Albert Camus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Albert Camus
Nobel prize medal.svg
Albert Camus, gagnant de prix Nobel, portrait en buste, posé au bureau, faisant face à gauche, cigarette de tabagisme.jpg
Albert Camus
Nacemento7 de novembro de 1913 e 1913
 Mondovi
Falecemento4 de xaneiro de 1960
 Villeblevin
Causaaccidente de tráfico
SoterradoLourmarin
NacionalidadeFrancia
EtniaPobo francés
RelixiónAgnóstico
Educado enUniversidade de Argel
Ocupaciónescritor, filósofo, novelista, xornalista, ensaísta, dramaturgo, guionista, sindicalista e autor
CónxuxeSimone Hié (m. 1934; div. 1940)
Francine Faure (m. 1940)
FillosCatherine Camus (1945)
Jean Camus (1945)
Coñecido/a porL'homme révolté, A Happy Death, A Queda, O Mito de Sísifo, O estranxeiro, La Peste e Albert Camus, María Casares. Correspondence (1944-1959)
PremiosPremio Nobel de Literatura
Albert Camus signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Albert Camus, nado en Mondovi -actual Dréan (en arabe : الذرعان)- (Alxeria) o 7 de novembro de 1913 e finado en Villeblevin no departamento de Yonne (Francia) o 4 de xaneiro de 1960, foi un escritor e filósofo francés. Dende un punto de vista artístico, trátase dun autor vencellado ao existencialismo, malia que afirmou non comungar cos seus postulados filosóficos[1]. En 1957 concedéuselle o Premio Nobel de Literatura.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cando Camus tiña un ano o seu pai morreu na batalla do Marne e a familia trasladouse a Alxer. En 1932 publicou os seus primeiros escritos na revista Sud. Uniuse ao Partido Comunista Francés en 1935[2] logo do fracaso da revolución de 1934 en España. En 1935 comezou a escribir L'Envers et l'Endroit que se publicou dous anos máis tarde.

Cando no ano 1957, con 44 anos, lle foi concedido o Premio Nobel de Literatura dixo:[3]

Houberon darllo a Malraux

A sociedade parisiense e francesa do momento non recibiu o premio e recoñecemento internacional con moito entusiasmo.[4] Pola contra, Sartre ao coñecer a noticia dixo: "Ben feito".[5] Tratábase do primeiro Nobel que non procedía da burguesía, senón dos arrabaldes de Alxer, dunha familia modesta cuxa nai se dedicaba a labores de limpeza.[6]

O discurso que Camus pronunciou na cerimonia de entrega do premio converteuse co tempo nunha alegación modelo do compromiso do escritor co seu tempo.[7] Camus dixo en Estocolmo que el, que formaba parte da xeración dos mozos que querían cambiar o mundo, sentíase agora inclinado a conservalo.

Unha das súas frases que xeraron máis polémicas foron:[8][9]

Entre a miña nai e a xustiza, sempre preferirei a miña nai
Se nada existe, todo está permitido

Apoiou os republicanos contra Francisco Franco.[10]

Tumba de Albert Camus.

Morreu nun accidente de tráfico só 3 anos despois do galardón.

Segundo a súa propia filla Catherine, era un misóxino e esa misoxinia de Camus está amplamente documentada.[11] Simone de Beauvoir dicía que era bastante "feudal".[12]

"É certo que non creo en Deus, pero iso non significa que eu son ateo, e eu estaría de acordo con Benjamin Constant, que pensaba que a falta de relixión era algo vulgar e ata trillado", dixo nunha entrevista publicada en 1956 polo diario francés Le Monde.[13][14]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Révolte dans les Asturies, 1936.
  • La Mort heureuse, 1936-1938.
  • L'Envers et l'Endroit, 1937.
  • Noces, 1938.
  • L'Été, 1938.
  • Le Mythe de Sisyphe, 1942.
  • O estranxeiro, 1942.[15]
  • Caligula, 1944.
  • Le Malentendu, 1944.
  • La Peste, 1947.
  • L'État de siège, 1948.
  • Lettres à un ami allemand, 1948.
  • Os xustos (Les Justes), 1950[16].
  • L'Homme révolté, 1951.
  • La Chute, 1956.
  • L'Exil et le Royaume (La Femme adultère, Le Renégat, Les Muets, L'Hôte, Jonas, La Pierre qui pousse), 1957.
  • Actuelles I, Chroniques 1944-1948 (1950).
  • Actuelles II, Chroniques 1948-1953 (1953).
  • Actuelles III, Chroniques algériennes, 1939-1958 (1958).

