María Dolores Rodríguez Sopeña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beata María Dolores Rodríguez Sopeña
Biografía
Nacemento30 de decembro de 1848 en Vélez-Rubio, Almería, España España
Pasamento10 de xaneiro de 1918 (69 anos) en Madrid, Madrid, España España
Proceso de canonización
Beatificación23 de marzo de 2003, en Roma por Xoán Paulo II
Veneración
Venerado/a enIgrexa católica
Festividade10 de xaneiro

María Dolores Rodríguez Sopeña y Ortega, nada en Vélez-Rubio, Almería o 30 de decembro de 1848 e finada en Madrid o 10 de xaneiro de 1918, foi unha relixiosa española, fundadora das Damas Catequistas para o servizo dos obreiros. Foi beatificada pola Igrexa católica en 2003.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

María Dolores foi a cuarta dos sete fillos do maxistrado Tomás Rodríguez Sopeña e de Nicolasa Ortega Salomón. Trasladouse a Almería e con dezasete anos comezou a facer vida social para logo darse de conta de que o que lle interesaba era atender os pobres, especialmente un leproso e dúas irmás enfermas de tifo.

O seu pai foi destinado a Porto Rico e marchou co seu fillo máis vello, mentres que o resto da familia foi vivir a Madrid. Alí ensinou doutrina católica no cárcere de mulleres, no hospital da Princesa e nas escolas dominicais. Pouco despois toda a familia xuntouse en Porto Rico, onde fundou as Fillas de María e escolas dominicais para nenas. Por un novo traslado do seu pai como fiscal na Audiencia instalouse en Santiago de Cuba onde traballou en barrios marxinais. Con algunhas colaboradoras creou centros de instrucións, onde se ensinaba cultura xeral e catecismo e se prestaba atención médica. Trala morte da súa nai, o seu pai retirouse e volveron a Madrid en 1877

En Madrid comezou os seus traballos no barrio de las Injurias. Por suxestión do bispo de Madrid Ciríaco Sancha fundou en 1892 unha asociación de apostolado segrar ademais de centros obreiros de instrución. En 1896 estendeu os seus centros por toda España e cinco anos despois o denominado Instituto Catequista Dolores Sopeña. En 1902 aprobáronse os estatutos da súa asociación civil de obra social (OSCUS). A primeira fundación fóra de España foi en Italia en 1914, e en 1917 a primeira en América, en Chile.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]