EDAR de Bens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°22′04″N 8°27′22″O / 43.367705555556, -8.455975

EDAR de Bens
Vista xeral
Concellos A Coruña, Arteixo, Oleiros, Culleredo
Construción UTE Cadagua-Ferrovial Agromán
Inauguración 14 de marzo de 2011
Poboación 360.719 habitantes (2010)
Xestión Cadagua S.A.
Propiedade Concello da Coruña
Tipoloxía Depuradora biolóxica por lamas activadas na modalidade de carga media, con decantación primaria e secundaria lamelar. Dixestión anaerobia e deshidratación centrífuga. Desinfección por radiación ultra violeta.
Verte ao Océano Atlántico
Estacións de bombeo
Páxina web

A EDAR de Bens é unha estación depuradora de augas residuais xestionada polo Concello da Coruña que trata as augas residuais dos concellos da Coruña, Arteixo, Oleiros e Culleredo.

Descrición[editar | editar a fonte]

Construída preto da cala de Bens, entre o océano e o monte, escaváronse dous millóns de metros cúbicos de rochas e terra.

O seu funcionamento está baseado en varias etapas e procesos[1]:

  • Pretratamento: para eliminación do material máis groso empregando filtros e grellas.
  • Desareador: eliminación de areas.
  • Tratamento primario: separación física de sólidos en suspensión, graxas e aceites empregando solidificantes.
  • Tratamento secundario: eliminación da materia orgánica empregando microorganismos que a asimilan para posteriormente ser retirados por decantación en forma de lamas.
  • Tratamento terciario: depuración por floculación e filtración dos restos orgánicos que non foron eliminados, xunto cos compostos de nitróxeno e fósforo.

Para a eliminación de bacterias a planta emprega luz ultravioleta. Tamén se fai un aproveitamento do bio gas que se xera durante os procesos.

O custo da EDAR foi de 97 millóns de euros máis outros 18 millóns de euros para construír o emisario submarino. A obra foi pagada nun 85% pola Xunta de Galicia (Augas de Galicia) e o outro 15% pola Unión Europea. Ten pola liña costeira un paseo peonil e polo lado do monte construirase a ampliación do paseo marítimo. Nos primeiros recibos do ano 2013 pasouse a cobrar aos veciños polo servizo da depuradora[2].

Emisario submarino[editar | editar a fonte]

O emisario submarino mide 810 metros, 560 m baixo terra e outros 250 m baixo o fondo mariño. Na parte final, en contacto co océano, as augas tratadas saen por 14 bocas situadas a unha profundidae de 32 metros[3]. A obra do emisario custou 18 millóns de euros.

Notas[editar | editar a fonte]