Publicacións póstumas[editar | editar a fonte]

  • Carnets I (mai 1935-février 1942), 1962.
  • Carnets II, (janvier 1942-mars 1951), 1964.
  • Carnets III, (mars 1951-décembre 1959), 1989.
  • Le Premier Homme (inacabada, publicada pola súa filla; 1994).
  • Albert Camus - Jean Grenier, Correspondance (1932-1960). Notes de Marguerite Dobrenn, 1981.
  • Albert Camus - Pascal Pia, Correspondance (1939-1947). Présentation et notes de Yves-Marc Ajchenbaum, 2000.
  • Albert Camus - René Char, Correspondance (1949-1959). Présentation et notes de Franck Planeille, 2007.
  • Albert Camus - André Malraux, Correspondance (1941-1959) et autres textes, 2016.
  • Albert Camus, Maria Casarès. Correspondance inédite (1944-1959). Avant-propos de Catherine Camus, 2017.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Albert Camus (1913-1960) et Jean-Paul Sartre (1905-1980) (en francés).
  2. Amina Azza Bekkat, « Albert Camus et l'Algérie : le malentendu », in Alek Baylee Toumi (dir.), Albert Camus, précurseur : Méditerranée d'hier et d'aujourd'hui, ed. Peter Lang, 2009, p. 17.
  3. Daniel, Jean (27-10-2004). Cet étranger qui me ressemble (en francés). Grasset. ISBN 9782246667490. 
  4. Todd, Olivier (14-5-2015). Albert Camus: A Life (en inglés). Random House. ISBN 9781473512146. 
  5. Aronson, Ronald (2006). Camus y Sartre: La historia de una amistad y la disputa que le puso fin (en castelán). Universitat de València. ISBN 9788437064338. 
  6. Catherine Camus - Agathe Logeart (19-11-2009). "Camus, mi padre". Le Nouvel Observateur - La Opinión de Tenerife (en castelán). Consultado o 26-2-2018. 
  7. Jean Daniel (7-12-2007). "Camus, nuestro contemporáneo". Le Nouvel Observateur - El País (en castelán). Consultado o 4-3-2018. 
  8. "Entretien : Carl Gustav Bjurström, Discours de Suède d'Albert Camus". www.gallimard.fr (en francés). Consultado o 24-2-2018. 
  9. Dr Ronald Batchelor (27-3-2014). "Dostoevskii’s Ivan Karamazov: Inspiration to Albert Camus". Cambridge University Press (en inglés). Consultado o 12-2-2018. 
  10. Foxlee, Neil (2010). Albert Camus's "The New Mediterranean Culture": A Text and Its Contexts (en inglés). Peter Lang. ISBN 9783034302074. 
  11. King, Adele (12-6-1992). Camus’s L’Etranger: Fifty Years on (en inglés). Springer. ISBN 9781349220038. 
  12. Aronson, Ronald (3-1-2004). Camus and Sartre: The Story of a Friendship and the Quarrel that Ended It (en inglés). University of Chicago Press. ISBN 9780226027968. 
  13. Todd, Olivier (14-5-2015). Albert Camus: A Life (en inglés). Random House. ISBN 9781473512146. 
  14. Hermet, Joseph (1990). A la rencontre d'Albert Camus: le dur chemin de la liberté (en francés). Éditions Beauchesne. ISBN 9782701012100. 
  15. Tradución ao galego de Valentín Arias López (1990).
  16. Os xustos, 1985, Cadernos da Escola Dramática Galega. Tradución de Xosé Manuel Beiras.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]