Baía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha baía ou golfo é una porción de mar ou océano rodeada pola maioría da súa beira por terra (xusto ó contrario que un cabo). Acostúmase a asignar á baía as formas de maior peche, e ao golfo as de menor. Algúns destes entrantes son creados por penínsulas ou mares (ou lagos) interiores con desaugue oceánico.

Golfo é o nome máis común en galego, mais entre os falantes do inglés e portugués entre outras linguas, é preferido o nome de baía. A distinción non é do todo clara entre golfo e baía. Así, en galego baía sóese referir a un golfo pequeno, malia que a baía de Hudson sexa un dos máis grandes golfos do mundo ou en Venezuela, o 'golfete de Coro', un golfo pequeno, é dependente á súa vez do golfo de Venezuela, de maior tamaño.

As baías ou golfos que dependen de outros golfos ou baías, ou que son de menor tamaño ou profundidade reciben outros nomes como enseada, rada, cala ou caleta.

As baías tiveron e teñen grande importancia estratéxica e económica: son en xeral lugares ideais para a construción de portos, por ofrecer abrigo contra as mareas, ondas, etc.

Baías máis coñecidas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Baía

África[editar | editar a fonte]

América do Norte[editar | editar a fonte]

América Central e Caribe[editar | editar a fonte]

América do Sur[editar | editar a fonte]

Asia[editar | editar a fonte]


Europa[editar | editar a fonte]

Oceanía[editar | editar a fonte]