Saltar ao contido

Miguel Primo de Rivera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiguel Primo de Rivera

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Miguel Primo de Rivera y Orbaneja Editar o valor en Wikidata
8 de xaneiro de 1870 Editar o valor en Wikidata
Xerez da Fronteira, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de marzo de 1930 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteDiabetes mellitus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIglesia-convento de la Merced (1947–)
camposanto de San Isidro (1930–1947) Editar o valor en Wikidata
Presidente do Consello de Ministros e Asuntos Exteriores
novembro de 1928 – 28 de xaneiro de 1930
Ministro de Estado de España
febreiro de 1927 – novembro de 1928
← José de Yanguas Messía (pt) TraducirJacobo Fitz-James Stuart y Falcó (pt) Traducir →
Presidente do Consello de Ministros
decembro de 1925 – novembro de 1928
← Manuel García PrietoDámaso Berenguer y Fusté →
Alto Comisario de España en Marrocos
outubro de 1924 – novembro de 1925
← Luis Aizpuru y MondéjarJosé Sanjurjo →
Presidente do Directorio Militar
setembro de 1923 – decembro de 1925
Capitán xeneral de Cataluña
8 de marzo de 1922 – 14 de setembro de 1924
← José Olaguer FeliúEmilio Barrera (en) Traducir →
Senador do Reino
1921 – 1922
Circunscrición electoral: Provincia de Cádiz
Capitán Xeneral de Valencia
5 de xullo de 1920 – 8 de xuño de 1921
← Carlos Palanca y Cañas (en) TraducirLuis Aizpuru y Mondéjar → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e catolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, militar Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1884 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoUnión Patriótica (1924–1930) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rama militarExército de Terra de España Editar o valor en Wikidata
Rango militarCapitán xeneral
Xeneral
capitán xeneral Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra de Margallo (pt) Traducir
Guerra do Rif (Matt Groening) Editar o valor en Wikidata
Participou en
15 de setembro de 1923Golpe de Estado de Primo de Rivera Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloMarqués de Estella Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCasilda Sáenz de Heredia (1902–1908) Editar o valor en Wikidata
ParellaMercedes Castellanos (1928–1928) Editar o valor en Wikidata
FillosCarmen Primo de Rivera
 () Casilda Sáenz de Heredia
José Antonio Primo de Rivera
 () Casilda Sáenz de Heredia
Miguel Primo de Rivera y Sáenz de Heredia
 () Casilda Sáenz de Heredia
Pilar Primo de Rivera
 () Casilda Sáenz de Heredia
Fernando Primo de Rivera y Sáenz de Heredia
 () Casilda Sáenz de Heredia Editar o valor en Wikidata
PaisMiguel Primo de Rivera y Sobremonte Editar o valor en Wikidata  e Inés Orbaneja y Pérez de Grandallana Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaría Jesús Primo de Rivera y Orbaneja
José Primo de Rivera y Orbaneja
Fernando Primo de Rivera y Orbaneja Editar o valor en Wikidata
ParentesRafael de Sobremonte, bisavó
Rosario Primo de Rivera y Urquijo, son's daughter Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Примо де Ривера Мигель)
Dicionario Enciclopédico Granat
Lista de Ditadores de SourceWatch Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 33556 BNE: XX1077504 WikiTree: Primo_de_Rivera_y_Orbaneja-1 Find a Grave: 114695741 Editar o valor en Wikidata

Miguel Primo de Rivera y Orbaneja, nado en Xerez da Fronteira (Cádiz) o 8 de xaneiro de 1870 e finado en París o 16 de marzo de 1930, foi un militar e político español.

O 13 de setembro de 1923 encabezou un golpe de estado que rematou coa Restauración borbónica. Co apoio de Afonso XIII, Primo de Rivera instaurou unha ditadura de corte conservador e autoritario. Mantívose no poder até o 28 de xaneiro de 1930, cando se viu obrigado a dimitir ante o escaso apoio popular e a perda de confianza do rei Afonso XIII.

