Alejandro Pérez Lugín
Alejandro Pérez Lugín | |
---|---|
![]() Pérez Lugín cara a 1915 | |
Nacemento | 22 de febreiro de 1870 |
Madrid | |
Falecemento | 5 de setembro de 1926 |
Acea de Ama | |
Soterrado | Cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritor, xornalista, director de cinema e guionista |
Coñecido/a por | La casa de la Troya |
Estudos | Dereito |
Premios | Premio Fastenrath |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alejandro Pérez Lugín, nado en Madrid o 22 de febreiro de 1870 e finado en Acea de Ama (Culleredo) o 5 de setembro de 1926, foi un xornalista, escritor e cineasta español.[1] Estaba emparentado con Rosalía de Castro, xa que a súa avóa era irmá da nai de Rosalía. A súa obra máis coñecida é a novela La Casa de la Troya.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Infancia e mocidade[editar | editar a fonte]
O seu nome completo era Alejandro María de las Mercedes Pedro Pérez García Lugín. Dende 1886, viviu en Santiago de Compostela, a cuxa universidade asistiu para realizar a carreira de Dereito. Durante a súa etapa universitaria comezou a colaborar en diversos diarios da cidade como O pensamento Galego.
En 1893 regresou a Madrid, onde comezou a traballar para a Dirección Xeral dos Rexistros e o Notariado, en varios ministerios, e varias empresas que lle obrigaron a percorrer España. Nunha destas viaxes, durante unha estancia en Valencia, contraeu matrimonio con Elvira Consuelo Sanz.
Xornalismo[editar | editar a fonte]
É coñecido sobre todo polos seus artigos periodísticos sobre o mundo taurino e pola súa novela Currito de la Cruz (1921) que tamén reflicte os seus coñecementos sobre o mundo da tauromaquia e foi moi popular nos anos seguintes á súa publicación. A novela foi levada ó cine en catro ocasións, a primeira destas dirixida polo mesmo Pérez Lugín e por Fernando Delgado de Lara. É unha das longametraxes máis antigas da cinematografía española. Outra das súas novelas máis coñecidas é La Casa de la Troya, na cal recrea a vida universitaria na Universidade de Santiago de Compostela, levada tamén ó cine en tres ocasións. Diversas obras súas foron publicadas tras a súa morte. Por exemplo, Arminda Moscoso, novela que se sitúa en Galicia e é publicada en Madrid en 1928, ordenada e rematada polo seu amigo Alfredo García Ramos; e A corredora e a Rúa, colección de contos rurais ambientados en Galicia, tamén publicada por García Ramos. Pérez Lugín deixara sen rematar La virgen del Rocio ya entró en Triana, que non foi publicada ata a aparición das súas obras completas en 1945.
Como xornalista traballou para moitos diarios, sendo especialmente coñecido en La Tribuna, e foi enviado especial á Guerra de Marrocos por El Debate.
Obras[editar | editar a fonte]
- La Casa de la Troya (1915)
- Currito de la Cruz (1921)
- La corredoira y la rúa (1922)
- Arminda Moscoso (póstuma, 1928)
- La virgen del Rocio ya entró en Triana (póstuma, 1929)
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alejandro Pérez Lugín ![]() |
![]() |
A Galicitas posúe citas sobre: Alejandro Pérez Lugín |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 93.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, A. (1954). "PÉREZ LUGÍN, Alejandro". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 86.