Negreira
Coordenadas: 42°54′35″N 8°44′9.55″O / 42.90972, -8.7359861
Negreira | |
---|---|
![]() | |
Casa do Concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | negreirés - nicrariense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca da Barcala |
Poboación | 6.788 hab. (2020)[2][3] |
Área | 115,1 km²[3] |
Densidade | 58,97 hab./km² |
Entidades de poboación | 18 parroquias[4] |
Capital do concello | Negreira |
Política (2019[5][6]) | |
Alcalde | Manuel Ángel Leis Míguez (PSdeG[7]) |
Concelleiros | BNG: 0 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 7 |
Eleccións municipais en Negreira | |
Uso do galego[8] (2011) | |
Galegofalantes | 73,04% |
Na rede | |
www.concellodenegreira.gal | |
concello@negreira.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Negreira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barcala. Segundo o IGE, en 2014 tiña 7.009 habitantes (7.079 no 2012, 7.077 no 2011, 7.029 no 2010). O seu xentilicio é negreirés ou nicrariense.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Situación[editar | editar a fonte]
Linda ó norte co concello da Baña e Santa Comba, ó sur con Brión, Noia e Outes, ó leste con Ames e ó oeste con Outes e Mazaricos. Está comunicado con Santiago de Compostela a través da estrada AC-543 (Santiago-Bertamiráns) e a AC-544, que chega á vila de Negreira e segue até Muxía pola Pereira.
A vila de Negreira está situada á beira do río Tambre.
Demografía[editar | editar a fonte]
Censo total 2014 | 7.009 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 920 (13.12 %) |
Entre 15 e 64 anos | 4.352 (62.09 %) |
Maiores de 65 anos | 1.737 (24.78 %) |

Fonte: Instituto Nacional de Estadística, INE 1857-2011
Evolución da poboación de Negreira Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 |
5.847 | 6.958 | 8.440 | 7.771 | 6.497 | 6.941 | 7.077 | 7.079 | 7.091 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | |||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia[editar | editar a fonte]
No monte Corzán consérvanse megálitos. En Espiñaredo hai un conxunto de mámoas, con 32 pedras cunhas medidas de 32 metros de diámetro e 5 de altura. En Logrosa atopáronse dúas esculturas antropomorfas en posición hierática, con brazos e mans ben definidos, que se conservan nun museo compostelán[Cómpre referencia]. Hai restos de poboados castrexos en Broño, Logrosa, Vilachán e Xallas.
O asentamento de Nicraria Tamara (por estar situada á beira do Tambre) ten a súa orixe na idade antiga, vinculado a unha explotación de minas de prata. No ano 876 o rei Afonso III o Magno concedeu o feudo de Negreira ó bispo compostelán Sisando. No ano 979 houbo unha incursión normanda que arrasou a vila, reconstruída no ano 1113.
Os Reis Católicos declararon a vila Foro Real, o que supón a súa independencia do mando episcopal. Esta concesión foi renovada por Carlos I no ano 1520.
Cultura[editar | editar a fonte]
Patrimonio[editar | editar a fonte]
O Pazo do Cotón, situado ó pé do Camiño Real, é unha construción dos séculos XVII-XVIII, se ben está documentado xa desde moito tempo antes. Ten claustro e tripla arcada na porta da capela. Balaustrada barroca, piso superior cunha galería de grandes piares.
Economía[editar | editar a fonte]
Fundamentalmente baseada no sector primario: agricultura e gandería. No concello cultívase principalmente millo, pataca e outros cultivos forraxeiros. Unha importante superficie fértil reservase á herba campía para pasto do gando (maioritariamente vacún). Na gandería explótanse principalmente o gando bovino, e na parte do vacún predominan as frisoas leiteiras. A produción de leite ten certa importancia: as cooperativas da bisbarra fundaron Feiraco, que hoxe é unha das maiores empresas leiteiras de capital galego.
Durante a guerra civil e a segunda guerra mundial houbo unha explotación mineira de tungsteno, se ben actualmente esas minas están pechadas.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Negreira.
Placa a Xulián Magariños.
Parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Negreira[editar | editar a fonte]
Para unha lista completa de tódolos lugares do concello de Negreira vexa: Lugares de Negreira.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2020) "Negreira".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia (Escribir o nome do concello e premer en Buscar)
- ↑ Resultados eleccións 2019
- ↑ El alcalde de Negreira mantendrá Urbanismo y Mar García asume el área social
- ↑ Concello de Negreira na FEGAMP
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Negreira ![]() |