Uxío Carré Alvarellos
Uxío Carré Alvarellos | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Eugenio Ernesto Justiniano Carré y Alvarellos |
Nacemento | 5 de setembro de 1885 |
A Coruña | |
Falecemento | 18 de setembro de 1967 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
Pai | Uxío Carré Aldao |
Cónxuxe | Margarida Naya Silva |
Fillos | Uxío Carré Naya |
Irmáns | Gonzalo Carré Alvarellos, Leandro Carré Alvarellos e Lois Carré Alvarellos |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Uxío Carré Alvarellos, nado na Coruña o 5 de setembro de 1885 e finado o 18 de setembro de 1967 na mesma cidade, foi un escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi o segundo dos once fillos de Uxío Carré Aldao. Foi profesor mercantil da Escola Superior de Comercio da Coruña en 1904; renunciou e formou despois parte da Universidade Popular da Coruña. En 1906 foi nomeado académico non numerario da Real Academia Galega. O 20 de abril de 1919, publicou en "¡Terra a Nosa!" (suplemento literario do diario coruñés El Noroeste) un conxunto de poemas titulado xenericamente Da raza. En 1921 publicou A tentación e Macías o Namorado. En 1954 e 1964 publicou en Buenos Aires Escolma de poesías e arelas.
Escribiu co seu irmán Leandro unha biografía de Galo Salinas premiada polo Centro Galego de Madrid en 1954, e deixou inéditas varias novelas (O milagre, Volverá, Un episodio en la retaguardia), ademais dunha serie de diálogos reunidos baixo o título común Críticas e pasatempos.
Casou en novembro de 1914 con Margarida Naya Silva. O seu fillo máis vello, Uxío Carré Naya, foi asasinado durante a represión que seguiu á sublevación do 18 de xullo de 1936.
Obra[editar | editar a fonte]
- Da raza, 1919 (versos)
- Macías, o namorado, monólogo en verso, 1921 (teatro)
- A tentación, ensaio de poema representabre en dúas xeiras, 1921, ilustrado por Camilo Díaz Baliño.[1]
- Escolma de poesías, 1954 (versos)
- Desalento: Monólogo curto, 1960 (teatro)
- A miña viaxe ás Grañas do Sor, 1993 (póstumo, inclúe o poemario Arela e as novelas O milagre e Volverá) [2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Bangueses Vázquez, Mercedes (2010). Ilustradores galegos de preguerra (1880-1936). IEV. ISBN 978-84-89599-44-4.
- ↑ A miña viaxe ás grañas do Sor Arquivado 20 de decembro de 2016 en Wayback Machine. na páxina da Editorial Galaxia.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Uxío Carré Alvarellos ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- "Carré Alvarellos, Uxío" en Enciclopedia Galega Universal 4. Ir Indo. 1999-2002. p. 485. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.