Século XII


Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1101 e o 31 de decembro de 1200. Marca o inicio da Baixa Idade Media.
Durante este século en toda a Europa occidental tivo lugar un ciclo demográfico expansivo sostido, que se mantivo no século seguinte.
Galicia
[editar | editar a fonte]Nos principios deste século configurouse a definición actual de Galicia, en contraposición á Gallaecia da Idade Antiga. Coa separación definitiva de Portugal nun reino propio, Galicia establécese coas fronteiras que permaneceron ata os nosos días. O último en gobernar o antigo territorio da Gallaecia foi o conde Raimundo de Borgoña.
Durante este século tanto nas terras galegas como nas dos reinos da Europa occidental o desenvolvemento dos dominios monásticos chega ao seu punto máis álxido. Os mosteiros convertéronse en verdadeiros eixes vertebradores, sociais e económicos.
Este século xunto co seguinte foron os séculos de ouro da peregrinación a Santiago de Compostela
Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |