Caracas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caracas
Santiago de León de Caracas
Desde arriba e de esquerda a dereita: Teatro Teresa Carreño, Parque Central, Torres de El Silencio, Palacio Federal Legislativo, vista do oeste de Caracas ao atardecer
Localización
Caracas en Venezuela
Caracas
Caracas
País Venezuela
EstadoDistrito capital
Xeografía
Altitude900 msnm
Superficie433 km²
Demografía
Poboación1 943 901 hab. (2011)
Densidade4.489,3 hab/km²
XentilicioCaraqueño/a
Outros datos
Código postal1010-A
AlcaldeAntonio Ledezma (2008-2012)
alcaldiametropolitana.gob.ve

Caracas, cidade fundada o 25 de xullo de 1567 co nome de Santiago León de Caracas polo explorador español Diego de Losada é a capital da República Bolivariana de Venezuela,[1] e o maior centro administrativo, financeiro, político, comercial e cultural desta nación.

A cidade ten 2 073 768 habitantes e, coa súa área metropolitana chega aos 5 000 000.

Localízase na zona costeira centro-norte do país, a uns 15 km da costa do mar Caribe, dentro dun val montañoso situado entre os 760 e os 910 msnm.

O Parque Nacional Waraira Repano, coñecido como El Cerro Ávila, unha parede de montañas que superan os 2130 m, é o accidente xeográfico que separa a cidade do litoral central, co cal se conecta a través da autoestrada Caracas-La Guaira, que conduce ao estado Vargas, así como ao principal aeroporto internacional (Maiquetía) e ao segundo porto do país (La Guaira).

A primeira autoridade civil, política e administrativa é o alcalde maior de Caracas, titular do Distrito Metropolitano de Caracas, unha entidade de coordinación político-administrativa que agrupa o municipio Libertador do Distrito Capital e os municipios de Baruta, Chacao, El Hatillo e Sucre, do estado Miranda, sen menoscabar a integridade territorial nin as competencias de ambas as entidades federais.

Caracas foi considerada como un dos centros culturais, turísticos, industriais e económicos máis importantes de América Latina.[2][3][4]

Los Barios, Caracas.

Toponimia[editar | editar a fonte]

Caracas era o nome da tribo que habitaba o "Val ds Caracas", un dos vales costeiros contiguos á actual cidad polo norte, topónimo aínda vixente. Esta tribo era coñecida polos españois asentados na illa perlífera de Cubagua debido ás súas expedicións escravistas a esa costa entre 1528 e 1540, polo cal fíxose unha palabra usual entre os españois do oriente do país como topónimo de referencia para toda a zona e con iso xeralizouse o nome ás terras da área de Caracas.

Moitos foron os intentos, e tamén os fracasos, do proceso de establecer na zona unha poboación. Pero non foi até o ano 1567, cando chegou ao val unha expedición proveniente do Tocuyo ao mando do capitán Diego de Losada, que logrou a fundación dun pobo co nome de Santiago de León de Caracas.

Son varias as teorías sobre o motivo que levou ao nome de Santiago de León de Caracas. A máis xeneralizada é a de que a cidade leva o nome Santiago en honor a Santiago o Maior, o apóstolo tradicional da reconquista española, que era o santo militar de España; León, en honor ao apelido do gobernador da provincia de Venezuela na época, Pedro Ponce de León; e Caracas polos aborixes que poboaban a provincia no momento da fundación. Porén, de tomarse o apelido León para explicar o nome da cidade, puidera alegarse que debeu de ser Ponce e non León o apelido elixido, argumento que alegan algúns autores para descualificar esta hipótese, pois existe como exemplo a cidade de Ponce nomeada e fundada por un Ponce de León en Porto Rico.

Outra tese, a que adquiriu maior relevancia, segue a teoría de que Santiago de León provén das orixes antes mencionadas, pero que o nome de Caracas tomouse dunha herba que os indíxenas chamaban caraca, que abundaba no val onde hoxe está a cidade. Esta herba, tamén chamada localmente "pira", é o coñecido amaranto, planta que ten un alto valor nutritivo polo seu alto contido en proteínas. En realidade, o nome Caracas tomouna o capitán poboador do nome da provincia, e este provén á súa vez do nome dunha etnia da súa costa. A Relación de Pimentel de 1578 ofrece unha explicación do nome de Caracas como o xentilicio dado a esa tribo, e informa que alude efectivamente a esa planta e a que a etnia é tan abundante como a pira ou amaranto con quen outras etnias aborixes a comparan, dándolles por iso o nome de Caracas.

Unha terceira hipótese alega que o nome de Santiago decidiuno Diego de Losada, o fundador da cidade, despois da vitoria española na batalla de Maracapana en recordo do día en que os indíxenas Caracas da costa deron a paz (rendéronse) en xullo de 1567 ante o representante do rei de España, Diego de Losada, xa que ao parecer dito acto protocolario de rendición destes Caracas fíxose adrede o 25 de xullo de 1567, día de Santiago. O nome de León deberíase adicionalmente ao día en que se fundou a cidade, día de San León, segundo esta novedosa tese, que liturxicamente se celebra o 1 de marzo. O escudo da cidade recorda ao escudo do reino de León.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Constitución de la República Bolivariana de Venezuela, art. 18:
    La ciudad de Caracas es la capital de la República y el asiento de los órganos del Poder Nacional.
  2. Súper Intendencia de Inversiones Extranjeras 1980 Venezuela. A guide for foreign investment and technology licensing in the 1980’s. Súper Intendencia de Inversiones Extranjeras (SIEX). Caracas.
  3. Venachan Comité de Turismo. 1991 Turismo en Venezuela. Cámara Venezolano-Americano de comercio e Industria. Caracas. Volumen II
  4. Valentina Quintero (1998): Venezuela. Corporación Venezolana de Turismo. Caracas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]