Universidade da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade da Coruña
Universidade da Coruña.png
Logotipo da Universidade da Coruña.
Datos xerais
Localización A Coruña / Oleiros / Ferrol
Datos actuais
Reitor Xosé Luís Armesto
Alumnos 21.136 (Curso 2010-2011)[1]
Datos de contacto
Enderezo Rúa da Maestranza, s/n. 15001 A Coruña Galicia Galicia
Páxina web www.udc.gal

A Universidade da Coruña é unha institución pública que ten como finalidade esencial a xeración, xestión e difusión de cultura e de coñecemento científico, tecnolóxico e profesional a través do desenvolvemento da investigación e da docencia. Foi creada pola Lei 11/1989 do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia. Encóntrase estruturada territorialmente en Campus da Coruña (A Maestranza, Riazor, Elviña, A Zapateira, Bastiagueiro e Oza) e Campus de Ferrol (Esteiro e Serantes).

A Universidade da Coruña posúe titulacións únicas en Galicia e no norte de España como Arquitectura, Arquitectura Técnica, Enxeñería Técnica en Deseño Industrial, Enxeñería Naval e Oceánica ou Socioloxía.

Historia[editar | editar a fonte]

Antigo logotipo coa lenda Hac Luce.

A Universidade da Coruña foi creada o 20 de xullo de 1989. No curso 2013 tiña 1.473 profesores e 20.309 alumnos[2].

Alumnado[editar | editar a fonte]

Nos seus 25 anos de historia a Universidade da Coruña mantivo un número de alumnos superior ou próximo aos vinte mil, chegando ao máximo nos inicios dos anos 2000.[3]

Facultades e Escolas[editar | editar a fonte]

Centros na Coruña[editar | editar a fonte]

Centros propios[editar | editar a fonte]

Centros adscritos[editar | editar a fonte]

Outros centros[editar | editar a fonte]

Centros en Ferrol[editar | editar a fonte]

Centros propios[editar | editar a fonte]

Campus de Esteiro[editar | editar a fonte]
Biblioteca Casa do Patín. Campus de Esteiro
Campus de Serantes[editar | editar a fonte]

Administración[editar | editar a fonte]

Reitor[editar | editar a fonte]

O reitor é a máxima autoridade da Universidade da Coruña. Ostenta a súa representación, exerce a súa dirección, coordina a xestión tanto académica como administrativa, preside o Claustro Universitario e mais a Xunta de Goberno, executa os acordos do Consello Social, do Claustro Universitario e da Xunta de Goberno e responde da súa xestión perante o Claustro.

É elixido polo Claustro Universitario de entre os catedráticos de universidade e nomeado polo órgano competente da Xunta de Galicia. O seu mandato ten unha duración de catro anos con posibilidade de reelección.

Vicerreitorías[editar | editar a fonte]

Os Vicerreitores coordinan e dirixen as actividades no seu ámbito funcional ou xeográfico, baixo a autoridade do reitor. A Universidade da Coruña conta na actualidade coas seguintes vicerreitorías:

  • Vicerreitoría de Cultura e Comunicación
  • Vicerreitoría de Estratexia e Planificación Económica
  • Vicerreitoría de Ferrol e Relación Universidade-Empresa
  • Vicerreitoría de Infraestruturas e Xestión Ambiental
  • Vicerreitoría de Profesorado
  • Vicerreitoría de Calidade e Novas Tecnoloxías
  • Vicerreitoría de Estudantes e Relacións Internacionais
  • Vicerreitoría de Investigación
  • Vicerreitoría de Organización Académica e Titulacións

Normalización Lingüística[editar | editar a fonte]

En decembro de 2007, o Consello de Goberno da UDC aprobou o Plano de normalización lingüística da Universidade, en que se recolle o compromiso da institución a prol da normalización da lingua galega tal e como establecen os seus estatutos. A través deste plano, a UDC vai pór os recursos necesarios para aumentar o uso do galego dentro da institución: cómpre lembrar que, segundo a Análise sociolingüística da Universidade da Coruña (2005), o galego é usado polo profesorado en apenas o 9% das aulas desta institución coruñesa. Entre outras medidas que se recollen no plano están a valoración do dominio oral e escrito do galego en todos os concursos para o acceso ao profesorado, o Servizo de Publicacións editará en breve cando menos a metade das súas publicacións en galego e as concesións de servizos e actividades de organismos xestionados pola UDC incluirán cláusulas lingüísticas. Ademais, os planos de formación continua do persoal de administración e servizos serán integramente en galego. No que lle toca ás materias, a UDC quere chegar a que un terzo das materias obrigatorias e troncais sexan impartidas en galego.

O Plano de normalización veu completar o Regulamento de uso do galego desta institución, con que contaba desde o 2005.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Universidades galegas
Universidade de Santiago de Compostela (USC) | Universidade da Coruña (UdC) | Universidade de Vigo (UVi)