Pocomaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°20′11.2″N 08°25′21.2″O / 43.336444, -8.422556 Pocomaco[1] ou Po. Co. Ma. Co. son as siglas polas que se coñece o Polígono de Comercio Maiorista da Coruña, un polígono comercial, industrial e loxístico situado no lugar de Mesoiro, no concello da Coruña.

Historia[editar | editar a fonte]

Centro loxístico de Estrella Galicia en Pocomaco, A Coruña.

En febreiro de 1967 se forma a asemblea constitutiva e así, en xullo de 1972, comezaron unhas obras de urbanización que non rematarían até decembro de 1974.

Nel están instaladas empresas senlleiras como El Ideal Gallego ou Armería Álvarez e teñen importantes departamentos outras como Hijos de Rivera (centro loxístico) ou Abanca (centro tecnolóxico).[2]

A finais da primeira década do século XXI foi construído mediante iniciativa privada o polígono industrial de Vío, para complementar o xa saturado Po.Co.Ma.Co.,[3] porén en 2017 a téxtil Caramelo, a única empresa instalada na nova infraestrutura, anunciaba a súa quebra e liquidación.[4]

En 2013 foi inaugurado o primeiro dos tres aparcamentos disuasorios de balde dos que dispón o polígono.[5]

Accesos[editar | editar a fonte]

Ferroviario[editar | editar a fonte]

O polígono conta cun cargadeiro en desuso que orixinariamente estaba conectado á liña Coruña-Zamora. Contémplase de cara o futuro aproveitar esta circunstancia para construír nas proximidades unha conexión co novo Porto Exterior.[6]

Estradas e autoestradas[editar | editar a fonte]

Transporte público[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Armería Álvarez 
Prosegur Nordés 
El Ideal Gallego 
Instalacións da extinta Telecoruña en Po.Co.Ma.Co. 
Unión da AC-14 coa Ronda do RC Deportivo da Coruña á altura do polígono 

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]