Augas da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emalcsa
ETAP A Telva, río Mero.
TipoSociedade Anónima
Fundación1903[1]
Localizaciónrúa Manuel Murguía, s/n Edificio Casa da Auga 15011 A Coruña Galicia Galicia
FundadorConcello da Coruña
Persoas claveAlcalde da Coruña
IndustriaAugas
ProdutosDistribución de auga e servizos
Beneficio22,01 millóns de euros (2014)[2]
Beneficio neto2 millóns de euros
Número de empregados138 (en 2013)
editar datos en Wikidata ]

Empresa municipal Augas da Coruña, S.A. (oficialmente en castelán Empresa Municipal Aguas de La Coruña, S.A. - EMALCSA) é unha empresa pública que abastece de auga potable ó concello da Coruña, e a súa área metropolitana. Inscrita no Rexistro Mercantil desta mesma cidade o 7 de xullo de 1978, absorbeu á antiga abastecedora "Aguas de La Coruña S.A." fundada en 1908. A empresa ten un patrimonio valorado en 2013 en 58,3 millóns de euros[3].

A auga que fornece EMALCSA provén do encoro de Cecebre e potabilízase no lugar da Telva (Cambre). O ciclo da auga remata na EDAR de Bens. En 2013 a compañía vendeu o 31% da EDAR de Bens, da que posuía o 100% do capital, aos concellos de Oleiros (8%), Culleredo (8%), Arteixo (8%) e Cambre (7%).

A empresa é propiedade do Concello da Coruña ao 100%, factura máis de 20 millóns de euros ao ano cun beneficio de máis de 2 millóns de euros. Emalcsa foi accionista de R Cable e financia Smart City. Os maiores clientes particulares da empresa son Hijos de Rivera e Begano que consomen case a metade da auga.

A empresa ten depósitos de auga nos barrios de:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]