José Toubes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Toubes Pego»)
José Toubes
Nacemento1881
Lugar de nacementoCuntis
Falecemento6 de xuño de 1960
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico e xornalista
editar datos en Wikidata ]

José Toubes Pego, nado en Cuntis en 1881 e finado na Coruña o 6 de xuño de 1960, foi un sacerdote e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

José Toubes e Jacobo Varela de Limia, 1920.

Chegou á Coruña en 1909 como coadxutor da parroquia de San Xurxo. Ao ano seguinte foi nomeado correspondente do diario católico El Debate e redactor de El Eco de Galicia. Foi un propagandista das ideas católicas, polo que en 1917 decidiu fundar El Ideal Gallego, que en 1931 tivo que transferir á Editorial Católica a causa das súas múltiples ocupacións parroquiais. En 1930 foi designado primeiro responsable de San Pedro de Mezonzo, a nova parroquia creada na cidade. O crecemento da poboación da parroquia animouno a propor a construción dun novo templo que se iniciou en 1953.

Placa da Praza José Toubes Pego, na Coruña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • García Cortés, Carlos (2009). José Toubes Pego y su época (1881-1960). Madrid: Xerión. ISBN 978-84-936595-1-6. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]