Severino Chacón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Severino Chacón
Severino Chacón Bergueiro, secretario general de la Federación Tabaquera Española. Mundo Gráfico, 15.5.1929.jpg
Nacemento14 de novembro de 1884
Lugar de nacementoParada
Falecemento31 de xullo de 1978
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista
editar datos en Wikidata ]

Severino Chacón Bergueiro, nado en Parada (A Estrada) o 14 de novembro de 1884 e finado en Madrid o 31 de xullo de 1978, foi un sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dunha familia de campesiños, traballou como canteiro en Ferrol (1897) onde entrou en contacto coas organizacións obreiras. Trasladouse a Coruña en 1903 e converteuse en referente sindical. En 1905 emigrou a Cuba e militou na Agrupación Socialista da Habana. Retornou a Galicia en 1908 pero regresou moi pronto á Habana. Foi expulsado de Cuba en xullo de 1911. En 1916 constituíu na Coruña a Unión Tabacalera, primeiro sindicato de clase das cigarreiras da Fábrica de Tabacos. Foi candidato nas eleccións á alcaldía de 1917 pola Agrupación Socialista da Coruña. En 1918 a Unión Tabacalera federouse na UGT baixo a súa influencia. Deixou o PSOE en 1921 formando parte do Partido Comunista Obrero Español que pouco despois se integrou no PCE. Presidiu desde A Coruña a Federación Tabaquera Española, de carácter autónomo, e na que se integrou o persoal das fábricas de tabacos do Estado.

O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno na Coruña, onde estivo agochado un ano, antes de fuxir por mar cara a zona republicana. Pasou a Valencia e incorporouse á UGT. Exiliado en Francia en 1939, formou parte da Executiva Federal da UGT no exilio francés. Logo marchou a Santo Domingo (1939-1940), Venezuela (1940-1946), regresou a Francia (1946-1950), marchou a Checoslovaquia (1950) e volveu a Venezuela (1950-1967). Retornou a Madrid en 1967, onde faleceu en 1978.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Romero Masiá, Ana (2003). Fundación Luís Tilve, ed. Severino Chacón: líder sindical do mundo do tabaco. Santiago de Compostela. ISBN 84-95773-02-3. 
  • Romero Masiá, Ana (2007). Fundación Luís Tilve, ed. "Severino Chacón Bergueiro". Claridade. setembro (Especial homenaxe): 87–93. Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]