Tivo seis fillos, entre os que destacan José Antonio Primo de Rivera, fundador e líder de Falanxe, e Pilar Primo de Rivera, presidenta da Sección Femenina.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Raíces familiares e primeiros anos de vida

[editar | editar a fonte]

A nai de Miguel, Inés de Orbaneja, pertencía a unha familia de terratenentes xerezanos. O pai, tamén chamado Miguel, procedía dunha familia de militares. Con todo, a familia viu reducirse os seus ingresos de maneira drástica a inicios dos anos 1880, a raíz dunha serie de investimentos desafortunados do pai. Para aliviar a situación da familia, en abril de 1882, Miguel e o seu irmán José foron enviados a Madrid a casa dun tío paterno, tamén oficial do exército.[1]

Carreira militar

[editar | editar a fonte]

Primo ingresou na Academia Militar de Toledo en 1884. Graduouse como alférez en 1889. A partir de entón a súa carreira militar foi prosperando baixo a protección do seu tío Fernando, un alto mando do exército.

Foi destinado por primeira vez a Melilla en outubro de 1893. Grazas a méritos de guerra, ascendeu de forma moi rápida, obtendo o grao de capitán e acadando a medalla de San Fernando. En 1895, logo de liderar a Tenientada,[2] trasladouse a Cuba como axudante do capitán xeneral Martínez-Campos, para combater os independentistas cubanos.

En 1897 foi destinado ás Filipinas como axudante do seu tío Fernando, nomeado capitán xeneral da illa. Despois de varios destinos en España, en novembro de 1908 foi ascendido a coronel. En agosto do ano seguinte chegou como voluntario a Melilla. Ata 1913 participou en numerosas misións de guerra e en xullo de 1914 logrou o ascenso a xeneral, o primeiro da súa promoción. Neste período afianzouse o seu desexo de se converter nunha figura destacada da política española, sosténdose na camaradaría con outros militares africanistas.

Inicios na política

[editar | editar a fonte]

En outubro de 1915 foi nomeado gobernador militar de Cádiz, cargo que ocupou até marzo de 1917. Foi destituído deste cargo tras pronunciar unha conferencia en que sostivo que España debía abandonar o seu protectorado marroquí, polo alto custo económico da defensa deste territorio.

Secasí, continuou ascendendo no escalafón militar e, baixo a protección do seu tío Fernando, foi chamado para outros cargos políticos, como o de Capitán Xeneral de Valencia. Desde este posto comezou a despregar unha forte represión contra o movemento obreiro, en especial contra o sindicalismo anarquista.

Con este aval, foi nomeado en 1922 para a capitanía xeneral de Cataluña. En Barcelona, relacionouse estreitamente con Severiano Martínez Anido, gobernador civil de Barcelona, e con Joaquín Milans del Bosch, excapitán xeneral. Durante o seu mandato favoreceu o espallamento dos Sindicatos Libres[3] para a represión sindical polo que conseguiu os parabéns dos empresarios industriais téxtiles e dos propietarios agrícolas cataláns.[4]

Golpe de estado

[editar | editar a fonte]

Ao tempo, a situación política seguíase deteriorando. Os actos terroristas que acabaron coa vida do presidente do goberno, Eduardo Dato en 1921 ou co cardeal de Zaragoza en 1923, conduciron a un total descrédito do sistema da Restauración e, desde 1921 a contorna de Primo viña alimentando a súa ambición para se converter nun dos protagonistas da vida política española.

Por outra banda, tralo desastre de Annual e a posterior investigación de responsabilidades, o expediente Picasso, existía un gran malestar no exército que aumentou cando este informe foi entregado ao Consello Supremo de Guerra e Mariña que non acepta a exculpación do Alto Comisario de Marrocos, Dámaso Berenguer, e dispón o seu enxuizamento para o 10 de xullo.[5] Daquela, 4 dos máis importantes mandos do exército que eran coñecidos como o Cuadrilátero (Cavalcanti, Saro, Dabán e Federico Berenguer, irmán de Dámaso) comezan a dar os primeiros pasos para organizar un golpe de estado.[6] Aínda que a primeira opción fora o xeneral Francisco Aguilera, presidente do Consello Supremo de Guerra e senador vitalicio, pero quedou desacreditado tras un incidente co ministro de Xustiza, Sánchez Guerra.[6] A seguir, pensouse en Miguel Primo de Rivera quen estaba ben visto pola súa actuación en Cataluña, na primavera de 1923, e que estaba relacionado con militares africanistas malia ter declarado con anterioridade posturas contrarias á presenza no protectorado;[7] motivo polo que fora cesado da Capitanía xeneral de Madrid.[6]

A inicios de setembro fixouse como data para o golpe o día 14. Nos días anteriores, Primo asegurouse de que ningún dos capitáns xenerais se opoñería ao pronunciamento. Temendo, con todo, que o golpe se frustrase, Primo decidiu adiantalo para a madrugada do 13 de setembro, en que sublevou as guarnicións acuarteladas en Cataluña e convocou á prensa para lanzar un manifesto.

