Ponteceso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°14′35.53″N 8°54′2.43″O / 43.2432028, -8.9006750

Ponteceso
Bandeira de Ponteceso
Escudo de Ponteceso
Ponteceso desde Monte Branco, Ponteceso.jpg
Vista xeral de Ponteceso dende o Monte Branco.
Situacion Ponteceso.PNG
Situación
Xentilicio[1]pontecesán
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Bergantiños
Poboación5.429 hab. (2022)[2][3]
Área91,97 km²[3]
Densidade59,03 hab./km²
Entidades de poboación14 parroquias[4]
Política (2019[5])
AlcaldeLois García Carballido (PSOE[6])
Concelleiros
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 8
Outros: APIN 2
Eleccións municipais en Ponteceso
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes86,78%
Na rede
www.ponteceso.net
editar datos en Wikidata ]

Ponteceso é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños.

Segundo o IGE no ano 2018 tiña 5.565 habitantes (5.789 no ano 2015, 6.065 no 2012, 6.134 no 2011, 6.215 no 2010).

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pontecesán».

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

Limita cos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco e Malpica de Bergantiños. Está formado por 14 parroquias, sendo as máis poboadas as de Tella (1.102 habitantes no 2018), Corme Porto (1.077 habitantes no 2018) e Cospindo (679 habitantes no 2018). Os centros médicos atópanse no lugar de Ponteceso e en Corme Porto, onde se sitúa tamén o único porto pesqueiro do concello.

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 5.789 (2015)
Menores de 15 anos 515 (8.9 %)
Entre 15 e 64 anos 3.481 (60.13 %)
Maiores de 65 anos 1.793 (30.97 %)
Evolución da poboación de Ponteceso   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
6.987 8.517 9.323 8.714 6.810 6.302 6.134 6.065 5.964 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Casa consistorial.

Cultura[editar | editar a fonte]

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo da vila provén do latín Ponte caesa (que significa Ponte pechada ou cortada). Algúns historiadores afirman que o topónimo débese a que a ponte orixinal, de orixe romana que unía os actuais municipios de Cabana de Bergantiños e Ponteceso, se derrubou dando lugar ao nome ponte caesa (ponte cortada).[Cómpre referencia]

O primeiro censo no que se nomea o concello co nome de Ponteceso é o de 1877. Anteriormente o concello foi coñecido co nome de Bugalleira.[8]

Etnografía[editar | editar a fonte]

Festas e celebracións[editar | editar a fonte]

En Ponteceso celébranse multitude de festas de toda índole: relixiosas, pagás e gastronómicas.

Na primeira semana de xullo celébrase a Festa do percebe, e o segundo fin de semana de setembro celébrase a festa da Barquiña que é a festa principal do concello sendo o luns e o martes días festivos locais.
Outras festas relevantes son a da Virxe do Faro, celebrada o 8 de setembro, e a de San Bernardo da Graña, celebrada o 20 de agosto. Ademais no Día das Letras Galegas celébranse varias actividades culturais no Couto.

Entre as festas destacan:

Capela Virxe do Faro

Economía[editar | editar a fonte]

A agricultura en Ponteceso ten certa importancia, con cultivos como millo e pataca. Nos últimos anos o municipio desarrollou un bo sector turístico arredor da vila mariñeira de Corme. Na capital pontecesán o comercio e os servizos son as actividades maioritarias. As capturas de diversos mariscos, como por exemplo o percebe, son tamén importantes para a economía local.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Ponteceso".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. "Resultados eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 28 de maio de 2019. 
  6. Concello de Ponteceso na FEGAMP
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España. "Variaciones de los municipios de España desde 1842." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xaneiro de 2015. Consultado o 30 de abril de 2014. (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ponteceso

Anllóns (San Fins) | Brantuas (San Xián) | Cores (San Martiño) | Corme Aldea (Santo Adrán) | Corme Porto (Nosa Señora dos Remedios) | Cospindo (San Tirso) | A Graña (San Vicenzo) | Langueirón (San Xián) | Nemeño (San Tomé) | Niñóns (San Xoán) | Pazos (San Salvador) | Tallo (Santo André) | Tella (Santo Eleuterio) | Xornes (San Xoán)


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.