Labañou, Visma, A Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Labañou

Labañou
ParroquiaVisma
ConcelloA Coruña
Coordenadas43°22′30″N 8°25′24″O / 43.374894897472, -8.4232330585176Coordenadas: 43°22′30″N 8°25′24″O / 43.374894897472, -8.4232330585176
Poboación2305[Cómpre referencia] hab. (2010)
editar datos en Wikidata ]
Situación de Labañou no concello da Coruña.[1]

Labañou é un barrio da parroquia de Visma, situado na zona noroeste da Coruña. Limita polo sur con San Roque de Fóra e polo oeste cos Rosales e mais co Monte de San Pedro.

Urbanismo[editar | editar a fonte]

A orixe do lugar está nas vivendas de pescadores que existían na zona.[2] En Labañou construíronse na década de 1960 varios grupos de vivendas, deseñados polo arquitecto Juan González Cebrián:[3]

  • O Grupo “María Pita-Labañou”, aprobado en 1959, está formado por bloques con formas quebradas para que xerasen entre eles espazos públicos.
  • O Grupo “Nosa Señora do Perpetuo Socorro”, de 1962, está formado por 27 vivendas de planta baixa.
  • O Grupo “Pardo de Santallana”, tamén de 1962, está formado por 114 vivendas.

Algúns destes grupos de vivendas recibiron popularmente os nomes de “China”, “Xapón” e “Corea”.[4][5]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Na rúa Canteira existe un cruceiro centenario sobre unha plataforma triangular.[6]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Visma[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Visma no concello da Coruña

O Barral | Bens | As Bouzas | Cal de Moreiras | O Camiño do Pinar | O Coidal | Comeanda | A Costa | A Eira Vella | Entrecasas | Figueiras | Gatón | A Gramela | Labañou | Loureiro | Mazaído | Monte de San Pedro | Nostián | Pardiñas | A Pedra da Barca | As Pedreiras | Penamoa | O Peruleiro | O Portiño | Porto de San Pedro | O Río | Os Rosales | San Pedro de Visma | San Roque de Fóra | Seavella

Parroquias da Coruña[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Estudos previos
  2. Análisis urbanístico de barrios vulnerables en España
  3. La Coruña. Desarrollos urbanos 1940/2000. Catálogo (en castelán). ETSA da Universidade de Navarra. 2011. 
  4. "A Coruña (I)". Cazatesouros. 6-11-2014. Consultado o 25-4-2016. 
  5. "Miniuniverso Labañou". La Opinión de A Coruña (en castelán). 13-3-2016. Consultado o 25-4-2016. 
  6. "PXOM da Coruña" (PDF). SIOTUGA. 25 de febreiro de 2013. Consultado o 1-5-2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]