Saltar ao contido

Cambre

Modelo:Xeografía políticaCambre
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°17′00″N 8°20′00″O / 43.283333333333, -8.3333333333333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalCambre Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación24.739 (2023) Editar o valor en Wikidata (603,39 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie41 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude52 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataMaría Pan (2024–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Cambre Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15181, 15650, 15659, 15660, 15668, 15669 e 15679 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15017 Editar o valor en Wikidata

Sitio webcambre.org Editar o valor en Wikidata

Cambre é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2019) ten 24.648 habitantes (23.621 no 2010, 23.231 no 2009, 22.513 no 2007, 22.092 no 2006, 21.523 no 2005, 20.919 no 2004). O xentilicio é cambrés/-esa.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello ten unha superficie de 40,7 km², e abrangue 12 parroquias. Forma parte da rexión histórica das Mariñas dos Freires, caracterizada por unha sucesión de áreas achanzadas con vales moi suaves, sendo a altitude máxima de 130 m. Pertence á zona de influencia marítima, se ben a única parroquia con costa é O Temple. Está atravesado de leste a oeste polo río Mero, que alimenta o encoro de Cecebre.

O municipio ten clima oceánico húmido, con temperaturas son suaves e precipitacións altas. A humidade relativa do aire é elevada, cun índice superior ao 75 %. A vexetación é hidrófila, con bosques e fragas de carballos, piñeiros e eucaliptos.

Integrado na comarca da Coruña, sitúase a 16 km da capital coruñesa. O termo municipal está atravesado pola autovía A-6 entre os pk 575 e 583, ademais de pola autoestrada AP-9, que une A Coruña con Portugal, pola estrada N-550, alternativa convencional á anterior, pola AC-214, que une a N-VI coa N-550, e por outras estradas locais que permiten a comunicación entre as parroquias. En canto á comunicación ferroviaria, o concello conta con dous apeadoiros, un localizado na parroquia de Cambre e outro na de Cecebre; ambos situados na liña férrea de largo ibérico que une León con A Coruña.​[2][3]

Limita ó norte con Oleiros, ó nordeste con Sada, ó leste con Bergondo e Abegondo, ó sur con Carral e ó oeste con Culleredo.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 2019 24.648 habitantes
Menores de 16 anos 3 639 (14,76 %)
Entre 16 e 64 anos 16 755 (66,98 %)
Maiores de 65 anos 4 254 (17,26 %)
Evolución da poboación de Cambre   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6.722 7.805 8.011 9.181 20.919 23.621 23.649 23.879 23.999 24.029 24.076 24.141 24.348 24.603 24.648 24.594 24.635 24.739
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Consérvanse antas neolíticas nos límites co concello de Carral. Consérvase un petróglifo no castro de Sigrás. Tamén se conservan restos dos castros de Pravio, Armental, e Fraís, todos eles de tipoloxía clásica: construídos nun outeiro, cun poboado de casas circulares rodeado dun muro defensivo.[4] Posiblemente o concello, actual vía de paso da ruta inglesa do camiño de Santiago, xa fose percorrido por unha antiga vía romana que unía A Coruña e Betanzos.

Cultura e deporte

[editar | editar a fonte]

Topónimo

[editar | editar a fonte]

O topónimo da vila que dá nome ao concello, Cambre, podería ser de orixe prerromana. O seu significado referiríase a unha poboación ligada a unha altura, unha fortificación ou a un límite entre territorios.[5][6][7]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Patrimonio arquitectónico

