Logo de traballar na infancia nas labores agrícolas na súa aldea natal, emigrou a Cuba. Na Habana faise cunha formación autodidacta mentres traballa nas plantacións de azucre. Despois dedícase ao xornalismo, mantendo en Eco de Galicia a sección De mi tierra entre 1925 e 1930 e colaborando n' A Nosa Terra. De regreso a Galicia viviu na Coruña. Formou parte das Irmandades da Fala e estivo vencellado á Xeración do 16.
Foi un dos narradores máis salientábeis da promoción das Irmandades da Fala. A súa prosa realista retrata os costumes da xente que lle foi máis próxima, o mundo rural, a emigración, aproveitando para verter a súa experiencia autobiográfica.