Saltar ao contido

AC-12

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AC-12
Avenida do Exército (A Coruña)
Avenida da Pasaxe (A Coruña)
Avenida das Mariñas (Oleiros)
Rúa de Curros Enríquez (Cambre)
Inicio da autovía urbana da Coruña, AC-012
(treito da Xunta de Galicia)
Tipoloxíaestrada multicarril
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude9,47 km
Localización
InicioPorto da Coruña
Fin N-VI  Oleiros
Circulación
Velocidade máxima80 km/h

A AC-12, ou Avenida da Pasaxe[1], é unha estrada urbana multicarril da área metropolitana da Coruña, consecuencia do desdobramento da N-6. Conecta o porto da Coruña co último tramo de estrada convencional da propia N-6 (km 586), no lugar do Carballo (San Pedro de Nós, Oleiros), tras 9,47 km.[2]

Tramos e denominacións

[editar | editar a fonte]

Avenida do Exército (A Coruña)

[editar | editar a fonte]

Constitúe a prolongación natural da Avenida de Primo de Rivera desde o seu cruzamento coa Rúa Ramón y Cajal e a Estrada do Porto, até o Miradoiro dos Castros, a partir do cal pasa a se denominar Avenida da Pasaxe. Foi inaugurada o 19 de xullo de 1976 polo rei Xoán Carlos I.[3]

Conxunto de vivendas ao pé da Avenida do Exército, co Parque de San Diego en primeiro plano.

Avenida da Pasaxe (A Coruña)

[editar | editar a fonte]

Parte do Miradoiro dos Castros, atravesando o barrio homónimo en dous niveis grazas a un falso túnel que permite o tránsito peonal polo nivel superior. Unha ponte salva o cruzamento coa liña férrea León - A Coruña e viaduto, a conexión coa estrada das Xubias máis a AC-10. Consitúe a principal vía de acceso aos distintos centros do CHUAC e conclúe na Ponte da Pasaxe (mudando a súa denominación por se adentrar no termo municipal de Oleiros). Previamente á ponte que salva a Ría do Burgo, converxe coa AC-11 e Avenida de Fonteculler.

Vista nocturna da Avenida da Pasaxe na altura da curva de Casabranca.
A Ponte da Pasaxe une a Avenida da Pasaxe (A Coruña) coa das Mariñas (Oleiros).

Avenida das Mariñas (Oleiros) e Rúa Curros Enríquez (Cambre)

[editar | editar a fonte]

O tramo comprendido entre o cruzamento do Seixal e a AC-11 é unha variante da N-VI orixinal (hoxe denominada Avenida de Fonteculler, que provén do Temple). A súa denominación divídese entre a Avenida das Mariñas oleirense e a Rúa Curros Enríquez, xa en terras do Concello de Cambre.

Biblioteca municipal de Perillo, na Avenida das Mariñas.
AC-12 polo Temple, baixo o nome de Rúa Curros Enríquez.
Numéro de saídaNome da saídaEnlaces
A Coruña Centro - Avenida de Alfonso Molina
Avenida de Acea da Ma
Betanzos  N-VI 
 AC-11 
02Centro Oncolóxico de Galicia
02Instituto Médico de Cirurxía de Galicia
05Polígono industrial Agrela - Bens
Avenida Alfonso de Molina
Rolda de Camilo José Cela
Acceso sur ao Porto da Coruña
 AC-10 
07Rolda Outeiro - Universidade da Coruña
Porto da Coruña
Soamente para vehículos autorizados
A Coruña Centro - Avenida de Primo de Rivera
  1. "Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras." (PDF). Boletín Oficial del Estado. Consultado o 18.08.2017.
  2. "Longitud de carreteras de la RCE por tipo de vía (31-12-2016)" (PDF). Ministerio de Fomento. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16-08-2017. Consultado o 18.08.2017.
  3. La Opinión A Coruña (25-11-2009). "San Diego: Más vía rápida que avenida" (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]