Tordoia
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Galicia | ||||
| Provincia | provincia da Coruña | ||||
| Capital | A Pontepedra | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 3.152 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 125 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcaldesa | Inés Santos Pereiro | ||||
| Eleccións municipais en Tordoia | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 15683 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 15084 | ||||
| Sitio web | tordoia.gal | ||||
Tordoia é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Ten unha extensión de 124,5 km² distribuídos en dez parroquias.
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o Padrón municipal de habitantes, en 2014 a súa poboación era de 3.706 persoas (1.749 homes e 1.957 mulleres) (4.339 no 2009, 4.548 no 2006, 4.617 no 2005, 4.713 no 2004, 4.841 en 2003). O seu xentilicio é «tordoiés/tordoiesa».
| Censo total 2014 | 3.706 habitantes |
|---|---|
| Menores de 15 anos | 229 (6.18 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 2.127 (57.39 %) |
| Maiores de 65 anos | 1.350 (36.43 %) |

| Evolución da poboación de Tordoia Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 | 2024 |
| 3.707 | 4.459 | 6.220 | 6.220 | 4.713 | 4.339 | 4.168 | 3.924 | 3.817 | 3.706 | ||||||||||
| (Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) | |||||||||||||||||||
Escudo
[editar | editar a fonte]As orixes do escudo remóntanse a 1846. A composición é de prata, cunha árbore sinople de dúas copas, sostido de tres ondas de azur e prata, e coa Coroa Real de España pechada e engastada de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, interpoladas de perlas e de cuxas follas saen outros tantos diademas de perlas que converxen nun mundo de azur co corpo en ouro e acabando nunha cruz de ouro e todo iso forrado de goles.
Enténdese que a árbore de dúas copas facía referencia á multitude de castiñeiros que había na zona, xa que hai poucos exemplos coma este en heráldica. As ondas azuis e prata fan referencia aos numerosos ríos, fontes e regos que fertilizan e regan o concello.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Festas
[editar | editar a fonte]- Santa Mariña, 18 e 19 de xullo.
- Virxe do Rosario, primeiro domingo de outubro.
- Samede, 7 e 8 de agosto.
- Bardaos, 15 e 16 de agosto.
- Santa María, 15 e 16 de agosto.
- Festa de Campo na ermida do Carme, terceiro domingo de xullo.
- San Ramón, 30 de agosto.
- Festa do Sacramento, en agosto.
- Virxe do Carme o 25 de xullo.
- San Ciprián en setembro.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Tordoia.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Parroquias que forman parte do concello:[1][2][3]
Lugares de Tordoia
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Tordoia vexa: Lugares de Tordoia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Páxina web do Instituto Nacional de Estatística cos datos de referencia. Consultado o 25 de outubro de 2018.
- ↑ Miralbes Bedera, Rosario; de Torres Luna, María Pilar; Rodríguez Martínez-Conde, Rafael (1979). Mapa de límites de las parroquias de Galicia. Santiago de Compostela: Imprenta Paredes. p. 22. ISBN 8460014142.
- ↑ de Torres Luna, María Pilar; Pérez Fariña, María Luisa; Santos Solla, José Manuel (1989). Municipios y parroquias de Galicia. Santiago de Compostela: Imprenta da Universidade de Santiago de Compostela. pp. 49–50. ISBN 8471915294.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tordoia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web Oficial do Concello de Tordoia
- Lidia Gómez Martínez en "O Seminario de Onomástica responde (Real Academia Galega, 23.09.2024)
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
