Campo da Leña (A Coruña)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°22′23″N 8°23′47″O / 43.37306, -8.39639

Cuartel de Atocha.

O campo da Leña é unha zona urbana da cidade da Coruña. Actualmente está dividido en dúas prazas: a praza de España e a praza das Atochas. É un dos puntos fundamentais do barrio de Monte Alto.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Monumento a Baltasar Pardal.
Monumento a Porlier.

O campo da Leña era no que se celebraban mercados de forma regular.[2] O nome proviña das mulleres que vendían alí a leña que recollían.[1] Por este motivo a principios do século XX chegouse a formular a idea de construír nesta zona o novo mercado en lugar de en Santo Agostiño.[2]

No mesmo lugar tiñan lugar ademais execucións, polo que tamén recibía o nome popular de “campo da Forca”.[3][4] Alí foi executado Juan Díaz Porlier en 1815, que é lembrado nun monumento de Francisco Escudero[5] inaugurado en 1986.[6][7]

A construción dun edificio dividiu o campo en dúas partes, bautizadas como “praza de España” e “praza de Millán-Astray”, na que se colocou un monumento a este xeneral que foi retirado o 22 de xaneiro de 2010.[8] En 2011, coa reforma da área recuperouse a nomenclatura “campo da Leña”.[9]

En 2015 cambiouse o nome da praza de Millán-Astray polo de “praza das Atochas”.[10]

A rúa que arrodea o colexio Grande Obra da Atocha foi bautizada en 1999 como Baltasar Pardal Vidal, que fundou a institución e do que tamén existe un monumento.[11]

Entroido[editar | editar a fonte]

O campo da Leña, no que remata a rúa da Torre é un dos puntos fundamentais do entroido da Coruña.[12]

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Na praza das Atochas ten a súa fachada principal o cuartel de Atocha, construído en 1864.[13][14]

Entre os edificios catalogados no campo da Leña están:[15]

No campo da Leña existiu ata 1947 unha capela dedicada a San Roque.[16][17]

Notas[editar | editar a fonte]