O concello, de 77,9km², abrangue dez parroquias. Limita ao norte co concello de Sobrado a través dos montes de Bocelo, ao suroeste co concello de Melide e ao leste cos concellos de Palas de Rei e Friol a través da serra do Careón e os montes de Corno do Boi.
O río Furelos, afluente do Ulla, percorre o concello de norte a sur desde o nacemento nas brañas do Porto Salgueiro até Furelos, xa no concello de Melide. Entre os seus afluentes están o río da Toca e o río Pequeno ou Montelén.
Evolución da poboación de Toques Fontes: INE e IGE.
1900
1930
1950
1981
2004
2009
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
2020
2021
2022
2023
2024
2.940
3.131
3.264
2.454
1.530
1.405
1.343
1.302
1.265
1.248
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Nota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.
A mámoa do Forno dos Mouros é un monumento megalítico ben conservado, situado preto de Muruxosa e rehabilitado en 2009. O castro da Graña é un poboado castrexo, escavado na década de 1990.
O concello está atravesado pola vía primitiva do Camiño de Santiago, que pasa polas parroquias de Vilouriz e Vilamor, uníndose en Melide ao camiño francés.