Carlos Negreira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Negreira
Carlos Negreira

PP 2015.png
Presidente provincial do PP
por A Coruña
2008 – 2016
Precedido por Juan Juncal
Sucedido por Diego Calvo

Escudo de A Coruña.svg
Alcalde da Coruña
11 de xuño de 2011 – 13 de xuño de 2015
Precedido por Javier Losada
Sucedido por Xulio Ferreiro

18 de xullo de 2005 – 6 de xaneiro de 2009

Datos persoais
Nacemento 16 de xullo de 1960 (57 anos)
Río de Janeiro, Flag of Brazil.svg Brasil
Partido Partido Popular de Galicia
Profesión Político
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
Residencia A Coruña
Sitio web Carlos Negreira 2015
Twitter @carlosnegreira

Carlos Negreira Souto, nado en Río de Janeiro o 16 de xullo de 1960, é un político galego militante do PPdeG.

Traxectoria

Está licenciado en Dereito pola USC. Foi deputado no parlamento de Galiza en diferentes lexislaturas, sempre baixo as siglas do PPdeG. Ten traballado ocupando distintos cargos en áreas de goberno como a Consellaría de Economía e Facenda, entre os anos 1988 e 1992, a Consellaría de Sanidade no período que vai de 1992 a 1996 ou, fóra destas, tamén como director de Recursos Humanos de Aena, en 1999. Ostentou así mesmo un cargo de responsabilidade en Correos, amais de ter sido presidente de Portos de Galicia.

Tras as eleccións ao Parlamento de Galicia 2005, foi elixido deputado autonómico para a 7.ª lexislatura (2005–2009).[1]

Desde 2007 ocúpase da presidencia provincial do PPdeG pola provincia da Coruña e foi voceiro parlamentario do seu grupo no concello da cidade homónima. Nas eleccións municipais de 2011 o seu partido gañou a alcaldía da Coruña, cidade a onde Negreira se presentaba como candidato[2].

En 2009 foi investigado polo Tribunal de Contas por corrupción dentro do caso Gürtel [3], pola súa suposta relación con Pablo Crespo, un dos principais imputados neste caso.[4]. Así mesmo, en relación coa Operación Pokémon a xuíza De Lara Lara, afirmou que, a raíz de informacións derivadas de conversas telefónicas, o alcalde Negreira, dende a súa chegada ao cargo en xuño de 2011, así como persoas da súa confianza ou próximas ao novo goberno local foron colocados en postos do grupo empresarial Vendex, epicentro da trama delituosa.[5] Pola súa banda, Carlos Negreira sempre negou calquera trato de favor ao respecto[6].

En 2013 a corporación local coruñesa liderada por Negreita foi condenada polo xulgado contencioso-administrativo nº 3 desa cidade por lle impedir a un edil do BNG o acesso á información pública relacionada coas auditorías técnica e medioambiental da planta de tratamento de residuos de Nostián[7].

Por outra banda, os seus adversarios políticos acusárono de representar a extrema dereita galega[8], despois de manifestacións de exaltacións de figuras como Millán Astray[9] ou a súas declaracións contra o topónimo A Coruña, que insistía en castelanizar.[10]

Após as eleccións municipais de 2015 en Galicia, cando o PPdeG perdeu a maioría absoluta que ostentaba, ten que deixar o seu cargo de alcalde tras apoiar PSdeG-PSOE e Bloque Nacionalista Galego a candidatura da Marea Atlántica como segunda forza máis votada, situando a Xulio Ferreiro á fronte da corporación municipal coruñesa.

O 5 de febreiro de 2016 formalizou a súa renuncia á acta de concelleiro (que anunciara días antes), e que resultou efectiva tras o pleno municipal do 11 de febreiro.[11][12] Un mes máis tarde sería relevado na presidencia provincial do PPdeG por Diego Calvo[13].

EN 2016, axentes da UDEF requisaron contratos municipais a raíz dunha investigación por tráfico de influencias relacionada coa adxudicación de servizos bibliotecarios á empresa Eulen polo Consistorio coruñés durante o mandato de Negreira.[14]


Predecesor:
Javier Losada
 Escudo de A Coruña.svg
Alcalde da Coruña
 
2011 – 2015
Sucesor:
Xulio Ferreiro

Notas

  1. "VII lexislatura (18-7-05 ao 6-1-09)"
  2. Carlos Negreira ya es alcalde de A Coruña, nova en La Opinión o 11 de xuño de 2011 (en castelán).
  3. "El candidato del PP en A Coruña benefició a una empresa implicada ahora en la trama de espionaje", Cadena Ser, 13 de febreiro de 2009 (en castelán).
  4. "Carlos Negreira non é quen de se arredar da trama de corrupción do PP" Vieiros, 11 de febreiro de 2009
  5. La juez acusa a Negreira de estar al tanto de los enchufes en Vendex, nova en El País o 16 de marzo de 2015 (en castelán).
  6. Carlos Negreira niega "trato de favor" a Vendex en A Coruña en estos dos años, nova en El Diario o 4 de febreiro de 2014 (en castelán).
  7. A xustiza condena o Concello da Coruña por vulnerar os dereitos fundamentais dun edil do BNG, nova en Sermos Galiza o 19 de novembro de 2013.
  8. "Negreiro o Teimudo", artigo de Anxo Guerreiro en El País, 9 de setembro de 2009.
  9. "Millán Astray é un coruñés de proveito", Vieiros 11 de setembro de 2009.
  10. "Carlos Negreira insiste no ‘L’ de 'A Coruña'", El Correo Gallego, 5 de setembro de 2009.
  11. "Carlos Negreira formaliza su dimisión como concejal"
  12. "Orde do día Pleno 11-02-2016 - Concello da Coruña"
  13. "Diego Calvo, elegido presidente provincial del PP de A Coruña con el 92,1% de los votos". La Voz de Galicia (en español). 2016-03-13. Consultado o 2016-08-29. 
  14. El juez investiga un contrato de 2,3 millones del PP a Eulen en A Coruña, nova en El Pais o 9 de marzo de 2016 (en castelán).

Véxase tamén

Outros artigos