[editar | editar a fonte]
  • Vila romana de Cambre, datada entre os séculos II e IV. Foi atopada accidentalmente durante unha obra en 1998.[8][9]
  • Igrexa de Santa María de Cambre: monumento do século XII.
  • Tramo do Camiño Inglés (Camiño de Santiago).
  • Museo Arqueolóxico (cos restos da Vila romana de Cambre e o seu centro de interpretación).[10]
  • Villa Florentina, actual casa museo de Wenceslao Fernández Flórez, situada en San Salvador de Cecebre e dirixida pola Fundación Wenceslao Fernández Flórez.[10]
  • A escultura de O Paraugas, construída entre 1945 e 1949 e situada nunha rotonda no Temple preto da ponte medieval do Burgo.[11]​En 2014, no marco de obras realizadas pola Xunta de Galicia para mellorar a seguridade viaria, a escultura tivo que ser demolida (pois non puido ser conservada debido ó seu mal estado de conservación), para ser posteriormente substituída por unha réplica realizada en materiais máis resistentes á degradación.[12]
  • Casa Arrigada, casa modernista de 1912 da que se descoñece o arquitecto. Describe unha planta rectangular con planta baixa e dous andares. A fábrica é de cemento revocado e está pintada de verde e ocre. Os balcóns e cornixas aparecen finamente decorados: os motivos fundamentais son habituais do modernismo a saber, naturais (exaltación da natureza), musicais e figuras alegóricas.[13] Actualmente funciona como Casa da Xuventude e unha das sedes da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).[14]

Patrimonio natural

[editar | editar a fonte]

Eventos culturais

[editar | editar a fonte]
  • Rock in Cambre: Festival de música rock celebrado anualmente no mes de agosto dende 1992. A entrada é de balde.[15][16]
  • Galaicoi: Romaría de temática Castrexo-Romana anual celebrada por primeira vez no ano 2016.[17] Entre as actividades que se realizan, destaca a representación de batallas entre romanos e castrexos do século I d.C. Durante o evento, as asociacións do concello poden solicitar ocupar unha das múltiples cabanas que se erixen en representación do poboado castrexo.[18][19]
  • Open Science: Feira de ciencia aberta organizada anualmente dende 2018 pola asociación xuvenil Xente de Ciencia, vencellada ó IES David Buján.[20][21] Ó encontro acuden estudantes de institutos de secundaria galegos e internacionais, así como distintas asociacións adicadas á investigación e divulgación científica.[22]

Os equipos deportivos máis destacados son o Sporting Cambre, o Club Ciclista de Cambre, o Brexo-Lema S.D., Once Caballeros C.F. do Temple, Club Baloncesto Cambre, Towers Football, Hockey Club Cambre, entre outros.[23]

Administración e política

[editar | editar a fonte]

Eleccións municipais 2023

[editar | editar a fonte]

O Pleno de Cambre consta de 21 escanos. Nas eleccións municipais de 2023 a forza máis votada foi Unión por Cambre (UxC), que obtivo 3370 votos e 7 concelleiros. Ademais de UxC obtiveron representación o Partido Popular de Galicia (PPdeG) (2423 votos, 5 concelleiros), Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSdeG-PSOE) (1728 votos, 4 concelleiros), Bloque Nacionalista Galego (BNG) (1492 votos, 3 concelleiros) e Alternativa dos Veciños (AV) (en cuxa lista se integraran Olga Santos e Loreto Taibo, números un e dous respectivamente na lista de Esquerda Unida nas eleccións anteriores)[24] (1182 votos, 2 concelleiros)​.[25] Nestas eleccións quedaron sen representación VOX (426 votos), Unidade Local (405 votos), Podemos Galicia (170 votos), Cidadáns-Partido da Cidadanía (168 votos) e AEQUALITATEM (16 votos).[26]

Na actualidade, o partido que goberna é UxC, con María Pan Lesta na alcaldía​[27], quen tomou o cargo tras a dimisión do alcalde electo, do mesmo partido, Óscar García Patiño.[28]

Parroquias

[editar | editar a fonte]
As doce parroquias que conforman o concello de Cambre.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cambre

Anceis (San Xoán) | Andeiro (San Martiño) | Brexo (San Paio) | Bribes (San Cibrán) | Cambre (Santa María) | Cecebre (San Salvador) | Cela (San Xulián) | Meixigo (San Lourenzo) | Pravio (San Xoán) | Sigrás (Santiago) | O Temple (Santa María) | Vigo (Santa María)

Lugares de Cambre

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cambre vexa: Lugares de Cambre.


Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Cambre.
  1. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 44. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  2. "Cambre (Apt.-Cgd.)". EuroFerroviario. Consultado o 2024-12-05. 
  3. "Cecebre (Apd.)". EuroFerroviario. Consultado o 2024-12-05. 
  4. "Castros". Concello de Cambre. Consultado o 2024-12-10. 
  5. Moralejo, Abelardo (1977). Pico Sacro, ed. Toponimia gallega y leonesa. Biblioteca de Bolsillo - Pico Sacro, 14. Santiago de Compostela. ISBN 84-85170-20-2. 
  6. Búa Carballo, J. C.; Lois Silva, S. (1994-1995). "Los topónimos gallegos en -bre de orígen prerromano". Beiträge zur namenforschung. Neue Folge (Heidelberg) (Band 29/30): 13–41. 
  7. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 
  8. Troiano, Xose (2012-09-30). "Villae Romana de Cambre". Patrimonio galego. Consultado o 2024-12-10. 
  9. "Villa Romana de Cambre". Turismo de Galicia (en Castelán). Consultado o 2024-12-10. 
  10. 10,0 10,1 "Museos". Concello de Cambre. Consultado o 2024-12-10. 
  11. "O Paraugas". Concello de Cambre. Consultado o 2024-12-10. 
  12. Barro, Pablo (2014-05-03). "El paraguas se pliega". La Voz de Galicia (en Castelán). Consultado o 2024-12-05. 
  13. "Vilas Quintas". Concello de Cambre. Consultado o 2024-12-10. 
  14. Bravo, Isabel (2020-11-20). "La Casa Arrigada de Cambre se convierte en Casa da Xuventude". Cadena SER (en Castelán). Consultado o 2024-12-10. 
  15. "Rock in Cambre". Concello de Cambre. Consultado o 2024-12-10. 
  16. Díaz, Noelia (2010-08-13). "Dos décadas de rock and roll". La Opinión Coruña (en Castelán). Consultado o 2024-12-10. 
  17. Silveira (2016-06-17). "Galaicoi, la fiesta de castrexos y romanos, transformará Cambre". La voz de Galicia (en Castelán). Consultado o 2024-12-10. 
  18. "El Galaicoi volverá a retar a castrexos y romanos en Cambre". La Voz de Galicia (en Castelán). 2023-07-12. Consultado o 2024-12-10. 
  19. "Galaicoi". Concello de Cambre. Consultado o 2024-12-10. 
  20. "Open Science". Concello de Cambre. Consultado o 2024-12-10. 
  21. Carreira, Sara (2019-09-23). "La ciencia estudiantil sale a la calle en Cambre". La Voz de Galicia (en Castelán). Consultado o 2024-12-10. 
  22. Penelas, Silvia (2024-09-19). "Cambre (A Coruña) tendrá a una cantera de 500 jóvenes científicos en la Open Science 2024". El Español. Consultado o 2024-12-10. 
  23. "Asociacións deportivas". Concello de Cambre. Consultado o 2024-12-10. 
  24. Vázquez, Sara (2023-04-12). "La concejala y la número dos de EU de Cambre fichan por Alternativa dos Veciños". La Opinión A Coruña (en Castelán). Consultado o 2024-12-11. 
  25. Echave, Víctor; Vázquez, Sara (2023-05-28). "Resultados elecciones municipales en Cambre 2023: Patiño se mantiene como el más votado" [Resultados eleccións municipais en Cambre 2023: Patiño mantense coma o máis votado]. La Opinión A Coruña (en Castelán). Consultado o 2024-12-05. 
  26. "Resultado elecciones Municipales en Cambre, (UXC) gana: última hora con el 100.0% escrutado". La Vanguardia (en Castelán). Consultado o 2024-12-10. 
  27. Silva, Toni (2024-03-23). "María Pan, nueva alcaldesa de Cambre" [María Pan, nova alcaldesa de Cambre]. La Voz de Galicia (en Castelán). Consultado o 2024-12-05. 
  28. Mosquera, Marcos; Vázquez, Sara; Villar, Marta (2024-03-07). "El alcalde de Cambre dimite por el bloqueo administrativo y de pagos del Concello" [O alcalde de Cambre dimite polo bloqueo administrativo e de pagos do Concello]. La Opinión A Coruña (en Castelán). Consultado o 2024-12-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]