Fernando Martínez Morás
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 31 de maio de 1885 A Coruña, España |
| Morte | 11 de setembro de 1937 León, España |
| Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista |
| Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1926–1937) Real Academia Galega (membro correspondente) (1908–1926) |
| Familia | |
| Pai | Andrés Martínez Salazar |
| Irmáns | Marcelino Martínez Morás Andrés Martínez Morás |
Fernando Martínez Morás, nado na Coruña o 31 de maio de 1885 e finado en León o 11 de setembro de 1937, foi un xeógrafo e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Naceu na Coruña, sendo fillo de Andrés Martínez Salazar e Petra Morás Suevos. Estudou na Escola Superior de Comercio da Coruña e foi un dos pioneiros do fútbol na cidade, actuando como defensa no Corunna Foot Ball Club, futuro Real Club Coruña.[2][3] Máis tarde ampliou os seus estudos en Londres e Oxford grazas a unha bolsa do Estado concedida en 1907.[2]
Foi comisario pola Coruña na Exposición Rexional de 1909 e concelleiro da Coruña.[2] Ingresou na Real Academia Galega o 20 de novembro de 1926 co discurso La toponimia de Galicia, respondido por Eladio Rodríguez González[4]. Foi secretario da Real Academia Galega dende 1927 e mestre de xeografía económica na Escola de Comercio da Coruña. Tamén traballou como redactor de La Voz de Galicia e publicou artigos no Boletín de la Real Academia Gallega e noutras revistas de historia e literatura.
Amais de á RAG, pertenceu a outras institucións, como a Comisión Provincial de Monumentos, a Real Academia Provincial de Belas Artes e foi secretario do Instituto de Estudios Gallegos. Tamén foi un dos fundadores e o presidente da Universidade Popular da Coruña, nada no seo do Círculo de Artesáns e que tiña como obxectivo formar de xeito gratuíto á clase obreira.[2] Presidiu tamén a Sociedade Filharmónica da Coruña, a Asociación da Prensa Local e a Federación de Xornalistas do Norte e Noroeste de España.[2]
Morreu por mor dun accidente de tráfico, mentres cubría como xornalista a guerra civil española[5].
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou coa pianista Dora Castillo, irmá da tamén músico Pilar Castillo.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]
- Las alarmas de Galicia, 1908.
- La Junta Superior de Subsidios, Armamento y Defensa del Reino de Galicia, 1908.
- Medios prácticos de fomentar entre la juventud el amor al estudio y el alejamiento de aquellos lugares en que puedan peligrar su honradez y buenas costumbres, 1916.
- Guía del turista, 1926.
- La región gallega. Notas geográfico-económicas, 1926, en colaboración con María de los Ángeles Lens de Patiño.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Recepción de Castelao na Real Academia Galega na Coruña o 25 de xullo de 1934.
- 1 2 3 4 5 6 "Fernando Martínez Morás". Real Academia Galega. Consultado o 19 de xuño de 2025.
- ↑ Novo, Lois (2 de decembro de 2024). "La plaza de toros: Corridas, carreras, combates y un empujón al ‘foot-ball’". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2025.
- ↑ Martínez Morás, F. (1962). La toponimia de Galicia. Real Academia Galega.
- ↑ "En un sensible accidente pierde la vida un camarada". El Pueblo Gallego. 12 de setembro de 1937. p. 1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando Martínez Morás |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, A. (1952). "MARTÍNEZ MORÁS, Fernando". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 386.
- "Martínez Morás, Fernando". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Artigos de Fernando Martínez Morás no Boletín da RAG". Real Academia Galega.
- Membros de número da Real Academia Galega
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Xornalistas da Coruña
- Nados na Coruña
- Nados en 1885
- Finados en 1937
- Finados en accidente de tráfico
- Membros correspondentes da Real Academia Galega
- Concelleiros da Coruña
- Futbolistas da Coruña
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Real Club Coruña