Ángel Durán Villanovo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁngel Durán Villanovo
Biografía
Nacemento1859 Editar o valor em Wikidata
Cariño, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de marzo de 1939 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , empresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ángel Durán Villanovo, nado en Feás (Cariño, daquela pertencente ao concello de Ortigueira) en 1859 e finado o 15 de marzo de 1939,[1] foi un médico e empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a exercer como médico na súa vila natal. Doutorouse en Madrid en 1880, e puxo unha consulta na Coruña, no nº 113 da rúa de Santo André.

Como empresario investiu en negocios como unha fábrica téxtil de punto, que trasladou da Coruña a Viveiro. Tivo tamén serradoiros, muíños e unha central hidroeléctrica, primeiro para uso propio e despois para comercializar electricidade.

Foi un pioneiro dos novos medios de transporte. En 1878 adquiriu un velocípede para se mover polas parroquias da zona, considerado o o primeiro biciclo de Galicia.[2] Vendeu o velocípede ao italiano Attilio Pontanari. En 1898 mercou o primeiro coche que houbo na Coruña, un Benz Viktoria chegado á cidade en barco e coñecido como "o coche do demo".[3] Ángel Durán tivo tamén unha empresa de transporte de viaxeiros e outra de construción de vehículos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Pilar Cao e foi pai de María del Pilar, Mercedes, Carmen, María Luisa, Angel, Antonio e Emilio Durán Cao. Foi antepasado do xurista Emilio Durán Corsanego.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 15-3-1940, p. 4.
  2. González Martín, X. (2007): 120 anos de ciclismo galego. Vigo, Editorial Galaxia, páx. 12. ISBN 9788471541161
  3. La Voz de Galicia, 8 de marzo de 1898.