PALEXCO
Aparencia
| PALEXCO | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| A Coruña | |||||||
Fachada | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Arquitecto/a
| |||||||
| Datas | |||||||
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
O Palacio de Exposicións e Congresos, máis coñecido como PALEXCO, é un centro de convencións da cidade da Coruña, situado no Peirao de Transatlánticos do Porto da Coruña, no centro da cidade. Comezou a súa actividade en marzo do 2005.
O edificio foi deseñado polos arquitectos César Portela e Ricardo Bofill. O edificio forma parte dun complexo de 22.000 m² e consta de tres niveis, denominados 0, 2 e 3.
Historia
[editar | editar a fonte]O proxecto construído, xunto co centro de lecer, foi o gañador dun concurso internacional en 2001. Os outros proxectos presentados foron os de Jean Nouvel[1] e Arturo Franco Taboada e o de Jerónimo Junquera e Marc Fenwick.[2]
Salas
[editar | editar a fonte]O edificio dispón de numerosos espazos e salas, así como dous auditorios.
- Auditorio Gaviota: auditorio cun escenario de 235 metros cadrados e con capacidade para 1500 espectadores. A súa área total é de 1500 metros cadrados.
- Auditorio Arao: pequeno auditorio e sala de conferencias con capacidade para 500 espectadores que conta cun escenario de 88 metros cadrados e unha superficie total de 600 metros cadrados.
- Sala Azimut
- Sala VIP Bitácora
- Loft Dársena
Distincións
[editar | editar a fonte]- Premio OPC ao mellor Palacio de Congreso do estado español.
- Finalista do premio APEX no 2006, alzándose como un dos tres mellores palacios de congresos do mundo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cores en Palexco
-
Tellado
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Reina Sofía exhibe el proyecto de Jean Nouvel que rechazó A Coruña". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2016. Consultado o 03 de abril de 2016.
- ↑ "Bofill y Portela firman uno de los proyectos del nuevo Palacio de Congresos del puerto". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2016. Consultado o 03 de abril de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |

