Emilio González López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emilio González López
Medalla Castelao Galiza Spain.png
Emilio González López 1931.jpg
Emilio González López, retrato en Vida Gallega, 1931.
Datos persoais
Nacemento 13 de novembro de 1903
Lugar A Coruña, Galicia Galicia
Falecemento 10 de decembro de 1991 (88 anos)
Lugar Nova York, Estados Unidos de América Estados Unidos
Actividade
Lingua lingua castelá
Profesión historiador, político

Emilio González López, nado na Coruña o 13 de novembro de 1903 e falecido en Nova York o 10 de decembro de 1991, foi un historiador e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Naceu no barrio mariñeiro de San Roque de Fóra,[1] na cidade da Coruña, fillo de Antonio González Doldán, un tipógrafo ligado aos movementos obreiros. Estudou na Coruña e tivo como mestre a Xohán Vicente Viqueira e logo marchou a Madrid para estudar dereito, onde se licenciou. Conseguiu en 1931 a cátedra de dereito penal na universidade de La Laguna, pero non chegou a exercer por mor das súas actividades políticas. Posteriormente foi gañando as mesmas cátedras de dereito penal na Universidade de Salamanca e na de Oviedo.

Participación política[editar | editar a fonte]

En Madrid foi o fundador e primeiro secretario xeral da Federación Universitaria Española (FUE), aínda nos tempos da ditadura de Primo de Rivera e nas primeiras eleccións da Segunda República, en 1931, saíu elixido deputado pola circunscrición da Coruña pola Federación Republicana Gallega, posto que revalidou nas eleccións de 1933 (representando á ORGA) e de 1936 (nas listas de Izquierda Republicana). Durante a República foi director xeral de administración local (1932) e director xeral de Beneficiencia (1933) dependente do Ministerio da Gobernación de Santiago Casares Quiroga. En 1936 participou na redacción do Estatuto de Autonomía de Galicia.

O estouro da Guerra Civil española coincídelle en Madrid, en zona republicana, e como representante do goberno acude a Xenebra á Liga das Nacións, onde ten o encargo de coordinar unha rede de espionaxe a prol do goberno democrático.

Exilio[editar | editar a fonte]

Coa derrota bélica, exíliase aos Estados Unidos, en Nova York, onde permanecerá ata a súa morte. Nos Estados Unidos deu clases de Historia na Universidade da Cidade de Nova York, onde se especializou en Historia de España e Historia de Galicia.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1984 recibe a Medalla Castelao, na súa primeira entrega. Foi nomeado Cronista Xeral de Galicia[2] e doutor honoris causa pola Universidade da Coruña. Tamén foi nomeado académico da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación en 1978.


Predecesor:
?
Cronista Xeral de Galicia
1991 - 1991
Sucesor:
Antón Fraguas

Obra[editar | editar a fonte]

Busto de Emilio González López na Coruña

Ademais de multitude de artigos e colaboracións, esta é unha listaxe de monografías publicadas por Emilio González López[3]:

  • La antijuricidad (1929)
  • El espíritu universitario (1931). Madrid: Morata
  • Emilia Pardo Bazán, novelista de Galicia (1944)
  • Historia de la civilización española (1966)
  • El arte dramático de Valle-Inclán (Del decadentismo al expresionismo) (1967)
  • La teoría general del delito[Cómpre referencia]
  • Historia de la Literatura española: La edad moderna (siglos XVIII y XIX) (1965)
  • El arte narrativo de Pío Baroja: Las trilogías (1971)
  • Historia de la literatura española. Edad Media y Siglo de Oro (1972)
  • La poesía de Valle-Inclán. Del simbolismo al expresionismo (1973)
  • El águila desplumada (1977)
  • Galicia, su alma y su cultura(1978)
  • La Galicia de los Austrias (1980)
  • Historia de Galicia (1980) con prólogo de Antonio Blanco Freijeiro, La Voz de Galicia, 944 P., ISBN 84-85287-22-3.
  • Un gran solitario: D. Ramón de la Sagra, naturalista, historiador, sociólogo y economista (1983)
  • Historia del puerto de la Coruña, de la prehistoria a fines de la Edad Media: Magnum Portum Artabrorum, Brigantia, Flavia Brigantia, Farum Brigantium, Burgo de Faro, La Coruña (1985)
  • Las fronteras marítimas de Galicia. De la Prehistoria a la Edad Media (1985)
  • La Coruña, puerto y puerta de la ilustración (1987)
  • Luis López Ballesteros (1782-1853), ministro de Hacienda de Fernando VII (1987)
  • Memorias de un estudiante liberal (1903-1931) (1988)
  • Memorias de un diputado de las cortes de la república (1931-1936) (1988)
  • Galicia y la evangelización de América [Texto impreso] : las órdenes religiosas (1991)
  • Historia de la ciudad de La Coruña. La edad antigua y la media (edición póstuma en 1992)
  • La Iglesia gallega en la "Guerra de la Independencia" (edición póstuma en 1992)
  • Castelao, propagandista da República en Norteamérica, con Amado Ricón (edición póstuma en 2000)
  • El paso por Galicia de dos futuros presidentes de Estados Unidos: John Adams y su hijo John Quincy Adams (edición póstuma en 2005).

Historia de Galicia[editar | editar a fonte]

  • Grandeza y decadencia del Reino de Galicia (1957). Traducido ao galego por Francisco Fernández del Riego en 1978.
  • La insumisión gallega. Mártires y rebeldes (1963)
  • Siempre de negro. Galicia en la Contrarreforma: reinado de Felipe II (1970)
  • Los políticos gallegos en la corte de España y la convivencia europea. Galicia en los reinados de Felipe III y Felipe IV (1969)
  • Bajo la doble águila. Galicia en el reinado de Carlos V (1970)
  • El águila caída. Galicia en los reinados de Felipe IV y Carlos II (1973)
  • Bajo las luces de la ilustración. Galicia en los reinados de Carlos III y Carlos IV (1977)
  • El alba flor de lis. Galicia en los reinados de Felipe V, Luis I y Fernando VI (1978)
  • El águila gala y el buho gallego: la insurrección gallega contra los franceses (1975), Ediciones Galicia
  • Entre el antiguo y el nuevo régimen. Absolutistas y liberales: el reinado de Fernando VII en Galicia (1981)
  • El reinado de Isabel II en Galicia. La regencia de María Cristina: moderados, progresistas y carlista ' (1984)'
  • De Espartero a la revolución gallega de 1846. La buena y mala fortuna del progresismo gallego (1985)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]