Eixe atlántico de alta velocidade

O eixe atlántico de alta velocidade é o corredor ferroviario que discorre pola costa atlántica de Galiza. Esténdese entre as cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo, e está prevista a súa prolongación cara ao norte até Ferrol e polo sur por Tui para conectar coa rede portuguesa.[1]
Trátase dunha infraestrutura deseñada con vía dobre e trazado apto para 250 km/h, con carril de 60 kg/m. Actualmente é de ancho ibérico[2][3], pero instaláronse travesas polivalentes que permitirán a transformación do corredor en ancho UIC a partir de 2019.
En decembro de 2011 inaugurouse o tramo de Santiago de Compostela á Coruña[4], e en marzo de 2015, inaugurouse o tramo entre a capital galega e Vigo.[5]
![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xaneiro 2021) |
Esquema da ruta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Descrición[editar | editar a fonte]
Tramos[editar | editar a fonte]
Ferrol - A Coruña[editar | editar a fonte]
Adiado sen data prevista para retomar un proxecto que, unicamente chegou a acadar a fase de estudo informativo. En 2013, o goberno español, presidido daquela por Mariano Rajoy, admitía que a súa execución era inviábel. [6]
A Coruña - Santiago de Compostela[editar | editar a fonte]
Esta parte do corredor foi deseñada como un desdobramento e electrificación -mediante a construción de numerosas variantes- do tramo preexistente entre as dúas cidades da liña Zamora - A Coruña. De todas as estacións intermedias orixinais da liña unicamente se conservou a de Uxes, suprimíndose os servizos ferroviarios no resto (que foron ficando progresivamente fóra das novas variantes), e construíronse dúas novas: Ordes e Cerceda-Meirama.

Santiago de Compostela - Bifurcación de Angueira[editar | editar a fonte]
Esta sección desenvolveuse practicamente na súa totalidade sobre a plataforma da antiga liña de Santiago - Redondela, desdobrando e electrificando a vía e mantendo en servizo a estación de Osebe, reconvertida en apeadoiro.
Bifurcación de Angueira - Vilagarcía de Arousa[editar | editar a fonte]
Trazado completamente novo. Supuxo a construción dun icónico viaduto sobre o río Ulla entre os concellos de Dodro e Catoira. Neste percorrido foi habilitada a nova estación de Padrón-Barbanza e, aínda que paralelamente se mantivo a circulación ferroviaria de viaxeiros na vella liña para dar servizo a Padrón, Pontecesures e Catoira, a estación da Escravitude quedou exclusivamente operativa para paradas técnicas.
Vilagarcía de Arousa - Pontevedra[editar | editar a fonte]
Practicamente de novo trazado agás nos accesos ás cidades, mantivo o apeadoiro de Pontevedra-Universidade, como tamén a estación de Portela (á que os trens acceden pola vella liña convencional) e supuxo a reconversión do resto da antiga liña Santiago-Redondela nun ramal exclusivo de mercadorías atá as proximidades da estación de Portas, ficando esta sen servizos para pasaxeiros.
Pontevedra - Bifurcación de Arcade[editar | editar a fonte]
Rectificación, desdobramento e electrificación do antigo trazado entre Santiago e Redondela. Conservouse a estación de Arcade, reconvertida igual cá Osebe en apeadoiro.
Bifurcación de Arcade - Vigo-Urzáiz[editar | editar a fonte]
Trazado completamente novo. Construíronse as novas estacións de Redondela AV e Vigo-Urzáiz, restrinxida esta última a trens de tracción eléctrica por motivos de seguridade derivados da lonxitude do túnel das Maceiras. Após a súa apertura mantívose a prestación de servizos de pasaxeiros para os apeadoiros de Cesantes e Redondela-Picota e tamén nas estacións de Redondela e Vigo-Guixar. Unicamente ficou excluído tanto do novo corredor coma do convencional o tramo comprendido entre a Bifurcación de Chapela e a antiga estación de pasaxeiros de Vigo, da liña Monforte de Lemos - Vigo, o que implicou o peche da estación de Chapela[7].
Vigo - Fronteira con Portugal[editar | editar a fonte]
Adiado. Os plans consisten na construción da saída sur de Vigo-Urzáiz, converténdoa nunha estación pasante, e un novo viaduto sobre o río Miño na altura de Tui como obras máis destacadas.
