Tomás Fábregas
Tomás Fábregas | |
---|---|
Nome completo | Tomás Luis Fábregas Boudín |
Nacemento | 26 de maio de 1958 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 22 de setembro de 1994 |
Lugar de falecemento | Oakland |
Causa | morte por SIDA |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | activista LGBT |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Tomás Luis Fábregas Boudín, nado en 1958 na Coruña e finado en Oakland (California) o 22 de setembro de 1994, foi un activista galego da loita contra a sida.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago, en 1979 marchou a traballar a Nova York e logo mudouse a San Francisco. Enfermo de sida, foi membro directivo da San Francisco AIDS Foundation, unha das organizacións que loitaban na cidade contra a propagación desta enfermidade.
En 1992 acudiu ao Congreso Internacional sobre a Sida en Ámsterdam en representación da fundación onde traballaba[1]. Naquel tempo, o goberno estadounidense establecera unha norma que impedía a entrada no país de persoas seropositivas. Fábregas declarou publicamente na asemblea de Amsterdam a súa enfermidade e anunciou que retaba a administración estadounidense a que o detivese na fronteira. Pero a lei nunca se chegou a aplicar. Á súa chegada ao aeroporto de San Francisco dende Amsterdam foi recibido por varios activistas da loita contra a sida.
Honras[editar | editar a fonte]
Unha asociación de San Francisco, a San Francisco AIDS Candlelight Vigil, concede anualmente os "Tomás Fábregas Awards" na loita contra a sida.
En 2013 o concello da Coruña inaugurou unha rúa co seu nome.[2]