José Gómez Naveira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Gómez Naveira
Nacemento1906
Lugar de nacementoCarral
Falecementonovembro de 1965
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado
editar datos en Wikidata ]

José Gómez Naveira, nado en Carral en 1906 e finado en Pontevedra en novembro de 1965,[1] foi un fiscal galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aprobou as oposicións ao corpo de fiscais con 22 anos e non puido exercer até cumprir a idade regulamentaria tres anos despois. Foi fiscal en Tenerife, Xaén e A Coruña. Na Coruña foi denunciando e marchou en comisión de servizo a Albacete.

O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 cólleo na Coruña pois acompañaba a súa muller que quería que o seu fillo nacese alí. O 3 de agosto de 1936 foi suspendido de emprego e soldo. Pasou a guerra pechado na súa casa. Foi multado e o seu patrimonio foi espoliado. Non puido volver exercer até 1959, cando puido regresar á carreira, na Audiencia Provincial de Pontevedra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 13-11-1965, p. 8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]