Características técnicas[editar | editar a fonte]
O Eixo Atlántico de Alta Velocida conta -entre A Coruña e Vigo-Urzáiz- con sistema de Bloqueo Automático con vía dobre Banalizada (BAB), dotada de balizas ASFA máis tren-terra e catenarias de alta velocidade (entre A Coruña e Santiago) e compensada (entre Santiago e Vigo) de 25 kV e corrente alterna a 50 Hz. A velocidade máxima é de 200 km/h e a lonxitude máxima permitida para trens de viaxeiros, de 400 metros.[2] [3]
En 2016 comezaron as obras para a posta en servizo do sistema ERTMS sobre o BAB existente.[8]
Posta en servizo[editar | editar a fonte]
O 27 de agosto de 2011 pechouse temporalmente a estación de Vigo, procedendo á demolición de todas as instalacións incluíndo as naves de mantemento para proceder á construción dunha estación subterránea a 15 metros por debaixo da cota orixinal. Os servizos ferroviarios desviáronse á ata entón estación de mercancías de Vigo-Guixar ata a reapertura da estación en 2015 en que se producirá unha repartición de servizos, os servizos de alta velocidade faranse dende Vigo-Urzáiz e os servizos convencionais e o enlace internacional con Portugal continuaran en Guixar. Os talleres de mantemento foron trasladados definitivamente á estación de Redondela en xullo de 2012. A nova estación, que será intermodal proxectouse cun total de seis vías, con catro plataformas de 400 m de lonxitude e de entre 10 e 12,7 m de anchura, situados de forma que todas as vías sexan operativas para o tránsito de viaxeiros.[9]
A continuación iniciáronse as obras da infraestrutura ferroviaria que finalizaron en marzo de 2015. Inicialmente íase construír un centro comercial Vialia enriba do caixón ferroviario pero a falta de interese dos promotores privados fixo aprazar a obra, tendo as estruturas preparadas para a súa futura construción. Debido a iso tívose que construír un edificio provisional fóra da parcela para poder dar servizos ferroviarios, preparado para compatibilizar coas futuras obras do Vialia.
O 6 de marzo de 2015 entrou o primeiro tren, da serie 121, á nova estación en probas.[10]
O 16 de abril de 2015, 14 anos despois de que se asinara o convenio para actualizar o trazado ferroviario que vertebra Galicia, realizouse a viaxe inaugural, coa presenza da ministra de Fomento Ana Pastor e o presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo, desde a estación da Coruña e a nova terminal Vigo-Urzáiz, deseñada por Tom Mayne e que tamén se estreou con este motivo, na que entrará pola boca dun dos dous túneles das Maceiras, o túnel máis longo do Eixe Atlántico.[11]
Finalmente, o sábado 18 de abril de 2015 entrou en servizo comercial a liña de alta velocidade Vigo-A Coruña e viceversa, cunha oferta de dez frecuencias diarias por sentido que unirán ambas as cidades nun tempo de viaxe de 83 minutos, o que representa unha diminución de 47 minutos respecto á anterior.[5]
Cronoloxía de aperturas[editar | editar a fonte]
Vigo - Pontevedra[editar | editar a fonte]
Tramo | km | Estado (data BOE) | Prazo execución |
---|---|---|---|
Vigo-Urzáiz - As Maceiras (Acceso norte a Vigo) | 9,4 | En servizo (29/03/2015) | |
As Maceiras - Redondela | 3,9 | En servizo (29/03/2015) | |
Redondela - Soutomaior | 3,6 | En servizo (29/03/2015) | |
Soutomaior - Vilaboa | 2,5 | En servizo (09/06/2013) | |
Vilaboa - Pontevedra | 8,2 | En servizo (09/06/2013) |
Pontevedra - Santiago[editar | editar a fonte]
Tramo | km | Estado (data BOE) | Prazo de execución |
---|---|---|---|
Pontevedra – Cerponzóns | 6,6 | En servizo (30/7/2014) | |
Cerponzóns – Portela | 6,1 | En sevizo (30/7/2014) | |
Portela – Portas | 6,5 | En servizo (20/7/2008) | |
