Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este ano é declarado o Ano Mundial da Semente pola ONU .
1 de febreiro - Os EUA lanzan o Minuteman , primeiro mísil intercontinental con carburante sólido.
3 de febreiro - A República Popular da China realiza compras de cebada e trigo a Canadá por valor de 60 millóns de dólares, co fin de paliar a escaseza de gran no país.
4 de febreiro - Asalto ao cárcere de Luanda e a un escuadrón de polícia por parte de militantes do MPLA , causando algúns mortos, e que marcou o inicio da loita armada pola independencia daquela antiga colónia portuguesa , e o inicio da Guerra Colonial Portuguesa , xa que pouco tempo despois o conflito arrastrouse as restantes colonias africanas. O actual Aeroporto Internacional de Luanda ten o nome de "4 de Fevereiro" para sinalar esa data histórica.
11 de febreiro - Patrice Lumumba , Primeiro Ministro da República do Congo , é asasinado. Máis tarde o goberno belga admitiu ter tido “unha irrefutable porción de responsabilidade nos acontecementos que conduciran á morte de Lumumba”; en xullo de 2002, documentos publicados polo goberno americano revelaron que a CIA xogou un papel no asasinato de Lumumba, axudando os seus adversarios con diñeiro e apoio político e, no caso de Mobutu , con armas e apoio militar.
12 de febreiro - Lánzase a primeira sonda a Venus , a soviética Venus I .
15 de febreiro - Morre a totalidade do equipo estadounidense de patinaxe sobre xeo ao estrelarse o avión no que viaxaban.
18 de febreiro - Estréase en Barcelona O sétimo selo (rodada en 1956), o primeiro filme do director sueco Ingmar Bergman autorizado en España pola censura .
19 de febreiro - A embaixada de Bélxica no Cairo é saqueada por estudantes en protesta polo anuncio do asasinato de Lumumba.
22 de febreiro - Prodúcese un incendio nunha fábrica na madrileña Ponte de Vallecas no que morren 23 persoas.
23 de febreiro - O Consello de Seguridade da ONU emite a primeira resolución condenatoria da política colonialista de António de Oliveira Salazar .
25 de febreiro - Asínase o contrato para a construción da Ponte sobre o Río Texo , en Lisboa , coa United States Steel Export Company .
17 de xaneiro - Antón Lopo , escritor e xornalista galego.
19 de xaneiro - Xavier Vence , economista galego.
30 de xaneiro - Liu Gang , matemático , físico e científico da computación chinés-americano.
16 de febreiro - Andy Taylor , músico británico (Duran Duran ).
21 de marzo - Lothar Matthäus , futbolista alemán.
3 de abril - Eddie Murphy , actor e comediante estadounidense.
23 de abril - Andrei Kurkov , escritor ucraíno.
27 de abril - Moana Pozzi , actriz porno italiana (m. 1994 ).
6 de maio - George Clooney , actor estadounidense.
9 de maio - Xabier Quiroga , escritor galego.
10 de maio - Danny Carey , batería estadounidense.
17 de maio - Enya , (Eithne Patricia Ní Bhraonáin), cantante irlandesa.
20 de maio - Maurizio Milani , actor Italian .
9 de xuño - Michael J. Fox , actor estadounidense.
14 de xuño - Boy George , cantante británico (Culture Club ).
1 de xullo - Princesa Diana de Gales (m. 1997 ).
1 de xullo - Carl Lewis , atleta estadounidense.
23 de xullo - Martin Gore , compositor e músico británico (Depeche Mode ).
30 de xullo - Laurence Fishburne , actor estadounidense.
4 de agosto - Barack Obama , senador estadounidense.
8 de agosto - The Edge , guitarrista irlandés.
21 de agosto - Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda , investigadora rosaliana .
21 de agosto - Marcos Bagno , escritor e profesor brasileiro.
22 de agosto - Andrés Calamaro , músico e compositor arxentino.
31 de agosto - Francisco Jorquera , político galego.
2 de setembro - Carlos Valderrama , futbolista colombiano
6 de setembro - Scott Travis , músico estadounidense (Judas Priest )
13 de setembro - Dave Mustaine , guitarrista estadounidense (Metallica , Megadeth )
25 de setembro - Heather Locklear , actriz estadounidense.
13 de outubro - Rubén Lois González , xeógrafo e político galego.
