Vilasantar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°4′N 8°6′W / 43.067°N 8.100°W / 43.067; -8.100

Vilasantar
Escudo de Vilasantar
Altar da igrexa de Santa María de Mezonzo, Vilasantar.jpg

Altar da igrexa de Santa María de Mezonzo.
Situacion Vilasantar.PNG
Situación
Xentilicio[1] wikt:
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca de Betanzos
Poboación 1.316 hab. (2014)
Área 59,2 km²
Densidade 22,23 hab./km²
Entidades de poboación 7 parroquias
Política (2015)
Alcalde Fernando Pérez Fernández
Concelleiros BNG: 3
PPdeG: 6

Eleccións municipais en Vilasantar
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 89,01%
Na rede
vilasantar.com
correo@vilasantar.com

Vilasantar é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE no 2014 tiña 1.316 habitantes (1.496 no 2006, 1.538 no 2005, 1.574 no 2004, 1.610 en 2003).

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 2014 1.316 habitantes
Menores de 15 anos 80 (6.08 %)
Entre 15 e 64 anos 738 (56.08 %)
Maiores de 65 anos 498 (37.84 %)

Evolución da poboación de Vilasantar   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014
3.020 3.331 4.094 2.529 1.574 1.415 1.368 {{{9}}} {{{10}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia[editar | editar a fonte]

Consérvanse megálitos como as mámoas do monte Vilariño, a mámoa de Pedriño e a medorra de Fanegas, na parroquia de Vilariño. Da cultura castrexa consérvanse os castros de Vilariño e o das Corredoiras.

Da romanización hai restos do campamento romano da Cidadela, o máis extenso dos descubertos en Galicia, entre os concellos de Sobrado e Vilasantar. Na Idade Media estas terras pertencían ao condado de Présaras, que tiña a súa orixe nas praessurae romanas, terras desertas ofrecidas a colonos para que as cultivasen e poboasen.

A zona estivo fortemente vencellada ao mosteiro de Santa María de Mezonzo. A súa orixe posiblemente estea vencellada aos suevos, pois a igrexa conserva dous capiteis do século VI ou VII, e aparece en documentos latinos como mosteiro de Mosontio. A mediados do século X ingresou nel Pedro de Mezonzo, que chegaría a abade do convento e bispo compostelán.

Na Idade Moderna había numerosos fidalgos, como testemuñan as diversas casas señoriais. Vilasantar foi constituído como concello en 1834. A súa poboación foi medrando até 1950, cando empezou a descender por mor da emigración.

Economía[editar | editar a fonte]

Aserpal, fábrica de Losán en Vilasantar

É un concello no que o sector terciario pesa sobre o resto e no que no sector secundario destaca a industria da fabricación de taboleiro de madeira e de chapa de madeira pola presenza do Grupo Losán na vila.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vilasantar

Armental (San Martiño) | Barbeito (San Salvador) | Mezonzo (Santa María) | Présaras (San Pedro) | San Vicenzo de Curtis (San Vicenzo) | Vilariño (Santa María) | Vilasantar (Santiago)


Lugares de Vilasantar[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilasantar vexa: Lugares de Vilasantar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. «Evolución do uso do galego por concellos». Consultado o 14 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vilasantar Modificar a ligazón no Wikidata