Portas – Vilagarcía de Arousa | 6,6 | En servizo (20/7/2008) | |
Vilagarcía de Arousa – Catoira | 8,3 | En servizo (29/3/2015) | |
Viaduto Río Ulla | 1,7 | En servizo (29/3/2015) | |
A Vacariza – Rialiño | 8,0 | En servizo (29/3/2015) | |
Rialiño – Padrón | 8,5 | En servizo (29/3/2015) | |
Padrón – Osebe | 3,8 | En servizo (15/6/2008) | |
Osebe - Santiago | 10,1 | En Servizo (15/6/2007) |
Santiago - A Coruña[editar | editar a fonte]
Tramo | km | Estado (data BOE) | Prazo de execución |
---|---|---|---|
Santiago – Verdía | 6,8 | En servizo (17/7/2003) | |
Verdía – Oroso | 9,7 | En servizo (23/4/2005) | |
Oroso – Ordes | 4,0 | En servizo (17/7/2003) | |
Variante de Ordes | 6,3 | En servizo (23/4/2005) | |
Ordes – Queixas | 4,3 | En servizo (22/4/2008) | |
Variante de Queixas | 4,8 | En servizo (21/4/2007) | |
Cerceda - Meirama | 8,1 | En servizo | |
Meirama - Bregua | 5,3 | En servizo | |
Variante de Bregua | 4,0 | En servizo (27/4/2006) | |
Uxes - Pocomaco | 4,3 | En servizo | |
Pocomaco - A Coruña-San Cristovo | 3,5 | En servizo | |
A Coruña-San Cristovo | 0,6 | En servizo (7/5/2003) |
Estacións e apeadoiros en servizo[editar | editar a fonte]
Estacións[editar | editar a fonte]
- Vigo-Urzáiz
- Redondela AV
- Pontevedra
- Vilagarcía de Arousa
- Padrón-Barbanza
- Santiago de Compostela
- Ordes
- Cerceda-Meirama
- Uxes
- A Coruña
Apeadoiros[editar | editar a fonte]
Conexións con outras liñas de alta velocidade[editar | editar a fonte]
Prevense 3 conexións co resto da rede de Alta Velocidade:
- L.A.V. Olmedo-Zamora-Galicia en Santiago, conecta con Castela e León e Madrid.
- Corredor Interior de Galicia en Vigo e A Coruña. Trátase dun corredor que conectaría Vigo - Ourense - Monforte - Lugo - A Coruña, completando as conexións entre as principais cidades de Galicia.
- Liña de alta velocidade portuguesa cara Braga, Porto e Lisboa.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Adif - Eje Atlántico". www.adif.es (en castelán). Consultado o 2018-09-25.
- ↑ 2,0 2,1 "Mapas de la Red titularidad de Adif V.0" (PDF). Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (en castelán). Consultado o 27-09-2018.
- ↑ 3,0 3,1 "Mapas de la Red titularidad de Adif Alta Velocidad V.0" (PDF). Adif Alta Velocidad (en castelán). Consultado o 27-09-2018.
- ↑ Cadena Ser, ed. (10 de decembro de 2011). "Inauguran o AVE entre A Coruña, Santiago e Ourense cunha viaxe de 69 minutos" (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 "Arranca el servicio del AVE entre A Coruña y Vigo" El Correo Gallego, 18 de abril de 2015.
- ↑ Pablo González (2015-04-06). "El eje atlántico que perdió el tren". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-09-27.
- ↑ "Chapela tendrá un apeadero en vez de 'estación fantasma'". Atlántico (en castelán). Consultado o 2018-09-25.
- ↑ "Empeza a instalación do ERTMS no eixo atlántico". El Progreso de Lugo. Consultado o 2018-09-27.
- ↑ "Fomento adjudica 68,4 millones a las obras de nueva estación Vigo-Urzáiz del Eje Atlántico de Alta Velocidad" en Interempresas.net (en castelán).
- ↑ Faro de Vigo (ed.). "O primeiro tren entra na estación do AVE". Consultado o 9 de marzo de 2015.
- ↑ "Fomento estrena hoy el tren que reduce el viaje A Coruña-Vigo a poco más de una hora" Faro de Vigo, 30/03/2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eixe atlántico de alta velocidade |
- A Coruña y Santiago estarán a tan solo treinta minutos en tren desde el 13 de diciembre, nova en El Correo Gallego (en castelán)
- Vigo-Urzáiz (1987-2011) en Estación del Ave en Vigo (Proyecto de Thom Mayne) (en castelán)
- Eje atlántico de alta velocidad. Integración ferroviaria en Vigo