Marcelo Azcárraga Palmero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marcelo Azcárraga Palmero
Presidente do Consello de Ministros
Período8 de agosto ao 4 de outubro de 1897
Período23 de outubro de 1900
AntecesorFrancisco Silvela
SucesorPráxedes Mateo Sagasta
Período16 de decembro de 1904
AntecesorAntonio Maura
SucesorRaimundo Fernández Villaverde
Ministro de Mariña de España
Período23 ao 31 de outubro de 1900
AntecesorFrancisco Silvela
SucesorJosé Ramos-Izquierdo
Período16 de decembro de 1904 ao 6 de xaneiro de 1905
AntecesorJosé Ferrándiz y Niño
SucesorEduardo Cobián y Roffignac
Ministro de Guerra de España
Período5 de xullo de 1890 ao 11 de decembro de 1892
AntecesorEduardo Bermúdez Reina
SucesorJosé López Domínguez
Datos persoais
Nacemento4 de setembro de 1832
 Manila, Capitanía Xeneral de Filipinas
Falecemento30 de maio de 1915
 Madrid
OrganizaciónPartido Conservador
CónxuxeMargarita Fesser Diago
FillosMargarita, Carlos, María, José María e Carmen.
Alma máterUniversity of Santo Tomas e Philippine Merchant Marine Academy
ProfesiónMilitar e político
editar datos en Wikidata ]

Marcelo de Azcárraga Palmero, nado en Manila o 4 de setembro de 1832 e finado en Madrid o 30 de maio de 1915 foi un militar e político español, presidente do Consello de Ministros en tres ocasións durante o reinado de Afonso XIII.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Manila,[1] Filipinas, fillo do xeneral José Azcárraga, natural de Biscaia, e de María Palmero, unha mestiza filipina de Albay.

Estudou dereito na Universidade de Santo Tomás, en Manila, e entrou despois na Escola de Náutica, onde obtivo o primeiro premio en matemáticas. O seu pai enviouno a España para asistir á academia militar e en tres anos obtivo a graduación de capitán. Aos vinte e tres anos foi condecorado coa Cruz de San Fernando. Foi enviado a varias colonias de España: formou parte do corpo expedicionario comandado por Prim en Cuba e participou na campaña de San Domingos, volvendo a España en 1866. Posteriormente regresou a Cuba e casou cunha das fillas da adiñeirada familia Fesser, propietaria e fundadora do Banco y Casa de Fessner Seguros.

Etapa política[editar | editar a fonte]

El parto de don Marcelo, por Joaquín Xaudaró (Gedeón, 1904).

Tras tomar parte no derrocamento de Espartero en 1856, foi destinado a Cuba antes de representar a España na embaixadad de México. En 1866 foi ascendido a coronel polo seu comportamento leal. Dous anos despois adheriuse ao movemento que destronou a Isabel II e foi ascendido a brigadier e nomeado subsecretario de guerra. Dimitiu deste cargo durante os primeiros anos da República.

Partidario da Restauración borbónica, apoiou a proclamación de Afonso XII como rei de España. Como membro do Partido Conservador mantívose activo politicamente durante esa época, sendo elixido senador vitalicio, e administrou o ministerio da Guerra baixo os gobernos de Cánovas del Castillo e Silvela. Tralo asasinato de Cánovas o 8 de agosto de 1897 converteuse en presidente interino goberno de España ata o 4 de outubro mantendo a carteira de Guerra.[2] Ocupou o cargo dúas veces máis de xeito interino e foi considerado un presidente de transición.

Tras retirarse do exército en setembro de 1904,[3] foi nomeado cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, pola súa defensa da monarquía e por manter España en relativa paz.

Faleceu o 30 de maio de 1915 en Madrid[4] e foi enterrado na Sacramental de Santo Isidro.[5]

Honra[editar | editar a fonte]

En 1896 o concello da Coruña decidiu dedicarlle ao Xeneral a praza da Fariña, polo seu apoio á restitución á cidade da Capitanía Xeneral.[6]


Predecesor:
Antonio Cánovas del Castillo
 
Presidente do Consello de Ministros de España
 
1897
Sucesor:
Práxedes Mateo Sagasta
Predecesor:
Francisco Silvela
 
Presidente do Consello de Ministros de España
 
1900 - 1901
Sucesor:
Práxedes Mateo Sagasta
Predecesor:
Antonio Maura Montaner
 
Presidente do Consello de Ministros de España
 
1904 - 1905
Sucesor:
Eugenio Montero Ríos

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anónimo 1911, p. 342.
  2. "Parte oficial" (PDF). Gaceta de Madrid (en castelán) III (Madrid). 9 de Agosto de 1897. Consultado o 29-4-2020. 
  3. Varios autores 1922, p. 355.
  4. "Muerte del general Azcárraga". El Heraldo de Madrid (8946): 1. 30 de maio de 1915. ISSN 2171-0090. 
  5. "Fallecimiento del general Azcárraga: El desfile". La Correspondencia Militar (11.459): 3. 31 de maio de 1915. ISSN 1132-6441. 
  6. Gutiérrez, J. M. "Plaza de Azcárraga". La Opinión de A Coruña (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]