18 de outubro - Wynton Marsalis , músico estadounidense.
22 de outubro - Eva Veiga , poeta e xornalista galega.
29 de outubro - Randy Jackson , músico estadounidense.
31 de outubro - Peter Jackson , director de cine neozelandés
2 de novembro - K.D. Lang , cantante canadense.
4 de novembro - Ralph Macchio , actor estadounidense.
11 de novembro - Vegard Opaas , saltador de esquí noruegués.
13 de novembro - Carme Hermida Gulías , filóloga galega.
19 de novembro - Meg Ryan , actriz estadounidense.
19 de decembro - Eric Allin Cornell , físico estadounidense, Premio Nobel de Física
25 de decembro - Ingrid Betancourt , senadora colombiana.
21 de decembro - Manuel Igrexas , escritor galego.
24 de decembro - İlham Əliyev , presidente do Acerbaixán .
30 de decembro - Ben Johnson , atleta canadense.
Calixthe Beyala - escritora camerunesa .
4 de xaneiro - Erwin Schrödinger , físico austríaco , Premio Nobel (n. 1887 )
9 de xaneiro - Emily Greene Balch , escritor e pacifista estadounidense, Premio Nobel da Paz (n. 1867 )
14 de xaneiro - Barry Fitzgerald , actor irlandés .
17 de xaneiro - Patrice Lumumba , Primeiro Ministro da República Democrática do Congo .
18 de xaneiro - Fortunato Cruces , escritor e xornalista galego (n. 1870).
21 de xaneiro - Blaise Cendrars , escritor suízo (n. 1887 ).
26 de febreiro - Rei Mohammed V de Marrocos (n. 1909 ).
9 de febreiro - Carlos Luz , presidente do Brasil (n. 1894 ).
24 de febreiro - José Asensio , militar galego (n 1892).
26 de febreiro - Mohammed V Rei de Marrocos .
14 de marzo - Ángel del Castillo López , historiador e arqueólogo galego (n. 1886).
21 de marzo - José Casares Gil , farmacéutico galego (n 1866 ).
6 de abril - Jules Bordet , médico belga, premio Nobel de Medicina en 1919 .
9 de abril - Rei Zog I de Albania (n. 1895 )
3 de maio - Maurice Merleau-Ponty , filósofo francés.
13 de maio - Gary Cooper , actor estadounidense (n. 1901 )
30 de maio - Rafael Leónidas Trujillo , ditador de República Dominicana (n. 1891 ).
2 de xuño - George S. Kaufman , autor de teatro estadounidense (n. 1889 ).
6 de xuño - Carl Gustav Jung , psiquiatra suízo (n. 1875 ).
19 de xuño - Augusto Barcia Trelles , avogado e político republicano español (n. 1881).
20 de xuño - José Juncal Verdulla , pedagogo, xornalista e político galego (n. 1869).
30 de xuño - Lee de Forest , inventor estadounidense (n. 1873 )
1 de xullo - Louis-Ferdinand Céline , escritor francés.
2 de xullo - Francisco Asorey , escultor galego.
2 de xullo - Ernest Hemingway , escritor estadounidense (n. 1899 ).
8 de xullo - Vicente Gómez Paratcha , avogado e diplomático galego (n. 1893).
29 de xullo - Aquilino Iglesia Alvariño , poeta galego (n. 1909 ).
15 de agosto - Javier Ozores Pedrosa , escritor e político galego (N. 1878).
20 de agosto - Percy Williams Bridgman , físico estadounidense, Premio Nobel de Física (n. 1882 ).
1 de setembro - Eero Saarinen , arquitecto estadounidense.
17 de setembro - Adnan Menderes , primeiro ministro de Turquía (n. 1899 )
18 de setembro - Dag Hammarskjöld , secretario xeral das Nacións Unidas , Premio Nobel da Paz (n. 1905 ).
11 de outubro - Chico Marx , comediante estadounidense (n. 1887 ).
21 de outubro - Karl Korsch , filósofo marxista alemán .
20 de decembro - Earle Page , primeiro ministro de Australia (n. 1880 )
25 de decembro - Otto Loewi , fisiólogo alemán, premio Nobel de Medicina en 1936 (n. 1873 ).
H. C. Bailey - escritor británico de novela negra (n. 1878 ).
Historia ano a ano