barcelona, s.d.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Galicia Industrial y Comercial, 23, febreiro de 1928, p. 12.
  2. El Orzán, 28-2-1928, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]