Ambrosio Feijoo Pardiñas
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Ambrosio Feijoo Pardiñas | |
---|---|
Nacemento | 4 de setembro de 1861 |
Camariñas | |
Falecemento | 10 de xullo de 1961 |
Nacionalidade | España |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ambrosio Feijoo Pardiñas, nado en Camariñas o 4 de setembro de 1861 e finado na Coruña o 10 de xullo de 1961, foi un militar galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Irmán de Rodolfo Feijoo Pardiñas. Ingresou na Academia Militar de Toledo en 1880. Estivo destinado en Cuba en 1893 e posteriormente participou na Guerra de Marrocos. Foi gobernador militar de León e da Coruña. En 1918 chegou a xeneral. Ao comezo da sublevación do 18 de xullo de 1936 ofrecéronlle a xefatura do Movemento da Coruña pero rexeitouna. Presidiu varios Consellos de Guerra en Asturias. Foi condecorado con varias cruces vermellas e coa cruz da Légion d’Honneur.