Luz Pozo Garza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luz Pozo Garza
Medalla Castelao Galiza Spain.png
Datos persoais
Nacemento 21 de xullo de 1922 (94 anos)
Lugar Ribadeo Galicia Galicia
Actividade
Lingua Galego
Xéneros Poesía, ensaio

Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo o 21 de xullo de 1922, é unha poeta galega e membro da Real Academia Galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con catorce anos, por mor da Guerra civil española e da persecución da que foi obxecto seu pai, trasladouse coa súa familia primeiramente a Lugo e, logo, a Larache (Marrocos). De volta en Galicia, instalouse en Viveiro. Ten estudos musicais que deixarán unha singular pegada na súa poética, estudos de maxisterio e de filoloxía románica. Posteriormente desenvolveu en Vigo unha longa traxectoria de docente de lingua e literatura españolas no ensino secundario, xubilándose en 1987 no Instituto de Nigrán. Entre 1975 e 1976 codirixiu a revista Nordés xunto a Tomás Barros. Promoveu tamén a creación da revista Clave Orión.

É membro da Real Academia Galega dende o 29 de novembro de 1996. O seu discurso de ingreso na RAG titulouse Diálogos con Rosalía e foi respondido por Xesús Alonso Montero.

Luz Pozo Garza é, segundo Rosario Álvarez[1] "unha voz ilustre na nosa poesía desde a publicación do seu primeiro poemario en galego, O paxaro na boca (1952), que inaugurou a colección Xistral". Na súa obra posterior Luz Pozo achega unha poesía inzada de sensualidade e profunda, na cal o amor, a inquedanza existencial, a patria, a liberdade e mesmo a morte se entrecruzan compondo textos de sublime autenticidade e madurez.

No 2001 foi nomeada socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

O concello de Culleredo adicoulle unha rúa no Burgo, ao igual que o da Coruña.[2]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • A bordo de "Barco sen luces" ou o mundo poético de Luís Pimentel, 1990, Sotelo Blanco. Edición corrixida e ampliada no 2011, publicada en Alvarellos.
  • Álvaro Cunqueiro e "Herba aquí ou acolá", 1991, Galaxia.
  • Galicia ferida: a visión de Luís Seoane, 1994, Edicións do Castro.
  • Diálogos con Rosalía, 1996, Real Academia Galega.
  • Ondas do mar de Vigo: erotismo e conciencia mítica nas cantigas de amigo, 1996, Espiral Maior.
  • Tres poetas medievais da ría de Vigo, 1998, Galaxia.

En antoloxías e obras colectivas[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Ánfora, 1948, Vigo.
  • El vagabundo, 1952, Ribadeo.
  • Cita en el viento, 1962, edición da autora, Viveiro.
  • Sol de medianoche, 2013, Eurisaces.

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Códice calixtino de Luz Pozo Garza, de Carmen Panero, 1993, Edicións do Cumio.
  • Luz Pozo Garza: Códice Calixtino (curso de orientación universitaria), de Xosé Manuel Fernández Costas e Henrique Rabuñal, 1993, Baía Edicións.
  • Códice calixtino, Luz Pozo Garza, de Anxos Sanmartín, 1994, Sotelo Blanco.
  • Códice Calixtino de Luz Pozo Garza, de Helena González, 1997, Xerais.
  • Entre la llum i l'ombra: l'obra poètica de Luz Pozo Garza, de Victoria Sanjurjo Fernández, 1998, Parsifal, Barcelona.
  • Luz Pozo Garza: a ave do norte, de Carmen Blanco, 2002, Linteo.
  • Á procura da poesía. Vida e obra de Luz Pozo Garza, de Aurora López e Andrés Pociña, 2014, Alvarellos.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]