Tal e como estaba previsto, non se rexistrou oposición. A primeira hora da mañá do día 15, Primo tomou o tren para Madrid, onde foi recibido polo rei quen lle encomendou a formación de goberno.

A ditadura

[editar | editar a fonte]

A ditadura de Primo estenderase de setembro de 1923 a xaneiro de 1930. Polo xeral, a historiografía distingue no seu goberno dúas etapas:

  • O Directorio militar (setembro 1923-decembro 1925). Ao longo deste período, Primo conformou un goberno composto exclusivamente por militares, que acometeu as reformas lexislativas destinadas a asegurar a continuidade da ditadura.
  • O Directorio civil (decembro 1925-xaneiro 1930). Durante este período, Primo constituíu un goberno en que predominaron os ministros de carácter civil, coa idea de asegurar a lexitimidade da ditadura e ampliar o seu soporte popular.

Directorio militar

[editar | editar a fonte]

O 13 de setembro de 1923 Primo de Rivera, emite un manifesto en Barcelona, recibindo a aprobación do rei Afonso XIII para emprender unha ditadura. Tras ser nomeado xefe do goberno polo rei, forma un Directorio Militar. Censura a prensa, sacrifica o sistema democrático e fechou o Parlamento. No ano seguinte asume persoalmente o Alto Comisariado de Marrocos, e aínda que no pasado se declarara partidario de abandonar o Protectorado, alíase agora co goberno de Francia, e conxuntamente organizan unha campaña contra Abd el-Krim, planeando o Desembarco de Alhucemas (1925); nese mesmo ano as operacións franco-españolas acabaron coa Guerra de Marrocos.

Directorio civil

[editar | editar a fonte]
Visita a Mondariz en 1928.

Tras os éxitos de Marrocos, Primo de Rivera, non se retirou, senón que formou un Directorio Civil que se formalizou o 3 de decembro de 1925. Os membros máis importantes eran José Calvo Sotelo (Ministro de Facenda), Martínez Anido (Ministro de Gobernación) etc.

Co apoio dalgunhas partes do exército e dos partidos de extrema dereita, Primo de Rivera intentou levantar un réxime que substituíra o parlamentarismo. Formou unha asemblea que sería a encargada de redactar unha constitución, pero esta asemblea foi un fracaso.

Creou o partido Unión Patriótica Española (UPE). No campo da facenda e obras públicas foi onde o réxime conseguiu os seus maiores éxitos. Calvo Sotelo aliviou a débeda pública e monopolizou un sector chave: o petróleo (CAMPSA). Nas obras melloráronse as estradas, portos etc.

Pero a ditadura tiña moitas frontes de oposición: estudantes, políticos, intelectuais, militares etc. Fronte a esta oposición e a carencia de apoio dos militares, , deixando crise económica e a inviabilidade do sistema monárquico.

Crise da ditadura, dimisión e exilio en París

[editar | editar a fonte]

O goberno de Primo comezou a dar os seus primeiros signos evidentes de desgaste a mediados de 1928. A contestación universitaria, a crecente presión do movemento obreiro, dos grupos republicanos e do nacionalismo periférico sumáronse á incapacidade de lograr unha mobilización popular comparable ao do fascismo arredor da UPE. Así mesmo, os escándalos de corrupción, o agravamento da diabetes que padecía Primo e o enfriamento das súas relacións debilitaron a posición do ditador.

Sentíndose abandonado e incapaz de seguir adiante co seu programa político, Primo realizou o 26 de xaneiro de 1923 unha consulta aos capitáns xenerais, preguntándolles en que medida se declaraban partidarios do goberno. Case todos os militares consultados mostraron escaso apego ao réxime, de modo que Primo presentou a súa renuncia a Afonso XIII na mañá do 28 de xaneiro de 1930. Este, por recomendación de Primo, encargou ao xeneral Dámaso Berenguer a formación dun goberno que se mantería por pouco máis dun ano, até a proclamación da II República.

Unha semana despois o xeneral partiu cara ao seu exilio en París. O 16 de marzo, por complicacións da diabetes, faleceu na cidade francesa.

Valoración historiográfica

[editar | editar a fonte]

Durante o período democrático, os estudos sobre a ditadura de Primo experimentaron un gran avance. Nunha liña aberta por Shlomo Ben Ami ou Javier Tussell nos anos oitenta, a valoración da ditadura foi relativamente positiva, sobre todo se se compara coa do franquismo. Entre outras cuestións, facíase fincapé na extensión da educación pública, a modernización da economía, a pacificación do protectorado marroquí, o ambicioso programa de obra pública emprendido polo seu goberno, a escasa violencia exercida polo aparato estatal sobre os disidentes ou a diminución do conflito social. Así mesmo, aprezábase que Primo acabase por dimitir do seu cargo.

Esta visión dista de ser unánime. Así, Alejandro Quiroga insistiu na atracción de Primo por Mussolini, as arbitrariedades do seu mando, a corrupción nas altas esferas do réxime ou a retórica ultranacionalista, ultracatólica e populista. Nesa liña, Quiroga considera que a ditadura de Primo foi responsábel da radicalización antidemocrática da dereita, e, polo tanto, un antecedente directo do golpe e da ditadura franquista.

En calquera caso, a ditadura de Primo non foi un fenómeno estraño, senón semellante aos réximes de dereita autoritaria que proliferaron na Europa de entreguerras, en especial na súa parte mediterránea e oriental. Así, existen múltiples paralelismos entre a ditadura primorriverista e a de Miklós Horthy en Hungría ou cos primeiros anos do Estado Novo portugués. Este tipo de réximes xorden en países que, experimentando unha industrialización tardía e unha democratización fráxil, viven baixo as convulsións da primeira guerra mundial e do fortalecemento do movemento obreiro.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

A finais de 1900 volveu a Madrid, onde coñeceu a Casilda Sáenz de Heredia, filla dunha rica familia de propietarios azucreiros. O seu pai casou con ela o 16 de xullo de 1902.

O matrimonio tivo seis fillos: José Antonio (1903-1936), Miguel (1904-1964), María del Carmen (1905-1956), Pilar (1906-1991), Ángela (1906-1913) e Fernando (1908-1936). Casilda morreu a raíz deste último parto. Dados os frecuentes traslados do seu pai, serían as súas irmás María Jesús e Inés as que se farían cargo da súa crianza. Con todo, parece que Primo era un pai respectado, capaz de imprimir nos seus fillos a disciplina, o patriotismo e a relixiosidade que tiña a gala.[8]

Primo de Rivera era ben coñecido pola súa afección ao xogo, a bebida e as mulleres. Con todo, a propaganda da ditadura logrou contrarrestar esta imaxe con outra en que destacaba a súa bonhomía e a súa condición de heroe de guerra e salvador da patria.

O seu tío Fernando legoulle á súa morte en 1921 o título de Marqués de Estella. En outubro de 1923 Afonso XIII concedeulle a dignidade de Grande de España.

  1. Quiroga Fernández de Soto, Alejandro (2022). "La forja de un rebelde sin causa (1870-1920)". Miguel Primo de Rivera. Dictadura, populismo y nación. 
  2. Quiroga Fernández de Soto (2022), pp. 27–28.
  3. Casals, 2004, p. 171.
  4. Preston, 1995, p. 17
  5. Raguer Suñer (1994), p. 88
  6. 6,0 6,1 6,2 Raguer Suñer (1994), p. 89
  7. Albasanz Mata e Auñón Manzanares, 1995, p. 20.
  8. Quiroga Fernández de Soto (2022), pp. 40–43.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Albasanz Mata, Encarnación; Auñón Manzanares, Luisa (1995). Universidad Nacional de Educación a Distancia, ed. "El problema de África durante la Dictadura de Primo de Rivera a través de las Actas de los Consejos de Ministros de los años 1925 a 1930". Aldaba (Melilla): 13–90. ISSN 0213-7925. 
  • Casals, Xavier (2004). "Miguel Primo de Rivera, el espejo de Franco". Miguel Primo de Rivera y Orbaneja (en castelán). Barcelona: Ediciones B. pp. 123–253. ISBN 84-666-1447-8. 
  • Preston, Paul (1995 [1990]). The Politics of Revenge: Fascism and the Military in 20th-century Spain (en inglés). Londres: Routledge. ISBN 0-203-40037-2. 
  • Quiroga Fernández de Soto, Alejandro (2022). Miguel Primo de Rivera. Dictadura, populismo y nación (en castelán). Barcelona: Crítica. ISBN 9788491994619. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Manuel García Prieto

Presidente do Consello de Ministros de España

19231930
Sucesor:
Dámaso Berenguer y Fuster