José Rodríguez Martínez (médico)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Rodríguez Martínez
José Rodríguez Martínez 1920.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1920.
Nacemento 1856
Lugar A Coruña, Galicia Galicia
Falecemento 18 de marzo de 1921
Lugar A Coruña, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Ocupación xornalista e médico
editar datos en Wikidata ]

José Rodríguez Martínez, coñecido como Médico Rodríguez, nado na Coruña en 1856 e finado na mesma cidade o 18 de marzo de 1921, foi un médico, escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1880. Realizou unha estada en Valencia como colaborador na loita contra o cólera. Creou varios centros de vacinación na Coruña. Dirixiu o periódico El Centro Galaico, fundou as revistas Galicia Médica e Revista Médico-Social e chegou a ser redactor xefe de La Voz de Galicia. Tamén colaborou nos periódicos El Esclavo, La Pelea, El Pueblo, El Cardenal, Lectura Popular, La Unión Republicana e El Bochiche.

As súas ideas republicanas levárono a asinar no verán de 1907 o Manifesto Solidario, que deu orixe a Solidaridad Gallega da que foi director do seu órgano de prensa Galicia Solidaria. En 1908 abandonou Solidaridad Gallega.

En 1909 fundou na rúa de Santo André da Coruña unha moderna casa de cirurxía co nome da deusa grega Higia, no que había novidades coma incubadoras para nenos prematuros. A clínica desapareceu en 1921 coa morte do seu fundador.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

Retrato de José Rodríguez Martínez en Coruña Moderna, 1905.

Homenaxes[editar | editar a fonte]

En 1933 inaugurouse un monumento ao Médico Rodríguez na praza de Ourense da Coruña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Reiriz Rey, Jesús María; Alfeirán Rodríguez, Xosé (2004). Tiempos republicanos. A Coruña: Ateneo Republicano de Galicia. ISBN 84-933103-2-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Xosé A. Fraga Vázquez (2013). Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega, ed. "José Rodríguez Martínez". Consultado o 21/01/2017. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]