Igrexa de Santiago da Coruña
Igrexa de Santiago da Coruña | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | igrexa e monumento ![]() | |||
Epónimo | Santiago o Maior ![]() | |||
Estilo | arquitectura románica ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Diocese | Arquidiocese de Santiago de Compostela ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | A Coruña ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 18 de agosto de 1972 | |||
Identificador | RI-51-0003885 | |||
Contacto | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A igrexa de Santiago é o templo coruñés principal e o máis antigo. Comezouse a construír no século XII, durante o reinado de Fernando II. No seu adro reuníase o concello ata o século XV.
Historia
[editar | editar a fonte]As primeiras noticias da igrexa de Santiago son de 1218 e durante a Idade Media reuníase no seu adro o concello, ata que no século XV pasou a ocupar o convento de San Domingos.[1]
A igrexa tiña dúas torres, unha con campás e outra na que se gardaban escrituras e pólvora, entre outros obxectos. Ambas as torres ameazaban ruína, polo que se recomendou a súa demolición en 1531. A nova torre, construída en 1607, obrigou a reformar a ábsida da Epístola.[1]
O 1 de abril de 1779 sufriu un incendio que levou a ter que realizar profundas reparacións. No século XIX o arquitecto Juan de Ciórraga creou o rosetón da fachada e as escaleiras de acceso.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]A planta orixinal contaba con tres naves, que foron reducidas a unha soa, de estilo oxival, no século XV.
A fachada principal é románica e sobresae do muro nun bloque. Na arquivolta central aparecen os vinte anciáns da Apocalipse cos seus instrumentos musicais escoitando ao Salvador. O tímpano está sostido por anxos e nel aparece Santiago o Maior a cabalo. Esta figura, e algunha outra, proceden doutra parte. Polo leste hai tres ábsidas románicas, divididas no exterior por columnas con capiteis vexetais; a da esquerda está seccionada por un esquinal da torre. A igrexa conta con tres portas, das que a do norte é a máis antiga. O tímpano está sostido por dúas mochetas con cabezas de bovinos e representa un año entre dous circos que sostén unha cruz coas patas. A porta sur tamén é románica e ábrese á sancristía.
A torre foi construída no 1607. A ábsida forma un curioso recuncho que é a rúa máis curta da Coruña, a da Reixa Dourada.[2] Resaltan os canzorros que sosteñen o beiril do tellado e o rosetón no testeiro da nave.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
San Marcos.
-
Porta lateral.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Fernández Fernández, Xosé. La iglesia de Santiago de La Coruña (en castelán). Colección Recortables de La Coruña.
- ↑ «Correos pasa de longo pola rúa máis curta» La Voz de Galicia, 29/7/2006.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de Santiago da Coruña ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |