Teresa Herrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Teresa Herrera
Nacemento10 de novembro de 1712
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento22 de outubro de 1791
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfilántropa
editar datos en Wikidata ]

Teresa Margarita Herrera y Pedrosa, máis coñecida como Teresa Herrera, nada na Coruña o 10 de novembro de 1712 e finada na mesma cidade o 22 de outubro de 1791, foi a fundadora do primeiro hospital da súa cidade natal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Teresa Herrera naceu na rúa Cordonería da Coruña, filla de Domingo Rodríguez de Herrera e de María Antonia Pedrosa de los Santos. Foi bautizada na igrexa de San Xurxo. Os seus avós, Blas Rodríguez e Antonio Pedrosa, ocuparon cargos importantes nas confrarías relixiosas da Coruña.

Quedou orfa de pai aos catro anos, e ao quedar a nai viúva con dez fillos, Teresa marchou da casa «para gañar a vida honradamente coas súas habilidades», segundo consta en documento notarial, co fin de non ser unha carga para a súa nai.[1] A maior parte dos seus irmáns morreron por doenzas. Antes de morrer, a súa nai derogou un testamento anterior e legoulle a Teresa todos os bens que herdara da súa irmá, María Pascuala Pedrosa, facéndolle xurar a Teresa que se faría cargo das súas dúas irmás, especialmente de María Josefa, que nacera fatua ad nativitatem (‘irracional de nacemento’), como se nomeaban por entón as persoas con discapacidade intelectual.[1] Dedicada á devoción católica e á caridade, loitou por crear un hospital na Coruña.[2] En 1789 doou unha gran parte dos seus bens para fundar o primeiro hospital da cidade, o Hospital da Caridade, que foi fundado o 27 de setembro de 1794, despois da súa morte.[3][4]

Os seus restos descansan na igrexa de San Nicolao da Coruña.[5]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Hospital Teresa Herrera.

Na cidade da Coruña levan o seu nome:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Texto escrito por Narciso Correal ao director da Real Academia da Historia, sobre o seu expediente de ingreso na Orde civil de Afonso XII.
    "Hospital Materno Infantil Teresa Herrera". Personal del CHUAC. 2 de marzo de 2010. 
  2. "Teresa Herrera, la santa coruñesa olvidada". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2014. Consultado o 08 de xaneiro de 2016. 
  3. "Teresa Herrera: Una vida de caridad" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 08 de xaneiro de 2016. 
  4. En honor de Teresa Herrera
  5. HOSPITAL MATERNO INFANTIL TERESA HERRERA