Quiosco Alfonso
Quiosco Alfonso | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | Sala de exposicións | |||
Estilo | Modernista | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | A Coruña ![]() | |||
Enderezo | Xardíns de Méndez Núñez 3 15003 A Coruña | |||
Datas | ||||
Inicio construción | 1912 | |||
Remate construción | 1915 | |||
Remodelación | 1926, 1931, 1934, 1982 | |||
Persoas e organizacións | ||||
Arquitecto | Rafael González Villar | |||
[ Wikidata ] |

O Quiosco Alfonso[1], Kiosco Alfonso[2] ou Quiosco Afonso é unha sala de exposicións da cidade da Coruña. Realiza todo tipo de exposicións, artísticas, informativas, fotográficas, de deseño industrial e gráfico, arquitectónicas, holográficas etc... así como outro tipo de actos, como conferencias, mesas redondas, edicións de catálogos. Está situado en pleno centro da cidade, nos Xardíns de Méndez Núñez
Historia
[editar | editar a fonte]O edificio construíuse na zona en que se situaban os quioscos de refrescos dos Xardíns de Méndez Núñez. Era un pavillón alongado (5×46 metros), semellante aos existentes Pavillón Lino e A Terraza.[3]
Foi deseñado por Rafael González Villar en 1912 en estilo modernista con dous corpos e dúas escaleiras exteriores.[4] Foi inaugurado en 1913. O Quiosco Alfonso recibe o seu nome do rei Afonso XIII, para conmemorar unha visita que fixo á cidade.[2] O mesmo arquitecto realizou a primeira ampliación en 1926,[5] en 1931 o pechamento da terraza da primeira planta coa que desapareceu a fachada orixinal modernista[5] e en 1934 a reforma do primeiro andar.[5]
Ao longo da súa historia foi café, sala de espectáculos e cine. Dende 1982 é sala de exposicións municipal, para o que se fixo unha nova reforma por parte de Xosé Manuel Casabella.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Quiosco Alfonso
- ↑ 2,0 2,1 "Exposicións - Viñetas desde o Atlántico". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2021. Consultado o 20 de febreiro de 2021.
- ↑ Martínez Suárez & Casabella López 1989, p. 100.
- ↑ Martínez Suárez & Casabella López 1989, pp. 100-101.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Martínez Suárez & Casabella López 1989, p. 101.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quiosco Alfonso ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información do Quiosco Alfonso na web da cidade da Coruña Arquivado 14 de febreiro de 2011 en Wayback Machine.