Igrexa das Capuchinas da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa das Capuchinas da Coruña
A Coruña - Antiguo Convento de las Capuchinas 02.JPG
Fachada da igrexa das Capuchinas
Datos xerais
Tipo Igrexa
Localización A Coruña, A Coruña, Galicia
Coordenadas 43°22′22″N 8°23′57″O / 43.37278, -8.39917Coordenadas: 43°22′22″N 8°23′57″O / 43.37278, -8.39917
Culto
Culto Católico
Diocese Santiago de Compostela
Arquitectura
Construción 1688
Estilo Barroco

A igrexa das Capuchinas é un templo relixioso situado na rúa das Panadeiras da cidade da Coruña. Formaba parte do antigo convento das Capuchinas, que foi rehabilitado para acoller o Museo de Belas Artes.

Historia[editar | editar a fonte]

A presenza das capuchinas na Coruña dátase en 1683. Instaláronse nunha casa doada por Antonia de Prego xunto á capela de Nosa Señora das Marabillas. Esta capela foi derrubada para construír o novo edificio do convento, iniciado en 1688 segundo planos de Domingo de Andrade, que estivo no cargo ata 1707. A obra seguiu baixo o mecenado do arcebispo Antonio de Monroy co arquitecto Fernando de Casas Novoa, que deseñou, entre outras partes do convento, a fachada (1715).[1]

Dende 1966 celebrouse na igrexa a primeira misa fixa en galego, oficiada polo crego Manuel Espiña.[2][3]

O convento estivo en uso ata 1982[4] e en 1995 inaugurouse a nova sede do Museo de Belas Artes.[5] Tras varias rehabilitacións, reinaugurouse en 2013.[6]

A pesar de ter a máxima protección municipal, a casa do capelán foi derrubada segundo o proxecto do arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois o 13 de outubro de 2004 por mor da construción do aparcadoiro do Papagaio e non volveu ser reconstruída ata o 2009. O proceso foi investigado por se houbera un delito contra o patrimonio, mais o caso non prosperou.[7]

Descrición[editar | editar a fonte]

A igrexa ten planta de cruz latina cunha soa nave. Na entrada ábrese un vestíbulo. A fachada, á que se accede grazas a unha escalinata semicircular, ten un só corpo e catro pilastras toscanas. Na parte superior da fachada vese o escudo dos franciscanos.[8][9]

Sobre a porta da fachada e no retablo hai dúas imaxes da Virxe das Marabillas. Á do retablo foi restaurada para recuperar a man dereita que lle fora quitada na década de 1980, cando o templo estaba abandonado.[10]

A un lado da igrexa consérvase a parte de máis calidade do convento, un lenzo de cantaría integrado no museo. Do outro lado está a casa do capelán, do século XVIII, reconstruída en 2009.[8]

Diante da igrexa hai unha fonte de pedra. Tamén están catalogados os pináculos, que recuperaron a reixa en 2015,[11] e o arboredo.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. García Iglesias, José Manuel (17 de agosto de 2014). "Terciarias, capuchinas, clarisas y franciscanas misioneras de la madre del Divino Pastor en A Coruña". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2016. 
  2. Pereiro, Xosé Manuel (2 de marzo de 2010). "Fallece el cura Espiña, impulsor del gallego en la Iglesia". El País (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2016. 
  3. López Boullón, Xosé Ramón (1 de agosto de 2007). "Fe e lingua". Galicia Hoxe. Consultado o 4 de xaneiro de 2016. 
  4. Pousa, Luis (5 de decembro de 2001). "El templo de las Capuchinas busca el esplendor perdido". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2016. 
  5. El museo - Historia
  6. Campoviejo, Maruja (13 de agosto de 2013). "Boda y música para reinaugurar las Capuchinas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2016. 
  7. Rodríguez, Rubén D. (12 de outubro de 2014). "El cura se quedaba sin casa". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2016. 
  8. 8,0 8,1 8,2 PEPRI
  9. Coruña Educación
  10. Ventureira, Rubén (22 de febreiro de 2003). "A “virxe manca” recupera por fin a súa man dereita". La Voz de Galicia. Consultado o 4 de xaneiro de 2016. 
  11. "La iglesia de las Capuchinas recupera su verja". La Opinión de A Coruña (en castelán). 21 de abril de 2015. Consultado o 4 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]