Ares
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2014.) |
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Galicia | ||||
| Provincia | provincia da Coruña | ||||
| Capital | Ares | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 6.275 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 18,31 km² | ||||
| Bañado por | Océano Atlántico | ||||
| Altitude | 9 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Julio Iglesias Redondo (2007–) | ||||
| Eleccións municipais en Ares | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 15623, 15624 e 15625 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 15004 | ||||
| Sitio web | concellodeares.gal | ||||
Ares é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE o 1 de xaneiro de 2023 tiña 6132 habitantes (3019 homes e 3113 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «aresán».[1]
Patrimonio histórico
[editar | editar a fonte]Ares conta cun estilo arquitectónico orixinal, con casas dunha soa planta e galerías de madeira pintada de cores vivas. Todo o concello está salpicado por edificios de arquitectura indiana. Moitos deles son dunha grande beleza e gozan dun case perfecto estado de conservación. A súa singularidade converteuna nun destino de veraneo moi visitado nos anos 80 e 90. Este feito contribuíu á propia degradación do contorno arquitectónico, que se viu inundado de casas modernas de varios pisos, aínda que hai zonas que conservan o encanto orixinal da vila, como O Porto, onde abundan as casas dunha altura e paredes encaladas que envolven arrevesadas canellas.
As construcións máis relevantes son o mosteiro de Santa Catarina de Montefaro e as baterías militares do Segaño e Coitelada, ademais dos restos dunha antiga torre situada ao final do espigón, en dirección a Estacas.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Esténdese pola franxa costeira que vai desde a ría de Ferrol ata o porto de Redes.
A vila aresá está situada á beira dunha enseada rodeada de praias que suman case tres quilómetros costeiros de areais de augas tranquilas. As praias máis coñecidas de Ares son A Rampa, O Cruceiro e a A Xunqueira, Redes, Seselle, O Raso, Sabadelle, Río Sandeu e Chanteiro. Tamén hai algunhas calas como Estacas e Centeás e outras calas máis illadas.
Fauna e flora
[editar | editar a fonte]En Ares teñen presenza especies como as andoriñas, os morcegos ou os lucecús. A ría é rica en marisco; abundan as centolas, nécoras, ameixas, berberechos, percebes, vieiras etc. Tamén os muxos asoman pola ría e, nalgunhas épocas do ano, sobre todo no verán, é común divisar grupos de arroaces gozando das tranquilas augas desta ría.
Ares ten territorio, o seu litoral máis exterior na ría, dentro da zona especial de conservación (ZEC) e a zona de especial protección para as aves (ZEPA) da "Costa Ártabra".[2]
Economía
[editar | editar a fonte]A economía de Ares baséase na pesca, así como na agricultura e o turismo.
Turismo
[editar | editar a fonte]Entre as festas locais destacan O Voto de Chanteiro, O Carme e as súas procesións marítimas tanto en Redes como en Ares, San Roque en Ares, San Pedro en Cervás e a festividade do Corpus Christi. Na véspera desta última, ata ben entrada a madrugada, toda a xente da vila afánase en cubrir varias rúas do centro con alfombras feitas de flores polas que pasará o día seguinte a procesión.
Ares conta ademais con dous cámpings próximos ás praias, hotel, bares e lugares onde gozar da gastronomía local.
Hai varias rutas de sendeirismo e bicicleta de montala polas que se pode gozar de vistas como a de Montefaro, coas Rías Altas e un océano Atlántico sempre custodiado pola Torre de Hércules.
Demografía
[editar | editar a fonte]| Censo total 2022 | 6033 habitantes |
|---|---|
| Menores de 16 anos | 683 (11,32 %) |
| Entre 16 e 64 anos | 3745 (62,08 %) |
| Maiores de 65 anos | 1605 (26,60 %) |

| Evolución da poboación de Ares Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 | 2024 |
| 4.209 | 4.850 | 4.724 | 4.708 | 5.265 | 5.673 | 5.801 | 5.839 | 5.801 | 5.741 | 5.743 | 5.672 | 5.658 | 5.671 | 5.732 | 5.829 | 5.997 | 6.033 | 6.132 | 6.156 |
| (Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) | |||||||||||||||||||
Política e goberno
[editar | editar a fonte]Goberno municipal
[editar | editar a fonte]Julio Iglesias Redondo é o alcalde de Ares dende xuño de 2007. Goberna en solitario cos únicos apoios estables dos cinco concelleiros do seu grupo, o PSdeG-PSOE. Na oposición, sentan os edís de PPdeG, BNG e do grupo independente NAL.
Eleccións municipais de 2007
[editar | editar a fonte]| Partido político | Concelleiros | Votos | Porcentaxes |
|---|---|---|---|
| PPdeG | 5 | 1338 | 35,59% |
| PSdeG-PSOE | 5 | 1314 | 34,95% |
| BNG | 2 | 541 | 14,39% |
| NAL | 1 | 317 | 8,43% |
| UPARES | 0 | 197 | 5,24% |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Ares.
-
Ría de Ares, vista dende Pontedeume.
-
Praia de Chanteiro, unha vista da praia.
-
A ermida da Virxe da Mercede, lugar de Chanteiro.
-
Porto de Redes.
-
A ermida da Virxe da Mercede, entrada.
Parroquias
[editar | editar a fonte]| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ares | |
|---|---|
|
Ares (San Xosé) | Caamouco (San Vicente) | Cervás (San Pedro) |
Lugares de Ares
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ares vexa Lugares de Ares.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 41. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Costa Ártabra".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ares |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Navaza, Gonzalo (2021). Os nomes dos concellos da provincia da Coruña. Real Academia Galega. ISBN 978-84-17807-09-2. doi:10.32766/rag.377.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Ares en OpenStreetMap.
