Antero Rubín
Antero Rubín | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 15 de febreiro de 1851 |
Lugar de nacemento | Redondela |
Falecemento | 1 de maio de 1935 |
Lugar de falecemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e militar |
Premios | Gran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco e Gran Cruz de la Orden de San Hermenegildo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antero Rubín Homent, nado en Redondela o 15 de febreiro de 1851 e finado en Ourense o 1 de maio de 1935, foi un xeneral e político coñecido pola súa longa carreira en Cuba. Loitou na Guerra de Cuba, foi elixido deputado nas Cortes Xerais polo distrito de Quiroga, en Lugo en 1914 e durante a lexislatura dos anos 1921-1922 foi senador electo pola provincia de Zamora.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O seu pai, Evaristo Rubín, foi un oficial de carreira que combateu con distinción baixo as ordes do Xeneral Joan Prim i Prats na Guerra de África. Antero Rubín ingresou de xeito voluntario no exército o 11 de maio de 1868 e aos dezaseis anos foi para Cuba co exército, de onde volveu aos poucos anos tras ascender ao rango de tenente. Estudou en Redondela, Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela.

En 1869, xa como cabo segundo, partiu cara Cuba unha vez máis. En 1895, cando estaba destinado en Tui como xefe da comandancia militar, volveu ser enviado a Cuba para defender os intereses españois. Co batallón Granada, composto por 700 homes, fixo fronte a unha insurrección en Potrero de las Varas o 24 de setembro de 1895. O seu triunfo valeulle diversas condecoracións pero tamén foi ferido. Unha vez recuperado asumiu as comandancias militares de Cienfuegos e Bayano. En 1897 participou nos combates de Santa Fé, El Revolcadero e Lomas del Viento, entre outros. Xa no ano 1898 participou en batallas como as de Quemado e Guanacoa. Os días 22, 23 e 24 de xuño tomou parte nas batallas contra os estadounidenses (Batallas das Guásimas). O 1 de xullo presenciou a capitulación de Santiago de Cuba.
O 14 de febreiro de 1898 a raíña rexente María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias ascendeuno a xeneral de brigada. En 1901 pasaría a ser gobernador civil de Oviedo. En 1908 foi ascendido a xeneral de división e en decembro de 1916 a tenente xeneral. En 1917 foi nomeado Capitán Xeneral de Galicia tras ter dirixido os gobernos militares da Coruña, Zaragoza e Bilbao. Pasou á reserva en 1923.
Un cuartel de artillería no barrio de Campolongo na cidade de Pontevedra, xa desaparecido, levou o seu nome (Acuartelamiento General Rubín), neses terreos hai agora vivendas, a cidade administrativa da Xunta de Galicia e un club deportivo militar. Unha avenida de Pontevedra no mesmo barrio de Campolongo leva o seu nome desde 1918.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antero Rubín ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Rubín Homent, Antero". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. pp. 212–213.
- Nofi, Albert A. (1997). The Spanish-American War, 1898 (en inglés). Combined Books. ISBN 0-938289-57-8.